Hematita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A hematita[1] (do grego haimatites que significa sangue; e tamén chamada olixisto DRAG e DRAE din o contrario[Cómpre referencia]) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe2O3 (contén o 70% de ferro se se atopa en estado puro).
Hematita | |
---|---|
Hematita de crecemento globular | |
Fórmula química | Fe2O3 |
Clase | Óxidos |
Sistema cristalino | Trigonal |
Cor | Vermella e negra |
Brillo | De metálico a terroso |
Dureza | 5,5-6,5 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Inexistente |
Raia | Vermella escura |
Densidade | 4,9-5,3 g/cm3 |
Aspecto
editarA hematita pode presentar dende un brillo metálico nos exemplares escuros ata un brillo terroso nos ocres ou vermellos. O crecemento deste mineral pode ser acicular, laminar (parecido ás micas), formando costras e escamas ou tamén globular.
Lugares onde se atopa
editarAtópase principalmente en zonas de oxidación, en filóns hidrotermais ou do produto da meteorización das rochas compostas por ferro.
Os xacementos máis importantes en España son o das Minas del Marquesado en Guadix (provincia de Granada) e o de El Pedroso (Sevilla). Tamén aparece en Ortigueira (A Coruña) e en Viveiro (Lugo).
Usos da hematita
editarA hematita constitúe a fonte máis importante de ferro xa que en estado puro contén o 70% deste metal.
Utilízase tamén para crear colorantes industriais.
Propiedades
editarAínda que con certa dificultade, disólvese en ácido clorhídrico.
Outros óxidos
editarO rútilo, a magnetita e a casiterita son outros óxidos importantes.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hematita.