Vulcano era o deus romano do lume,[1] ademais de patrón dos oficios relacionados cos fornos na relixión da Antiga Roma.[2][3][4][5]

Vulcano
PaiXúpiter
NaiXuno
CónxuxeVenus
FillosCaeculus
editar datos en Wikidata ]

A dirección do seu culto correspondía ao Flamen Vulcanalis e a súa festividade era o 23 de agosto, data en que se celebraban os Vulcanalia.[6] O seu templo principal en Roma era o Volcanal, situado no Foro Romano.[7] Tamén foi particularmente relevante o seu culto na cidade de Ostia.[6]

Co tempo, Vulcano sufriu un proceso de identificación co deu grego Hefesto ata que, no período clásico, asimilou as súas características.[6] Por este motivo, a súa xenealoxía na tradición latina é complicada. Segundo as diferentes versións do mito, foi considerado pai de Céculo, Caco, Servio Tulio,[6] Xúpiter[8] e Perifetes; fillo de Xuno e de Xúpiter; e amante da escrava Ocresia e das deusas Maia,[9] Maiesta,[10] Fortuna e Feronia.[8][11]

Foi lanzado aos mares debido á vergoña da súa nai pola súa deformidade; porén, foi recollido por Tetis e Eurínome, fillos de Océano. Noutras versións, a súa fealdade era tal mesmo de bebé, que Xúpiter o lanzaría do monte Olimpo abaixo. A ese feito deberíase a súa deformidade, pois Vulcano era coxo.

A súa figura era representada como un ferreiro. Era quen forxaba os raios, atributo de Xúpiter. Este deus, o máis feo de todos, era o marido de Venus, a deusa da beleza e do amor, que lle era tremendamente infiel.

Ademais de forxar armas para heroes, Vulcano tamén preparou unha rede con que montou a cama onde Venus e Marte mantiñan unha relación adúltero. Deste xeito o deus ferreiro conseguiu demostrar a infidelidade da súa esposa, que non obstante foi perdoada por Xúpiter.

Notas editar

  1. Ramos Crespo, Juan María (1990). "Las Volcanalia: un dios debe ser aplacado.". Estudios Humanísticos. Filología. (12): 152. 
  2. Plauto. "§359". Aulularia. 
  3. Apuleyo. "§24, 2". Metamorfosis. Libro VI. 
  4. Vespa. Iudicium coci et pistoris iudice Vulcano. 
  5. "Jean-Frédéric Lespect, nota n.º 5 a su edición de Iudicium coci et pistoris iudice Vulcano" (en francés). Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Vulcano en la Enciclopedia Italiana". Treccani.it (en italiano). 1937. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  7. Plinio o Vello. "§236". Historia natural XVI. 
  8. 8,0 8,1 Mastrocinque, Attilio (1993). Romulo. La fondazione di Roma tra storia e leggenda. Este: Zielo Editore. 
  9. Gelio, Aulo. "§23, 2". Noches áticas. Libro XIII. cfr. Maiam Volcani. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2006. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  10. Macrobio. "Capítulo XII §18". Saturnales. Libro I. 
  11. "Inscripción VI, 00802 del Corpus Inscriptionum Latinarum". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ball Platner, Samuel (1929). A Topographical Dictionary of Ancient Rome. Londres: Oxford University Press. 
  • Capdeville, Gérard (1994). Volchanus. Rechérches comparatistes sur le culte de Vulcain (en francés). Roma. 
  • Carandini, Andrea (1997). La nascita di Roma. Torino: Einaudi. ISBN 88-06-14494-4. 
  • Champeaux, Jacqueline (1982). Fortuna dans la religion romaine archaïque (en francés). Roma: Ecole française de Rome. 
  • Cook, Arthur Bernard (1914-125). Zeus: a Study in Ancient Religion. Roma: École française de Rome. 
  • Dumézil, Georges (1989). Feste romane. Genova: Il Melangolo. ISBN 88-7018-091-3. 
  • Dumézil, Georges (1977). La religione romana arcaica. Milán: Rizzoli. ISBN 88-17-86637-7. 
  • Herbert Jennings, Rose (1995). "Vulcano". Dizionario di antichità classiche (Turín: San Paolo). ISBN 88-215-3024-8. 
  • Mastrocinque, Attilio (1993). Romulo. La fondazione di Roma tra storia e leggenda. Este: Zielo Editore. 
  • Meid, Wolfgang (1961). "Etr Velkhans - lat. Vulcanus". Indogermanische Forschungen (66). 
  • Pavolini, Carlo (1986). La vita quotidiana a Ostia. Roma-Bari: Laterza. ISBN 88-420-4817-8. 
  • Von Duhn, Friedrich (1924). Italische Gräberkunde. ed.Carl Winter's Universitätsbuchhandlung. 
  • Weiss, Klaus-Dieter (2003). Bothe, Richter, Teherani. Ed. Birkhauser Verlag. p. 15-16. ISBN 978-3-7643-6629-2.