Abrir o menú principal

A barita (tamén chamada baritina; do grego baros que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é BaSO4 (sulfato de bario).

Barita
Barita.jpg
Cristais de barita (cor gris) e rosa de barita (cor salmón)
Fórmula químicaBaSO4
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoRómbico
CorIncolora, branca, gris, amarela, vermella e azul
BrilloNacarado
Dureza3-3,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade4,48 g/cm3

Índice

AspectoEditar

Os cristais de barita son xeralmente tabulares e paralelos á base. Se os cristais tabulares son diverxentes forman o que se chama rosa de barita, moi parecida esteticamente á rosa do deserto do xeso.

Lugares onde se atopaEditar

É un mineral moi común. Aparece frecuentemente nos filóns de minerais metálicos da mesma forma que o fai o cuarzo e a calcita.

Usos da baritaEditar

A barita é a principal fonte de bario. Debido a súa alta densidade (para tratarse dun mineral non metálico) a barita é usada nos lodos de perforación de pozos.

Outros sulfatosEditar

Outros sulfatos importantes son a anglesita, a anhidrita, a celestina e o xeso.