Dover
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Coordenadas: 51°7′46.2″N 1°18′32.04″L / 51.129500, -1.3089000
Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).
Dover | |
---|---|
Dover | |
Cantís brancos de Dover | |
Localización | |
País | Reino Unido |
País | Inglaterra |
Rexión | Sueste de Inglaterra |
Condado | Kent, Inglaterra |
Distrito | Dover |
Demografía | |
Poboación | 106.900 [1] |
Densidade | 339,5 /km² [2] |
Outros datos | |
Código postal | CT16, CT17 |
Alcalde | Gordon Cowan |
https://www.dover.gov.uk |
Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".
Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido. Máis de 2 millóns e medio de persoas [3] empregan o servizo de transbordadores cada ano, xestionado por diferentes navieiras.
TopónimoEditar
O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe disputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.[Cómpre referencia] Da mesma orixe é o topónimo galego Dubra, que viría do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Terían tamén mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses, irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[4].
En canto á toponimia, comparte etimoloxía tamén con Dubra, en topónimos como Val do Dubra. En efecto, durante a Idade Media, en galego-portugués a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.
XeografíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
HistoriaEditar
Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.
Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.
O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Luís XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.
EconomíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Moralejo Laso, Abelardo (1980). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Notas acerca de Hidrominia Gallega". Verba: Anuario galego de filoloxía (Santiago de Compostela) (7): 157–170. ISSN 0210-377X.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dover |