As illas Eolias ou Eólicas (Isole Eolie en italiano) constitúen un arquipélago volcánico no Mar Tirreno, preto da costa nordeste de Sicilia. O seu nome provén de Eolo, señor do vento.[1] Foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2000. A illa máis grande é Lipari, razón pola cal coñécese tamén ao arquipélago como illas Lipari. As outras illas son Vulcano, Salina, Stromboli, Filicudi, Alicudi, Panarea e Basiluzzo.

Modelo:Xeografía físicaIllas Eolias
(it) Isole Eolie Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoarquipélago
car-free place (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Messina, Italia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°29′48″N 14°56′09″L / 38.4966, 14.9359
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude926 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Fossa delle Felci (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (962 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie114,7 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data2000 (24ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (viii) Editar o valor en Wikidata
Identificador908
Actividade
Visitantes anuais200.000 Editar o valor en Wikidata

As Eolias gardan unha curiosa relación cos astros: están dispostas en forma de E, como as estrelas do cinto da constelación de Orión. Vulcano áchase na extremidade inferior, Alicudi e Stromboli nos extremos superiores, ao oeste e ao leste respectivamente. A cidade máis grande é Lípari, situada na illa do mesmo nome. Acolle ao redor de 11.000 habitantes.

Historia

editar

Historia mítica

editar

Os primeiros amos das illas foron os deuses e monstruosas criaturas.

Eolo, o deus grego dos ventos, deu o seu nome ao arquipélago e regalou a Ulises un odre cheo de ventos favorables.

Hefesto, ao que os latinos chamaban Vulcano, famoso por ser o forxador dos raios de Zeus e do tridente de Poseidón, tiña aquí a súa fragua e vivía cos seus axudantes, os ciclopes, no interior do cráter de Vulcano.

O mítico rei Líparo, fillo de Eolo, rebautizou co seu nome a antiga Melignis, a máis grande das illas.

Prohistoria e Prehistoria

editar
 
En primeiro termo Vulcano, Lipari no medio, Salina á esquerda e Panarea á dereita.

As illas Eolias emerxeron hai máis de 700.000 anos.

Os primeiros poboadores desembarcaron aquí, utilizando embarcacións primitivas, fai aproximadamente 6.000 anos. Pobo de pastores, agricultores ou comerciantes, pero sobre todo de artesáns da cerámica. Descubriron obsidiana, mineral de durísima roca volcánica vitrificada negra e relucente, que non é producida por todos os volcáns. A obsidiana foi a causante do extraordinario desenvolvemento da civilización neolítica no arquipélago, coa creación de aldeas e a intensificación dos intercambios comerciais marítimos. A partir da obsidiana obtíñanse ferramentas, raspadores, puntas de frecha e follas menos resistentes que o sílex, pero máis duras.

Atopouse grande abundancia de obsidiana de Lípari nos poboados neolíticos de Sicilia e da península italiana e ata nas costas de Francia meridional e en Dalmacia.

A pedra pómez era empregada sobre todo como pedra abrasiva sobre a cal limábanse as ferramentas e utensilios. Os grandes depósitos de pedra pómez das ladeiras do monte Pilato deron traballo a numerosas xeracións de liparotas.

A lava utilizouse para construír as primeiras vivendas: material sólido, poroso, perfecto para illar das tempestades, canículas, e para refuxiarse das choivas traídas polos ventos desérticos. Para os cimentos empregábanse os bloques de lava, as paredes construíanse con porosa pedra pómez, para o chan a toba. Para o teito usábase o chamado "astrico". E o termo "teito", tendo en conta que o seu uso é impropio, en realidade tratábase de socalcos, para a recollida da auga de choiva en cisternas subterráneas.

Os primeiros habitantes de Lípari establecéronse, segundo os achados, nos altiplanos do "Castellaro Vecchio". No IV milenio adC naceu o primeiro núcleo habitado, construído na roca do Castelo de Lípari. O comercio da obsidiana propiciou a expansión demográfica e urbanística, estendéndose o asentamento da Rocca ata planicie da rúa Diana.

A finais do III milenio adC, co inicio da Idade de Bronce, chegan a Lípari e ao resto das Eolias novos grupos étnicos debido aos regulares contactos que se estableceron cos micénicos. As illas foron frecuentadas por pobos micénicos de estirpe eólica, xa fortemente arraigados en Metaponto, para os cales as illas convertéronse nunha especie de postos vixías para o control das vías comerciais que atravesaban o estreito de Mesina. Precisamente deste pobo eólico tomaron as illas o nome que aínda hoxe conservan e a el fan referencia as lendas do mítico rei Eolo, señor dos ventos, citado na Odisea.

No curso do século XIII a.C. establecéronse nas illas, procedentes das costas de Campania, pobos ausonios cos cales relaciónase a lenda do rei Líparo da que tomou o seu nome a cidade. Despoboadas a finais do século X a.C. quizais por mor de rivalidades entre diversos pobos pola supremacía marítima do baixo Tirreno, as illas quedaron practicamente desertas durante algúns séculos.

Época grega (colonización)

editar

Durante a 50 Olimpíada (580 - 576 a.C.) Lípari foi colonizada por gregos de estirpe dórica, procedentes de Cnido e de Rodas, comandados polo heráclida Pentatlo, sobreviventes dunha infeliz tentativa de fundar unha colonia no lugar onde se acha a actual Marsala. Os novos colonos atopáronse, en primeiro lugar, ante a necesidade de defenderse das incursións dos Etruscos (Tirrenos). Precisamente por iso tiveron que armar unha poderosa frota, coa que obtiveron numerosas vitorias ante o inimigo e aseguráronse a supremacía no mar. Co botín conquistado erixiron, no santuario de Apolo, en Delfos, uns monumentos votivos (máis de corenta estatuas de bronce), de cuxos basamentos queda constancia.

Séculos V e IV a.C.

editar

Os barcos liparienses dominaban o baixo Tirreno e no ano 393 a.C. interceptaron un barco romano que levaba a Delfos unha gran vasilla que representaba a décima parte do botín da conquista de Veio. Pero o seu supremo maxistrado, Timasiteo fixo que o restituísen por tratarse dunha obra sacra dedicada ao deus Apolo, que os liparienses veneraban. No 427 adC, durante a primeira expedición ateniense a Sicilia, conducida por Laques, os liparienses estreitaron unha alianza cos siracusanos, quizais pola súa común orixe dórico. Sufriron ataques, como afirma Tucídides, por parte da frota ateniense e da rexión de Rexio, pero sen graves consecuencias.

Posteriormente, as illas foron escenario de enfrontamentos entre Roma e Cartago pola súa situación estratéxica. No 260 a.C., a vitoria romana na Batalla das illas Eolias sancionou o final da Primeira Guerra Púnica e a substitución do dominio marítimo cartaxinés do Mediterráneo polo romano. En 1544, as illas volveron ser o escenario de violentos enfrontamentos, esta vez entre España e os piratas arxelinos de Jeireddín Barbarroxa (apoiados por Francia e o Imperio Otomán). A guerra causou o despoboamento das illas, que deberon ser recolonizadas posteriormente desde Nápoles, Sicilia e España.

Na expedición cartaxinesa do 408 - 406 a.C. Lípari mantivo de novo relacións amigables con Siracusa. Por este motivo foi atacada polo xeneral cartaxinés Himilcón, quen, apropiándose da cidade, obrigou aos habitantes ao pago dunha indemnización de 30 talentos. Logo de marcharen os cartaxineses Lípari recobrou a súa independencia.

Durante a tiranía de Dionisio o Vello, Lípari permaneceu á beira de Siracusa e, posteriormente, ao de Tíndaro.

Finais do século IV e séculos III e II a.C.

editar

No ano 304 a.C., a illa foi atacada por Agatocles, quen impuxo á mesma un tributo de 50 talentos, perdido durante a travesía cara a Sicilia, por unha tempestade atribuída á cólera de Eolo. Seguidamente, Lípari caeu baixo o iugo cartaxinés, situación na que se atopaba cando estalou a primeira guerra púnica. Polos seus excelentes portos e pola súa posición de alto valor estratéxico, o arquipélago converteuse nunha das mellores bases navais cartaxinesas. No ano 262 a.C. o cónsul romano Cneo Cornelio Escipión, confiando en que podía apropiarse de Lípari con certa facilidade, quedou bloqueado por Aníbal, quen conseguiu capturalo a el e a toda a súa escuadra. No 258 a.C. Atilio Calatino cercaba a cidade ante posibles asedios. No 257 a.C. as augas das Eolias foron o escenario dunha cruenta batalla entre as frotas cartaxinesa e romana. Lípari foi conquistada polos romanos no ano 252 a.C. Arrasada con cruentas matanzas, perdeu xunto á independencia a prosperidade económica. Deu inicio entón un período de grave decadencia para a cidade.

Por outra banda, seguiu obtendo ingresos económicos substanciais da industria do alume, que probablemente se extraía na illa de Vulcano xa desde a idade de Bronce e do que Lípari tiña o monopolio no mundo antigo. Así mesmo, tamén eran moi frecuentadas as excelentes augas termais de Vulcano e de Lípari, que gozaron dun notable renome tamén na Roma imperial. Cicerón recorda a Lípari e fala dos atropelos que a mesma sufriu por parte de Verres.

Séculos I adc ata o século IV

editar

As illas Eolias tiveron unha grande importancia estratéxica durante a guerra civil entre Octaviano e Sexto Pompeio, quen fortificou Lípari. Foi conquistada no ano 36 a.C. por Agripa, almirante de Octaviano, que converteu a illa de Vulcano na base da súa frota para as operacións que precederon á batalla naval de Milazzo e para o sucesivo desembarco en Sicilia. Lípari sufriu tamén nesta ocasión novas devastacións e novos desastres.

Parece que posteriormente a illa de Lípari puido gozar do estado xurídico de municipium. Plinio definiuna como oppidum civium romanorum.

Non hai noticias relativas a todo o período imperial romano (séculos I-IV). Sabemos só que o emperador Caracalla, logo de facer que asasinasen a Plauciano, o seu sogro, desterrou á illa á muller deste, Plautila, e ao seu cuñado Plaucio, quen morreron no exilio.

Era cristiá ata a Idade Media

editar

Na era cristiá (quizais a partir do século IV), Lípari foi sede episcopal e polo menos desde o século VI eran veneradas na súa catedral as reliquias do San Bertomeu|apóstolo San Bertomeu]], as cales, segundo as tradicións que nos foron transmitidas por escritores bizantinos, chegaron milagrosamente desde Armenia.

Idade Media

editar

Nos séculos da alta Idade Media, Lípari foi meta de peregrinacións que acudían desde países próximos e afastados. Ao redor das illas Eolias, e en particular ao redor de Lípari e Vulcano, florece, na alta Idade Media, unha rica e variada colleita de tradicións. O cráter de Vulcano era considerado naquel tempo como a boca do inferno na que se queimaban as almas dos réprobos. É coñecida a lenda relatada por San Gregorio Magno que fala do eremita que, o mesmo día da morte de Teodorico, viu como a alma do rei godo era guindada ao cráter por man do Papa Xoán I e do patricio Simaco, que fora asasinado por ordes do primeiro.

Floreceron outras lendas ao redor da figuras do santo Bispo Agatón e do eremita San Calogero, que liberaba á illa dos diaños e facía que manasen as augas salubres que levaban o seu nome.

Na alta Idade Media produciuse un inesperado espertar (tras moitos decenios de quietude) da actividade volcánica na illa de Lípari. Foi entón cando se abriron os novos cráteres: o do monte Pelato, que fixo erupción de inmensas masas de pedra pómez, e o da Pirrera, máis próximo á cidade, que fixo erupción dunha coada de obsidiana.

No ano 839 Lípari foi destruída por unha incursión musulmá, que masacraron e deportaron en escravitude á poboación e profanaron as reliquias de San Bertomeu. Estas reliquias, píamente recollidas por uns anciáns monxes que escaparon á matanza, foron transportadas ao ano seguinte a Salerno, e desde alí a Benevento. Lípari quedou durante algúns séculos case totalmente deserta, ata a reconquista de Sicilia por parte dos normandos, que en 1083 instalaron alí ao abade Ambrosio cun núcleo de monxes beneditinos. Ao redor do mosteiro, do que aínda quedan ruínas á beira da catedral, volveu formarse un núcleo urbano.

En 1331 foi reconstruída a sede episcopal de Lípari unida á de Patti.

Roberto I de Nápoles, apropiouse de Lípari en 1340.

Séculos posteriores

editar

O 30 de xuño de 1544, unha frota de 180 embarcacións do Otomán baixo o mando dos corsario Hayreddin Barbarroxa ocupou Lípari e puxo asedio ao castelo. Os defensores rendéronse. Historicamente, dise que preto de 9.000 dos 10.000 cidadáns de Lípari foron capturados e escravizados aínda que un par de estudosos máis recentes cuestionaron este número argumentando a favor dunha poboación máis baixa na época de Barbarroxa.[2] Varios cidadáns foron rescatados en Messina e regresaron ás illas, pero a maioría dos capturados nunca regresaron. Só despois da traxedia as autoridades españolas dirixiron a súa atención a Lipari e repoboaron a cidade con familias sicilianas, calabresas e españolas. As murallas e as casas da cidade reconstruíronse e construíuse unha frota eólica que foi capaz de defender con éxito o Mar Tirreno dos otománs, e desde entón seguiu o destino de Sicilia e do reino de Nápoles

En 1693, o terremoto de 1693 destruíu todas as cidades do leste de Sicilia, causando preto de 60 000 mortos.[3] Despois de que a poboación invocase a protección de San Bertomeu durante as oracións na catedral, non houbo unha soa vítima nas Illas Eolias. As condicións económicas das illas melloraron moito durante o século XVII co progreso da agricultura (uva malvasias, alcaparras e unha variedade de froitas, verduras e pesca). Cos Borbóns chegou a introdución de prisioneiros criminais e políticos nas illas. En 1916, a colonia penal pechouse, pero o Réxime fascista intentou sen éxito reabrila en 1926. A poboación da illa reaccionou derribando os restos da ex-prisión do castelo. Porén, pouco despois, o castelo converteuse para albergar presos políticos antifascistas no exilio forzoso. Os liparios confraternizaron con estes exiliados ata a liberación dos Aliados. Despois da guerra, a mesma sala que acollera aos opositores ao fascismo converteuse no Museo Arqueolóxico Eólico.

Cara a finais do século XIX, as illas Eolias foron visitadas polo Arquiduque Ludwig Salvator de Austria, un amigo das illas e tamén un home cun profundo coñecemento do arquipélago. Entre os anos 1893–96 publicou unha obra de oito volumes sobre as Illas Eolias.

En agosto de 1888, o cráter chamado Fossa en Vulcano entrou en erupción e causou moitas mortes nas minas de xofre. As erupcións continuaron durante 19 meses.[4]

O día de Ano Novo de 1909, apareceu en xornais internacionais un rumor de que as illas Eolias foran "tragadas polo mar" durante unha época de actividade volcánica.[5] Mentres se interrompía a comunicación coas illas durante un tempo,[6] non se perderon doutro xeito.

Durante a segunda guerra mundial, todas as illas Eolias foron capturadas polos Aliados en agosto de 1943, durante a invasión de Sicilia.[7]

Os artistas modernos déronse conta da beleza salvaxe da rexión, e os documentalistas e cineastas describiron cas súas cámaras as Eolias, redescubríndoas ao mundo, pois ata a década de 1940 estas illas non foron coñecidas senón como cárcere para exiliados políticos.

Economía e turismo

editar
  • Cultívanse a oliveira e a vide así como a alcaparra, a amendoeira, a figueira.
  • Tamén posúe canteiras de pedra pómez.
  • E é un dos principais exportadores de marfil branco e de aceite de balea.

Na actualidade, as illas son Patrimonio da Humanidade declarado pola Unesco en decembro de 2000, pola riqueza dos seus ecosistemas e a beleza das súas paraxes, preservados nalgúns puntos e alterados por outros pola construción turística descontrolada.

O turismo devolveu a vida ás illas Eolias, que logo da praga de filoxera da vide coñeceron o éxodo de máis da metade das súas 20.000 habitantes durante a primeira metade do século X . Tan só a partir de 1970 o saldo migratorio comezou a ser favorable grazas aos empregos creados polo sector turístico.

Primeiro desembarcaron os vulcanólogos atraídos pola vitalidade de illas como Vulcano e Stromboli. Logo chegaron os veraneantes, aproveitando a conexión cos portos da península ou aínda a máis próxima Sicilia (Milazzo e Mesina). Os barcos cobren a travesía de noite e ofrecen como espectáculo final as luces do alba fronte ás illas. Aos rápidos aliscafos hidroplano sóbralles cun par de horas, á vez que une as illas entre si.

Galería

editar
  1. Mike Dixon-Kennedy (1998). Encyclopedia of Greco-Roman mythology. p. 15. ISBN 1-57607-094-8. 
  2. Joe Russo (1 de outubro de 2015). "Estimating the population of Lipari in 1544". Aeolian Genealogy. Consultado o 18 de novembro de 2017. 
  3. Rodríguez de la Torre, Fernando (1995). "Fontes españolas sobre o terremoto de Sicilia de 1693" (PDF). Annali di Geofisica 38 (5–6): 526. , Juan Francisco Pacheco y Téllez-Girón, 4º Duque Consorte de Uceda o Vicerrei de Sicilia español daquela informou "...e uns sesenta mil persoas morreron baixo as ruínas do terremoto" (4 de agosto de 1695)
  4. Museo Arqueolóxico Eólico. Lipari, Isole Eolie
  5. "Aeolian Islands Not Sunk" Atchison Daily Champion (1 de xaneiro de 1909): 1. a través de Newspapers.com
  6. "Illas Eolias illadas" Dakota Huronite (14 de xaneiro de 1909): 7. vía Newspapers.com
  7. "Foggia Blasted; Aeolian Isles Seized" Kingsport News (21 de agosto de 1943): 1. a través de Newspapers.com

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar