O xiz (provén do grego gupsos, ou ‘xeso’, tomado a través do latín gypsum, i)[1] é un tipo de arxila calcaria, sedimentaria, de textura fina e terrosa que se distingue pola súa cor clara, e pola suavidade e alta porosidade. É unha forma de calcita e orixinariamente formouse nas profundidades do mar pola compresión do plancto microscópico que se asentara no fondo mariño.

Xices de cores.

Descrición e orixe

editar

O xiz é común en toda a Europa Occidental e adoitan observarse acantilados escarpados onde se atopan co mar en lugares como os acantilados de Dover na costa de Kent.

Composición

editar
 
Pozo de xiz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido.

Está composto principalmente por pequenos fragmentos de cunchas de calcita ou esqueletos de plancto, como os foraminíferos ou os cocolitóforos de 0,5 a 4 micras de tamaño, aínda que preto de 10% a 25% dun giz típico está composto por fragmentos que son de 10 a 100 micras de tamaño. Os fragmentos máis grandes inclúen esqueletos de plancto intactos e fragmentos esqueléticos de organismos máis grandes, como moluscos, equinodermos ou briozoos.[2][3][4]

A xiz é normalmente calcita case pura, CaCO
3
(carbonato de calcio), con só entre un 2% e un 4% doutros minerais. Estes son xeralmente cuarzo e minerais de arxila, aínda que ás veces tamén está presente o colofano (apatita criptocristalina, un mineral fosfato). Nalgúns leitos de xiz, a calcita converteuse en dolomita, CaMg(CO
3
)
2
, e nalgúns casos a xiza dolomitizada foi desdolomitizada de novo a calcita.

O giz é moi poroso, con valores típicos de porosidade que oscilan entre o 35 e o 47 por cento. é identificable pola súa dureza, o contido en fósil e a súa reacción ao ácido (produce efervescencia ao contacto).[4]

O xiz extráese para o seu uso na industria, como para a cal, ladrillos e masilla de construción, e na agricultura, para elevar o pH en solos con alta acidez.

Tamén se usa para "xiz de pizarra", para escribir e debuxar en varios tipos de superficies. Estes xices elabóranse xeralmente mesturando xeso con auga e algúns outros materiais tales como caolín, e espérase a que fragüe dentro dun molde especial. Unha vez que fraguou a mestura, desmóldase e sécase. Porén, tamén se poden fabricar a partir doutros minerais a base de carbonato. Adoita chamarse tamén así o composto de xeso que se usa no xogo de billar para fregar os tacos a fin de que non escorreguen ao golpear as bólas.

  1. "Xiz". Portal das Palabras. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. Hancock, Jake M. (1975-01). "The petrology of the Chalk". Proceedings of the Geologists' Association 86 (4): 499–535. ISSN 0016-7878. doi:10.1016/s0016-7878(75)80061-7. 
  3. "Chalk: Sedimentary rocks". web.archive.org. 2009-06-20. Archived from the original on 20 de xuño de 2009. Consultado o 2024-03-25. 
  4. 4,0 4,1 "Chalk: A biological limestone formed from shell debris". geology.com. Consultado o 2024-03-25.