Calcaria
A calcaria[1][2] (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.
Características
editarDependendo da súa composición vai ter unhas características diferentes, que modifican (ás veces sensibelmente) a cor e o grao de coherencia da rocha. Mais é practicamente unha rocha monomineral, que se comercializa case sempre como mármore (unha rocha metamórfica), tende estes maior pureza de CaCO3 (carbonato cálcico). A calcaria, a excepción do mármore, reacciona en presenza do ácido clorhídrico, ou doutros ácidos tamén, como o carbónico (CO2). A propia sedimentación da calcaria leva consigo un ambiente xeolóxico determinado, onde se achan cavidades enchidas con fósiles, petróleo; mais resiste ben á meteorización, sendo un material de construción como, por exemplo, as en pé pirámides exipcias; ou pódense ollar nas paveras estalactitas e estalagmitas. Hai paisaxes que reciben o nome de kársticas (do alemán Karst, que é unha xermanización do topónimo esloveno kras), como poder ser a irlandesa An Bhoireann, de específica estética. Na industria, a calcaria úsase para obter cemento, sendo un elemento esencial deste, actualmente sendo este o seu principal emprego, mais antigamente, cando o cemento (construción) non existía, utilizábase para fabricar morteiros de cal, co que se cobren as paredes. Ten máis usos á parte dos citados, como na industria farmacéutica, peleteira, metalurxia, fabricación de vidro, en Galiza para a corrección do pH do solo na agricultura, ou producir xiz.
Encóntrase dentro da clasificación de recursos naturais (RN) entre os recursos non renovábeis (minerais) e dentro desta clasificación, nos non metálicos, como o salitre, o xeso e o xofre.
Orixe
editarA calcita constitúe aproximadamente un 10% do volume total de tódalas rochas sedimentarias, sendo a principal fonte de calcita na rocha os organismos mariños (cunchas e arrecifes de coral), que abundan en mares cálidos pouco profundos de rexións tropicais.
A calcita pode ser ou disolta ou precipitada por auga subterránea, dependendo de varios factores incluíndo a temperatura da auga, o pH, e a concentración de ións disoltos.
A calcita amosa unha infrecuente característica chamada solubilidade retrógrada pola cal pasa a ser menos soluble en auga a medida que a temperatura aumenta.
Pódense distinguir, conxuntamente, dous tipos de calcarias segundo a súa orixe:
- De orixe química: en lugares onde se atopen augas que encontren cargadas de CO2, vai precipitar facilmente o carbonato cálcico segundo a seguinte reacción:
- Ca2+ + 2 (HCO3−) = CaCO3 + H2O + CO2
Esa liberación de CO2 intervén, fundamentalmente, en dous tipos de ambientes: nas costas cando hai na superficie augas cargadas de CO2 e, sobre os continentes, cando as augas subterráneas chegan á superficie.
- De orixe biolóxica: moitos seres vivos acumulan carbonato cálcico para construír o seu esqueleto mineral, que cando se xunta en mares e lagos unha porcentaxe de saturación de augas superficiais, é relativamente sinxela a súa precipitación, sendo este a principal orixe das calcarias existentes.
Usos da calcaria
editarÉ unha pedra importante como reservorio de petróleo, pola súa porosidade. Ten unha gran resistencia á meteorización; permitindo que moitas esculturas e edificios da antigüidade tallados en calcaria chegaran até hoxe. Non obstante, a acción da auga da chuvia e dos ríos (especialmente cando se encontra acidulada polo ácido carbónico) provoca a súa disolución, creando un tipo de meteorización característica denominada kárstica. Aínda así, algunhas calcarias utilízanse na construción de enrochamentos para obras marítimas e portuarias como crebaondas, espigóns, escolleiras entre outras estruturas de estabilización e protección.
A pedra calcaria é un compoñente importante do cemento gris usado nas construcións modernas e tamén pode ser usada como compoñente principal, xunto con áridos, para fabricar o morteiro de cal, pasta graxa para creación de estucos ou leitadas para as superficies. Emprégase na industria do vidro e da metalurxia.
Tamén ten outros usos, como na industria farmacéutica, peleteira, corrección do pH do solo na agricultura.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calcaria.
- ↑ "calcaria". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Calcaria |