Southampton
Coordenadas: 50°54′N 1°24′O / 50.9, -1.4
Southampton é a maior cidade portuaria da costa sur da Inglaterra. É a cidade máis próxima a New Forest e está entre Portsmouth e Bournemouth. Era unha localidade pertencente a Hampshire que pasou á condición de cidade na reorganización do goberno local do 1 de abril de 1997. Isto fixo a Southampton unha unidade administrativa, que engloba algúns distritos como Eastleigh, Portswood, Bitterne, Woolston e Millbrook.
Southampton | |
---|---|
![]() | |
Montaxe con varias vistas da cidade. | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Sueste de Inglaterra |
Condado cerimonial | Hampshire |
Xeografía | |
Superficie | 72,8 km² |
Demografía | |
Poboación | 253.651 hab. (2010) |
Densidade | 4.733 hab/km² |
Xentilicio | Sotonian |
Outros datos | |
Código postal | SO14-SO19 |
Páxina oficial de Southampton |
Foi unha das moitas cidades británicas severamente bombardeadas durante a segunda guerra mundial. Por esta razón, varios monumentos históricos foron destruídos, pero aínda existe a antiga muralla da cidade, así como tamén a porta de Bargate, a maior entrada á cidade antiga no extremo norte da muralla. Southampton ten a segunda muralla da Idade Media máis longa que aínda se conserva de Inglaterra. A porta de Bargate é habitualmente usada como símbolo da cidade, sendo a súa imaxe o logotipo do goberno municipal. A parte central da cidade ten moitos grandes parques.
Na cidade están as sedes da Universidade de Southampton, da Universidade Solent Southampton e do centro comercial West Quay. Tamén aquí se atopa a Axencia Nacional de Mapeamento. O xornal local é o Daily Echo.
Southampton está identificada coa historia e o desenvolvemento marítimos, sendo o seu porto lugar habitual de saída de moitos cruceiros, como sucedeu co Titanic. Tamén é un porto de carga moi importante a nivel nacional.
Cidades irmandadasEditar
NotasEditar
- ↑ "Le Havre Website - Twin Towns". Ovidio Limited. Consultado o 2008-11-29.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Linked cities". Southampton City Council. 3 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Kalisz - the oldest town in Poland!". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.