• Este artigo trata sobre unha vila, para o santo véxase: Malo (santo).

Coordenadas: 48°38′53″N 2°00′27″O / 48.64806, -2.00750

Saint-Malo (Sant-Maloù en bretón, Saent-Malo en galó) é unha cidade situada na costa norte da Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.

Saint-Malo
Sant-Maloù
Casa do concello
Localización
Saint-Malo en Francia
Saint-Malo
Saint-Malo
Saint-Malo en Bretaña
Saint-Malo
Saint-Malo
PaísFrancia Francia
RexiónBretaña Bretaña
DepartamentoIlle e Vilaine
DistritoDistrito de Saint-Malo
Xeografía
Altitude0–51 msnm
Superficie36,58 km²
Demografía
Poboación46.342 hab. (2010)
Densidade1.267 hab/km²
XentilicioMalouins/Malouines
Outros datos
Código postal35400
AlcaldeGilles Lurton (2020-2026)
http://www.ville-saint-malo.fr/

Xeografía Editar

Saint-Malo está situada na Costa de Esmeralda[1], no litoral norte da Bretaña, no canal da Mancha.

Está situado na ribeira dereita da ría do río Rance e dista 75 km de Rennes.

Ocupa un lugar privilexiado, próxima a Normandía e das illas anglo-normandas Jersey e Guernesey.

Demografía Editar

Evolución demográfica
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 2008 2010
17.137 42.297 45.030 46.347 48.057 50.675 49.661 48.211 46.342
Dende 1962 até 2010: Poboación sen recontos

Patrimonio Editar

As murallas Editar

 
Vista xeral da cidade amurallada.

Só queda unha pequena parte do recinto medieval (s. XV); as tres cuartas partes da muralla foron substituídas entre 1708 e 1744 para a ampliación da cidade, e no século XIX houbo outra rectificación.

Intra-muros Editar

  • Catedral Saint-Vincent
  • Castelo de Saint-Malo (século XV), comezado en 1424 polo duque da Bretaña Jean V e continuado por François II e Ana da Bretaña.
  • Hotel André Désilles (século XVII) onde naceron Picot de Clorivière e o seu sobriño André Désilles.
  • Hotel de la Gicquelais, casa natal de Chateaubriand.
  • Capela Saint-Aaron (1621)

Extra-muros Editar

  • Varios fortíns construídos a finais do século XVII sobre illotes rochosos da baía.
  • A torre Solidor, comezada a finais do século XIV polo duque Xoán IV.

Personaxes relacionadas con Saint-Malo Editar

  • San Malo (520-621), santo fundador da vila.
  • Jacques Cartier (1491-1557), navegante e explorador, naceu en Saint-Malo.
  • Jacques Gouin de Beauchesne (1652-1730), navegante, naceu en Saint-Malo.
  • René Duguay-Trouin (1673-1736), corsario, tenente xeneral da Mariña durante o reinado de Louis XIV, naceu en Saint-Malo.
  • Louis Antoine de Bougainville (1729-1811), navegante.
  • François-René de Chateaubriand (1768-1848), escritor, naceu en Saint-Malo.
  • Robert Charles Surcouf (1773-1827), un dos corsarios franceses máis famosos, naceu en Saint-Malo.

Cidades irmandadas Editar

Galería de imaxes Editar

 
Vista panorámica dende a illa Grand Bé durante a baixamar.
 
Vista da cidade amurallada dende o suroeste.

Notas Editar

  1. Eugène Herpin deu este nome a esta parte da costa situada entre o cabo Fréhel e Cancale, debido á cor verde esmeralda que presenta algunhas veces o mar nesta zona.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar