Trieste

cidade de Italia

Trieste[1] (en esloveno: Trst) é unha cidade italiana, capital da rexión de Friúl-Venecia Xulia, na fronteira con Eslovenia. É capital da provincia homónima e no 2013 tiña 204 849 habitantes.[2]

Trieste
Trst
Imaxes da cidade.
Localización
Trieste en Italia
Trieste
Trieste
PaísItalia Italia
RexiónFriúl-Venecia Xulia
ProvinciaProvincia de Trieste
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie84,49 km²
Demografía
Poboación204 849 hab. (2013)
Densidade2.400 hab/km²
XentilicioTriestino
Outros datos
Código postal34100
AlcaldeRoberto Dipiazza (FI)
Páxina oficial de Trieste

Economía editar

 
Sede do consistorio municipal de Trieste.

Trieste ten un porto de notables dimensións con diferentes terminais. Ten especial importancia o tráfico de contedores, sendo a principal porta europea dos produtos turcos, grazas ao sistema de tráfico Ro-Ro co país euroasiático. Tamén son relevantes os movementos de café (un terzo das importacións nacionais) e a terminal petrolífera, da que parte o oleoduto transalpino, que abastece Austria, Baviera e a República Checa. No tráfico de pasaxeiros está en aumento a actividade cruceirística.

En relación ás actividades económicas relacionadas co porto, en Trieste ten a súa sede central a empresa de construción naval de propiedade pública Fincantieri e tamén Italia Marítima, unha compañía de navegación do grupo Evergreen. No sector industrial, destaca o sector da mecánica industrial e naval, a metalurxia e a alimentación.

O 90% de todas as industrias e boa parte das artesanais encóntranse na zona industrial dos vales de Zaule e Noghere, a cabalo entre os concellos de Trieste, Muggia e Dolina, xa en San Dorligo della Valle, administrada pola EZIT (Ente para a Zona Industrial de Trieste).

É moi importante para Trieste a achega económica da investigación científica e o sector terciario. A cidade é sede de varias compañías de seguros.

Na zona de Trieste está en discusión a construción dunha ou dúas plantas regasificadoras: unha en terra, na zona de Zaule, e outra en mar aberto, no Golfo de Trieste.[Cómpre referencia]

Trieste, cidade multiétnica editar

Trieste é un cruzamento de culturas e relixións, consecuencia da súa posición xeográfica de fronteira e das vicisitudes históricas que a fixeron punto de encontro de moitos pobos e culturas. Na cidade de Trieste actualmente están presentes xunto aos italianos e a minoría eslovena que goza de recoñecemento oficial numerosos grupos étnicos minoritarios (croatas, serbios, romaneses, gregos, alemáns e grupos de recente asentamento como os albaneses, chineses, africanos e suramericanos.

Cidades irmás editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para triestino.
  2. National Institute of Statistics (Italy), ed. (19 de setembro de 2011). "Total Resident Population on 1st January 2011 by sex and marital status. Province: Trieste". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar