Provincia de Trieste

Provincia di Trieste
País Flag of Italy.svg Italia
Rexión Friúl-Venecia Xulia
Capital Trieste
Área 212 km²
Poboación 231.686 [1] (setembro de 2012)
Densidade 1.115,81 hab/km²
Municipios 6
Matrícula TS
Código postal 34000-34100
Prefixo telf. 040
Presidente Maria Teresa Bassa Poropat (L'Unione) 07.05.06
Trieste posizione.png
Situación da Provincia de Trieste en Italia

Trieste (en esloveno Tržaška) é unha provincia da rexión do Friúl-Venecia Xulia, en Italia. A súa capital é a cidade de Trieste.

Ten unha área de 212 km2, (a máis pequena das provincias de Italia) e unha poboación total de 240.000 habitantes (2001). Hai 6 municipios na provincia.

HistoriaEditar

O territorio corresponde a un hínterland de Trieste, que formou parte do Imperio austrohúngaro e despois da primeira guerra mundial, foi posta baixo administración italiana. Foi capital do Estado libre de Trieste, creado polo tratado de paz de París de 1947, e que abranguía a cidade e unha pequena zona desde Duino até Cittanova (Novigrad), e foi dividido en dúas zonas: a zona A, no Norte, administrada polo Reino Unido, Francia e os EUA, na cal estaba incluída a cidade de Trieste, e a zona B, no Sur, administrada por Iugoslavia. O tratado de Londres de 1954 puxo fin ao estado de Trieste: a zona A pasou a formar parte de Italia, e a zona B, de Iugoslavia. En 1975 Italia e Iugoslavia asinaron preto de Osimo un tratado que pechou a cuestión fronteiriza de Trieste.

LinguasEditar

O italiano, lingua oficial do estado italiano, fálase por toda a provincia. Na cidade de Trieste moita xente fala o triestino, un dialecto veneciano, en Trieste e en Muggia falouse o tergestino, un dialecto arcaico do friulano pero desapareceu completamente a mediados do século XIX. Estímase que 21% da poboación da provincia fala o esloveno [2] que está recoñecido pola lexislación italiana nos seis concellos da provincia, aínda que non se aplica nos sinais bilingües no centro da cidade de Trieste nin na vila de Muggia[3]. Nas escolas ensínase o esloveno estándar aínda que na provincia tradicionalmente se falan tres dialectos diferentes, o dialecto cársico nos concellos de Duino-Aurisina e Sgonico e nas localidades de Barcola, Prosecco e Contovello que pertencen ao concello de Trieste; o dialecto de Carniola Interior fálase no concello de Monrupino e nas localidades de Opicina, Trebiciano, Padriciano e Basovizza do concello de Trieste, por último o dialecto istriano fálase no concello de San Dorligo della Valle na zona rural de Muggia e no sueste do concello de Trieste, especialmente en Servola.

NotasEditar

  1. "Statistiche demografiche ISTAT". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  2. "Slovenian in Italy". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2006. Consultado o 08 de xullo de 2006. 
  3. "Decreto del Presidente della Repubblica 12 settembre 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

 
Mapa da provincia de Trieste