Xeso
O xeso[1][2] é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).
Xeso | |
---|---|
Xeso | |
Fórmula química | CaSO4·2H2O |
Clase | Sulfatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Incolora, branca, amarela e vermella |
Brillo | De vítreo a resinoso |
Dureza | 2 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 2,3-2,4 g/cm3 |
Aspecto
editarO xeso preséntase en forma de cristais tabulares e prismáticos.
Variedades do xeso
editarSegundo sexa o seu aspecto externo o xeso pódese dividir en diferentes variedades:
Existen outros grupos menos importantes como o xeso fibroso (composto por fibras de xeso entrelazadas unhas coas outras), o xeso en frecha (crecemento de xeso maclado que recorda a forma dunha frecha) e o xeso espumoso (crecemento en escamas).
Lugares onde se atopa
editarÉ frecuente atopalo en depósitos sedimentarios asociado a rochas calcarias ou arxilas. Tamén pode aparecer polo efecto da hidratación da anhidrita.
Outros sulfatos
editarA anhidrita é outro mineral importante da clase dos sulfatos. moi similar á escaiola.
O xeso como material de construción
editar- Artigo principal: Xeso (construción).
O termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.
O xeso como produto industrial é sulfato de calcio semihidratado (CaSO4-½H2O), e comercialízase moído, en forma de po.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeso.
- ↑ "xeso". TERGAL. Consultado o 05/07/2022.