Linguas britónicas

unha das dúas familias de linguas célticas insulares

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Mapa dos asentamentos britónicos no occidente europeo arredor do século VI da nosa era.

Subdivisións

editar

O grupo britónico teríase separado en dous dialectos:

  1. O britónico suroccidental, protolingua da que derivarían:
  1. O britónico occidental, protolingua da que derivarían:

Entre as linguas mortas estarían o galo e o lepóntico.

Datación

editar

A cuestión da data da separación entre linguas gaélicas e britónicas non está resolta, pero é seguro que estas dúas ramas se diferenciaron antes da aparición dos primeiros textos cobre o ano 600. De resultas da afluencia de falantes de linguas xermánicas a Gran Bretaña durante o século V, algúns falantes de linguas britónicas se instalaron masivamente en Armórica (a Bretaña actual), e, en cantidade menor, en Galiza, e no Leinster en Irlanda. Os falantes de linguas britónicas permaneceron tamén presentes na Escocia meridional durante varios séculos, no norte e o oeste de Inglaterra, e na Illa de Man. Pero o impulso progresivo dos gaélicos (celtas de proveniencia irlandesa) e dos anglosaxóns fixo que os falantes destas linguas se relegasen nos tras países que lles quedan hoxe: a Bretaña, Cornualla e o País de Gales.

Unha lingua ou dialectos britónicos falouse tamén en Galicia durante a Idade Media no norte da actual provincia de Lugo (antiga provincia de Mondoñedo) e noutras zonas costeiras de Galicia por mor da importante colonia de bretóns que chegaron no medievo ó noroeste da Península Ibérica fuxindo dende as Illas Británicas da invasión anglosaxoa. Non se conservan textos escritos en galaico-bretón.

Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas

editar

Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmás das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).

Véxase tamén

editar

Ligazóns internas

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.