Eurínome (filla de Océano)

A deusa da mitoloxía grega Eurínome pertence á primeira xeración de Titáns. O seu nome significa "amplo goberno". Era unha oceánide, filla de Océano e Tetis.

Modelo:BiografíaEurínome

Vaso de cerámica ática de figuras vermellas representando, entre outros personaxes, a Eurínome (a primeira pola esquerda) (c. 400 a. C., Museo de Belas Artes de Boston) Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOfíon Editar o valor en Wikidata
ParellaZeus Editar o valor en Wikidata
FillosEufrosina
 () Zeus
Cárites
 () Zeus
Aglaia
 () Zeus
Talía
 () Zeus
Asopo
 () OcéanoTetis Editar o valor en Wikidata
PaisOcéano Editar o valor en Wikidata  e Tetis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Descrición de Grecia, (sec:8.41.5) Editar o valor en Wikidata

Antes de que Cronos se fixera co poder do universo, Eurínome gobernaba no Olimpo xunto ó seu esposo Ofión. Pero como el gabábase de ser o creador do universo, Eurínome deulle unha patada na boca, arrincoulle os dentes e botouno a unha cova subterránea. Outra versión di que foron desprazados por Cronos e Rea cando aquel derrocou a Urano e que foron desterrados -ou refuxiáronse- ó fondo do mar; ou, segundo outras fontes, ó Tártaro.

Foron acollidos por Tetis, e Eurínome salvou a vida e coidou a Hefesto cando este foi botado do Olimpo por Zeus, a causa da súa fealdade (ou por Hera, a súa nai, avergoñada pola súa coxeira). Outra tradición di que Zeus botou a Hefesto do Olimpo por defender a Hera nunha discusión co deus.

Fillos con Zeus

editar

Uníndose a Zeus foi a nai das tres Cárites (ou Grazas), Aglaia, Eufrósine e Talía, e tamén -segundo algúns autores- do deus río Asopo.

[Zeus... enxendrou] "...de Eurínome, filla de Océano, as Cárites, Aglaia, Eufrósine e Talía".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 3, 1.)
"Eurínome, filla de Océano, de moi agradable aspecto, deulle [a Zeus] as tres Grazas, de fermosas meixelas, Aglaia, Eufrósine e a encantadora Talía".
(Hesíodo: Teogonía 907-910)
"O río Asopo era fillo de Océano e Tetis, ou de Pero e Poseidón, segundo di Acusilao, ou de Zeus e Eurínome, segundo outros" .
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 12, 6)

Eurínome tivo un templo en Figalia (Arcadia). Pausanias conta que a estatua da deusa tiña as pernas de peixe e o tronco e cabeza de muller.

"Uns doce estadios máis arriba de Figalia hai uns baños termais, e non lonxe destes o Límax vai dar ó Neda. No lugar onde conflúen as súas correntes hai un santuario de Eurínome, sagrado desde antigo e de difícil acceso pola aspereza do lugar... O pobo dos figaleos cre que Eurínome é un sobrenome de Ártemis. Os que herdaron antigas tradicións din que Eurínome é unha filla de Océano... Cada ano no mesmo día abren o santuario de Eurínome, pero o resto do tempo está establecido entre eles non abrir. Nesta ocasión fan sacrificios tanto públicos como privados. Non me foi posible chegar a tempo da festa, nin vin a imaxe de Eurínome, pero escoitei ós figaleos que estatua está atada con cadeas de ouro e que é unha figura de muller ata as coxas, e desde aquí un peixe. O peixe permitiría recoñecer nela á filla de Océano, que vive nas profundidades do mar xunto con Tetis. Pero é imposible con probabilidade rezoable que Ártemis teña tal figura".
(Pausanias: Geografía de Grecia VIII, 41, 4-6)

O mito pelasgo

editar
 
Ofión chocando o ovo de Eurínome (James Basire, 1774)

Robert Graves recolle así o mito pelasgo da creación [1] no que se refire a Eurínome:

Eurínome a Creadora alzouse núa do Caos e separou os mares do firmamento, sen atopar terra firme. Bailando sobre as ondas levantou o vento do norte e, dándose a volta, agarrouno e fretouno entre as mans, ata que apareceu a serpe Ofión. Seguiu bailando para quentarse, de forma salvaxe, e Ofión, excitado, enrodelouse nas súas pernas e copulou con ela, quedando preñada [2]. Tomando a forma dunha pomba puxo un ovo (o Ovo Universal). Ofión enrodelouse sete veces ó redor do ovo que, unha vez chocado, abriuse en dous e del foron xurdindo todo o que existe, os seus fillos: o sol, a lúa, os planetas, as estrelas, e a terra coas súas montañas e ríos, árbores e tódolos seres vivos [3].

O primeiro home foi Pelasgo, que naceu da Terra na Arcadia, e logo naceron máis. Eurínome ensinoulles a construír cabanas, a alimentarse de landras e a vestirse.

A deusa tamén creou as sete potencias planetarias, e encomendou o seu coidado a un titán e unha titánide: o Sol baixo o control de Tía e Hiperión; a Lúa, para Febe e Atlas; o planeta Marte, para Dione e Crío; Mercurio, para Metis e Ceo; Xúpiter, para Temis e Eurimedonte; Venus, para Tetis e Océano; e Saturno para Cronos e Rea.

  1. Termo usado por algúns escritores da antiga Grecia para denominar os pobos predecesores dos helenos como habitantes de Grecia, un termo comodín para calquera pobo antigo, primitivo e presumiblemente indíxena no mundo grego.
  2. Trátase do mito recollido por Plinio na súa Historia Natural de que as eguas quedaban preñadas ó tornar as grupas cara o vento.
  3. Pola contra, o mito homérico da creación afirma que "os deuses e todas as criaturas vivintes orixináronse na corrente de Océano, que envolve ó mundo, e que Tetis foi a nai de todos os seus fillos" (Robert Graves, px. 38).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar