Provincias de Italia
As provincias de Italia, en italiano tamén provincia, é unha división administrativa intermedia entre o concello (comune) e a rexión (regione).
Unha provincia está composta por varios municipios , e normalmente varias provincias forman unha rexión, agás a rexión do Val de Aosta, que non ten ningunha provincia.
No 2004, había 102 provincias en Italia. No 2005 creáronse catro provincias novas na Sardeña, e en 2009 outras tres provincias máis, polo que existen agora 109 provincias no Estado italiano.
Novas provincias
editarNo 2001 instituíronse catro provincias novas en Sardeña, e foron adoptadas no 2005.
- Provincia de Olbia-Tempio (OT)
- Provincia de Ogliastra (OG)
- Provincia de Carbonia-Iglesias (CI)
- Provincia de Medio Campidano (MD)
No 2004 instituíronse tres novas provincias, postas en marcha no 2009.
Lista de provincias por rexión
editarA lista seguinte resalta en escuro a provincia cuxa capital administrativa é tamén a capital administrativa da súa rexión.
O código para as provincias italianas é ISO 3166-2:IT.
Denominación das provincias
editarA razón do nome das provincias, provén, na maioría dos casos, do da súa capital.
- Cinco provincias teñen dobre denominación: Carbonia-Iglesias, Forlì-Cesena, Masa-Carrara, Olbia-templo, Pesaro-Urbino; e até unha tena triplo: Barletta-Andria-Trani.
- Outras catro provincia teñen unha denominación (polo menos parcialmente) xeográfica: Monza e Brianza, Medio Campidano, Ogliastra e Verbano-Cusio-Ossola e Monza e Brianza.
- Dúas provincias son biligües: Bolzano-Tirol do Sur/Bozen-Südtirol e Aosta/Aoste. As provincias de Trieste, Gorizia e Udine só son bilingües nalgúns concellos.
As provincias en datos
editarTáboa cos datos de poboación, superficie e densidade demográfica, número de municipios e rexión das 107 provincias (incluíndo o Val de Aosta e omitindo as tres provincias que chegaran no 2009).
Provincia | Sigla | Rexión | Poboación (hab.) | Superficie (km²) | Densidade (hab./km²) | N. de concellos |
---|---|---|---|---|---|---|
Milán | MI | Lombardía | 3.707.210 | 1.984 | 1.868,2 | 188 |
Roma | RM | Lacio | 3.700.424 | 5.352 | 691,4 | 121 |
Nápoles | NA | Campania | 3.059.196 | 1.171 | 2.612,2 | 92 |
Turín | TO | Piemonte | 2.165.619 | 6.829 | 317,1 | 315 |
Bari | BA | Puglia | 1.559.662 | 5.139 | 303,5 | 48 |
Palermo | PA | Sicilia | 1.235.923 | 4.992 | 247,6 | 82 |
Brescia | BS | Lombardía | 1.108.776 | 4.783 | 231,8 | 206 |
Salerno | SA | Campania | 1.073.643 | 4.918 | 218,3 | 158 |
Catania | CT | Sicilia | 1.054.778 | 3.553 | 296,9 | 58 |
Bérgamo | BG | Lombardía | 973.129 | 2.723 | 357,4 | 244 |
Florencia | FI | Toscana | 933.860 | 3.515 | 265,7 | 44 |
Boloña | BO | Emilia-Romaña | 915.225 | 3.702 | 247,2 | 60 |
Xénova | GE | Liguria | 878.082 | 1.839 | 477,6 | 67 |
Caserta | CE | Campania | 852.872 | 2.640 | 323,1 | 104 |
Padua | PD | Véneto | 849.857 | 2.142 | 396,8 | 104 |
Verona | VR | Véneto | 826.582 | 3.120 | 264,9 | 98 |
Varese | VA | Lombardía | 812.477 | 1.199 | 677,8 | 141 |
Venecia | VE | Véneto | 809.586 | 2.461 | 328,9 | 44 |
Treviso | TV | Véneto | 795.264 | 2.477 | 321,1 | 95 |
Vicenza | VI | Véneto | 794.317 | 2.723 | 291,7 | 121 |
Lecce | LE | Puglia | 787.825 | 2.759 | 285,5 | 97 |
Cosenza | CS | Calabria | 733.797 | 6.650 | 110,3 | 155 |
Foggia | FG | Puglia | 690.992 | 7.190 | 96,1 | 64 |
Messina | ME | Sicilia | 662.450 | 3.247 | 204,0 | 108 |
Módena | MO | Emilia-Romaña | 633.993 | 2.689 | 235,8 | 47 |
Perugia | PG | Umbría | 605.950 | 6.332 | 95,7 | 59 |
Tarento | TA | Puglia | 579.806 | 2.436 | 238,0 | 29 |
Reggio Calabria | RC | Calabria | 564.223 | 3.184 | 177,2 | 97 |
Cuneo | CN | Piemonte | 556.330 | 6.902 | 80,6 | 250 |
Cagliari | CA | Sardeña | 543.310 | 4.569 | 118,9 | 71 |
Como | CO | Lombardía | 537.500 | 1.288 | 417,3 | 163 |
Udine | UD | Friúl-Venecia Xulia | 518.840 | 4.904 | 105,8 | 137 |
Pavía | PV | Lombardía | 493.753 | 2.965 | 166,5 | 190 |
Latina | LT | Lacio | 491.230 | 2.250 | 218,3 | 33 |
Frosinone | FR | Lacio | 484.556 | 3.243 | 149,4 | 91 |
Trento | TN | Trentino-Tirol do Sur | 477.017 | 6.203 | 76,9 | 223 |
Bolzano/Bozen | BZ | Trentino-Tirol do Sur | 462.999 | 7.396 | 62,6 | 116 |
Reggio Emilia | RE | Emilia-Romaña | 453.892 | 2.292 | 198,0 | 45 |
Ancona | AN | As Marcas | 448.473 | 1.940 | 231,2 | 49 |
Agrigento | AG | Sicilia | 448.053 | 3.042 | 147,3 | 43 |
Avellino | AV | Campania | 429.178 | 2.792 | 153,7 | 119 |
Trapani | TP | Sicilia | 425.121 | 2.460 | 172,8 | 24 |
Alessandria | AL | Piemonte | 418.231 | 3.559 | 117,5 | 190 |
Brindisi | BR | Puglia | 402.422 | 1.839 | 218,8 | 20 |
Siracusa | SR | Sicilia | 396.167 | 2.108 | 187,9 | 21 |
Potenza | PZ | Basilicata | 393.529 | 6.549 | 60,1 | 100 |
Parma | PR | Emilia-Romaña | 392.976 | 3.450 | 113,9 | 47 |
Pisa | PI | Toscana | 384.555 | 2.445 | 157,3 | 39 |
Chieti | CH | Abruzos | 382.076 | 2.588 | 147,6 | 104 |
Mantua | MN | Lombardía | 377.790 | 2.339 | 161,5 | 70 |
Lucca | LU | Toscana | 372.244 | 1.773 | 210,0 | 35 |
Catanzaro | CZ | Calabria | 369.578 | 2.392 | 154,5 | 80 |
Ascoli Piceno | AP | As Marcas | 369.371 | 2.088 | 176,9 | 73 |
Forlì-Cesena | FC | Emilia-Romaña | 358.542 | 2.376 | 150,9 | 30 |
Pesaro e Urbino | PU | As Marcas | 351.214 | 2.893 | 121,4 | 67 |
Rávena | RA | Emilia-Romaña | 347.847 | 1.858 | 187,2 | 18 |
Ferrara | FE | Emilia-Romaña | 344.323 | 2.630 | 130,9 | 26 |
Novara | NO | Piemonte | 343.040 | 1.339 | 256,2 | 88 |
Cremona | CR | Lombardía | 335.939 | 1.771 | 189,7 | 115 |
Livorno | LI | Toscana | 326.444 | 1.211 | 269,5 | 20 |
Sassari | SS | Sardeña | 322.326 | 4.281 | 75,3 | 66 |
Arezzo | AR | Toscana | 323.288 | 3.236 | 99,9 | 39 |
Lecco | LC | Lombardía | 311.452 | 816 | 381,6 | 90 |
Macerata | MC | As Marcas | 301.523 | 2.774 | 108,7 | 57 |
L'Aquila | AQ | Abruzos | 297.424 | 5.035 | 59,1 | 108 |
Pescara | PE | Abruzos | 295.481 | 1.225 | 241,3 | 46 |
Ragusa | RG | Sicilia | 295.269 | 1.614 | 182,9 | 12 |
Viterbo | VT | Lacio | 288.783 | 3.614 | 79,9 | 60 |
Teramo | TE | Abruzos | 287.411 | 1.948 | 147,5 | 47 |
Benevento | BN | Campania | 287.042 | 2.071 | 138,6 | 78 |
Caltanissetta | CL | Sicilia | 274.035 | 2.124 | 129,0 | 22 |
Rimini | RN | Emilia-Romaña | 272.676 | 534 | 510,8 | 20 |
Savona | SV | Liguria | 272.528 | 1.545 | 176,4 | 69 |
Pistoia | PT | Toscana | 268.503 | 965 | 278,2 | 22 |
Pordenone | PN | Friúl-Venecia Xulia | 268.198 | 2.130 | 125,9 | 51 |
Piacenza | PC | Emilia-Romaña | 263.872 | 2.590 | 101,9 | 48 |
Siena | SI | Toscana | 252.288 | 3.823 | 66,0 | 36 |
Rovigo | RO | Véneto | 242.538 | 1.790 | 135,5 | 50 |
Trieste | TS | Friúl-Venecia Xulia | 242.232 | 212 | 1.143,6 | 6 |
Campobasso | CB | Molise | 230.749 | 2.910 | 79,3 | 84 |
Prato | PO | Toscana | 227.886 | 365 | 623,9 | 7 |
Terni | TR | Umbría | 219.876 | 2.122 | 103,6 | 33 |
A Spezia | SP | Liguria | 215.935 | 881 | 245,1 | 32 |
Grosseto | GR | Toscana | 211.086 | 4.501 | 46,9 | 28 |
Belluno | BL | Véneto | 209.550 | 3.676 | 57,0 | 69 |
Asti | AT | Piemonte | 208.339 | 1.511 | 137,9 | 118 |
Imperia | IM | Liguria | 205.238 | 1.156 | 177,5 | 67 |
Matera | MT | Basilicata | 204.239 | 3.447 | 59,3 | 31 |
Lodi | LO | Lombardía | 197.672 | 782 | 252,7 | 61 |
Massa-Carrara | MS | Toscana | 197.652 | 1.157 | 170,9 | 17 |
Biella | BI | Piemonte | 187.249 | 914 | 204,9 | 82 |
Enna | EN | Sicilia | 177.200 | 2.561 | 69,2 | 20 |
Sondrio | SO | Lombardía | 176.856 | 3.210 | 55,1 | 78 |
Vercelli | VC | Piemonte | 176.829 | 2.088 | 84,7 | 86 |
Crotone | KR | Calabria | 173.122 | 1.716 | 100,9 | 27 |
Vibo Valentia | VV | Calabria | 170.746 | 1.139 | 149,9 | 50 |
Oristano | OR | Sardeña | 167.971 | 3.040 | 55,2 | 88 |
Nuoro | NU | Sardeña | 164.260 | 3.934 | 41,8 | 52 |
Verbano Cusio Ossola | VB | Piemonte | 159.040 | 2.256 | 70,5 | 77 |
Rieti | RI | Lacio | 147.410 | 2.750 | 53,6 | 73 |
Olbia-Tempio | OT | Sardeña | 138.334 | 3.397 | 40,7 | 26 |
Gorizia | GO | Friúl-Venecia Xulia | 136.491 | 466 | 292,9 | 25 |
Carbonia-Iglesias | CI | Sardeña | 131.890 | 1.495 | 88,2 | 23 |
Aosta (Rexión) | AO | "Val de Aosta" | 119.548 | 3.266 | 36,6 | 74 |
Medio Campidano | MD | Sardeña | 105.400 | 1.516 | 69,5 | 28 |
Isernia | IS | Molise | 89.852 | 1.528 | 58,8 | 52 |
Ogliastra | OG | Sardeña | 58.389 | 1.854 | 31,5 | 23 |
TOTAL ITALIA | 56.977.736 | 301.171 | 189,2 | 8.101 |