Malo (santo)
San Malo (tamén coñecido como Maclou; en latín, como Maclovius ou Machutus; 27 de marzo de 520 - 15 de novembro de 621) foi, no século VI, o fundador da cidade de Saint-Malo, na Bretaña, Francia. É un dos sete santos fundadores da Bretaña.
Malo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de marzo de 520 |
Lugar de nacemento | Llancarfan |
Falecemento | 15 de novembro de 621 |
Lugar de falecemento | Archingeay |
Nacionalidade | Gales e Bretaña |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Detalles da carreira de Malo presérvanse en tres historias medievais, que parecen incluír incidentes asociados con varias persoas diferentes de nomes semellantes. A pesar desa confusión, parece que Malo naceu por volta do ano 520, provabelmente no País de Gales.
O seu nome pode derivar de machlou, da lingua bretoa antiga, un composto de mach - "garantía, refén" - e lou (ou loh) - "brillante, bonito".[1]
Viaxes con San BrandánEditar
Disque Malo foi bautizado por San Brandán, tornándose o seu discípulo favorito.[2] No entanto, existen serias dúbidas en canto á autenticidade deste período da súa vida. Puido ser un dos homes especialmente seleccionados polo santo para a súa viaxe.
Tradicionalmente, foi na Abadía Llancarfan onde San Brandán e o seu discípulo, Malo, con varios outros compañeiros, estabeleceron a descuberta da "Illa Benaventurada". Botouse logo ao mar nunha segunda viaxe e visitou a illa de Cézembre, fronte ao largo de Saint-Malo, onde permaneceu algún tempo. Supostamente, Maclovius era un xigante morto, que Brandán resucitou a través da súa santidade. Brandán bautizouno antes de permitirlle volver a ser morto.[3]
NotasEditar
- ↑ Léon Fleuriot, Les Origines de la Bretagne, ed. Payot, 1982, p. 150 and 281.
- ↑ St. Machutus
- ↑ Ramsay, Raymond (1972). No Longer on the Map. New York: Viking Press. p. 81. ISBN 0-670-51433-0.