Illa de Wight
A Illa de Wight é un condado insular situado na costa sur de Inglaterra, fronte á cidade de Southampton. Coloquialmente é coñecida como "A illa" (The island) polos seus habitantes. A súa poboación no ano 2003 era de 136.252 habitantes.
Illa de Wight | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Coordenadas | 50°40′51″N 1°16′51″O / 50.68083, -1.28083Coordenadas: 50°40′51″N 1°16′51″O / 50.68083, -1.28083 |
Xeografía | |
Superficie | 384 km² |
Demografía | |
Capital | Newport |
Poboación | 139.400 hab. (2015) |
Densidade | 369 hab./km² |
A illa de Wight é o único distrito unitario de Inglaterra que ten status de condado. Ten un único representante no Parlamento.
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia da Illa de Wight.
A maioría do territorio que compón a illa de Wight foi depositado durante o Cretáceo tardío, como parte do longo val fluvial en que consistía o que hoxe en día é a costa sur de Inglaterra. Os pantanos da rexión serviron para conservar fósiles. Por iso, a illa converteuse nunha das localizacións europeas máis interesantes para atopar restos de dinosauros.
A illa de Wight converteuse en illa nalgún momento da última idade do xeo cando a crecida do mar separou a illa do continente. A illa formou parte da britania celta. Os romanos chamárona Vectis. Foi conquistada por Vespasiano durante a invasión romana. Logo dos romanos, a illa estivo ocupada polos xutos, unha tribo xermánica, ao comezo das invasións anglosaxoas.
Durante a conquista normanda fundouse o Castelo de Carisbrooke. A illa non volveu estar baixo o completo control da coroa ata que no ano 1293 foi vendida ao rei Eduardo I.
Henrique VIII fortificou a illa utilizando material procedente de antigos mosteiros. Sir Richard Worsley, capitán da illa, capitaneou a resistencia do último ataque francés no ano 1545.
Entre 1597 e 1602 construíronse as fortificaciones exteriores do castelo de Carisbrooke. Durante a guerra civil inglesa, o rei Carlos fuxiu cara á illa de Wight crendo que sería ben acollido polo gobernador Robert Hammond. Con todo, Hammond ordenou encarcerar ao rei no castelo de Carisbrooke.
A raíña Vitoria fixo de Osborne House a súa residencia estival. Iso converteu a illa no principal lugar de vacacións para a realeza europea.
Lugares de intereseEditar
- As rocas chamadas The Needles
- O castelo de Carisbrooke
- Osborne House, residencia de verán da raíña Vitoria.
- O castelo de Yarmouth
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Wight |