A siderita (do grego sideros que significa ferro) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é FeCO3 (contén un 58% de Fe).

Siderita
Siderita coa súa típica cor parda
Fórmula químicaFeCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoRomboédrico
CorParda e amarela
BrilloVítreo
Dureza4-4,5
FracturaRegular
ExfoliaciónPerfecta, en romboedros
RaiaBranca
Densidade3,7-3,9 g/cm3

Aspecto editar

A siderita preséntase en forma de cristais de forma romboédrica dunha coloración parda e a miúdo tamén en agregados amorfos e masivos.

Lugares onde se atopa editar

A siderita atópase nas rochas volcánicas, en zonas sedimentarias e como ganga en xacementos de filóns hidrotermais. Acostuma a estar asociada á barita, á calcita e a minerales metalíferos.

É un mineral moi abundante en España. Podémolo atopar en Ribadeo (Lugo).

Usos da siderita editar

Debido a súa composición a siderita utilízase para a extracción de ferro.

Propiedades editar

Disólvese con facilidade en ácido clorhídrico.

Outros carbonatos editar

Outros carbonatos de importancia son:

A calcita, a aragonita e a malaquita.