Canal da Mancha

mar
(Redirección desde «Canle da Mancha»)

O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) [1] é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.

Modelo:Xeografía físicaCanal da Mancha
(en) English Channel
(fr) Manche Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoestreito
mar Editar o valor en Wikidata
EpónimoInglaterra, Bretaña e Gran Bretaña Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMar do Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaReino Unido e Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 50°N 2°O / 50, -2
Bañado porocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaEnglish Channel basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidade180 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións34 (ancho) m × 34.000 (ancho) km × 560 (lonxitude) km

Características

editar

Ten aproximadamente 563 km de lonxitude e unha anchura de 240 km na parte máis ancha e de apenas 34 km no seu punto máis estreito, entre Dover e o cabo Griz-Nez. A profundidade máxima é de 172 metros.

A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan Francia e Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.

As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Manga, próximas ao lado francés. A illa de Ouessant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.

O departamento de Mancha -que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle- debe o seu nome á rexión marítima circunveciña.

  1. Tamén canal da Manga e canle da Mancha segundo as referencias. Mancha é unha adaptación de Manche, en francés, que foi traducido erroneamente así ao galego, portugués e castelán, pois en francés manche non quere dicir 'mancha', senón 'manga'.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar