Provincia de Messina
provincia de Sicilia (Italia)
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Capital | Messina |
Área | 3.247 km² |
Poboación | 654.601 (2008) |
Densidade | 201,6 hab/km² |
Municipios | 108 |
Matrícula | ME |
Código postal | 98000-98100 |
Prefixo telf. | 090, 0941, 0942 |
Presidente | Giovanni Ricevuto (Popolo della libertà) 16.06.2008 |
![]() | |
Situación da Provincia de Messina en Italia |
Messina (en lingua siciliana Missina) é unha provincia da rexión de Sicilia, en Italia. A súa capital é a cidade de Messina.
Ten unha área de 3.247 km2, e unha poboación de 661.708 habitantes (2001). Hai 108 municipios na provincia.
Limita polo norte co Mar Tirreno (co Golfo de Patti e de Milazzo e a illa Eolie), polo leste co Mar Xónico e o Estreito de Messina, que separa Sicilia do continente, polo sur coas provincias de Catania e Enna, e polo oeste coa provincia de Palermo.
Á parte da capital, outras cidades destacadas son Barcellona Pozzo di Gotto, Milazzo, as Illas Eolias, Tindari, Taormina e Capo d'Orlando.
Foi a cidade de partida dos almogávares en 1302.