Hiperión (mitoloxía)
Na mitoloxía grega, Hiperión (en grego antigo Ὑπερίων, que camiña nas alturas, ou que vai por riba) é un dos Titáns, fillo de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).
Hiperión (mitoloxía) | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Titán ![]() |
Venerado por | relixión da Grecia Antiga e mitoloxía grega ![]() |
Parte de
| |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Familia | |
Nai | Xea ![]() |
Pai | Urano ![]() |
Cónxuxe | Tía, Etra, Basilea e Eurifesa ![]() |
Irmá/n | Rea, Xapeto (mitoloxía), Cronos, Temis, Tía, Océano e Tetis ![]() |
Fillo/a | Helios, Eos, Selene e Aurora ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Mitoloxía
editarSegundo Hesíodo, casou coa súa irmá a titánide Tía (ou Tea) (tamén chamada Eurifaesa), coa que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Selene (a Lúa) e Eos (a Aurora):
"Tea, dominada polo amor de Hiperión, procreou o grande Helio, a brillante Selene e Eos, que lucen para tódolos que habitan na Terra e para os inmortais deuses que ocupan o ancho ceo".(Hesíodo: Teogonía 372-374)
Hiperión desenvolve un papel practicamente nulo nos cultos gregos e na súa mitoloxía, limitándose a aparecer na lista dos doce Titáns. Polo seu nome, o que vai por riba da Terra, foi identificado con Helios e, finalmente, con Apolo. Na Teogonía de Hesíodo e na Odisea de Homero, o sol recibe o nome de Hyperonides (fillo de Hiperión) [1]. Na literatura grega posterior, Hiperión sempre se distingue de Helios.
Non se conservou ningunha imaxe de Hiperion, pero no friso sur do altar de Pérgamo si que se representa a súa esposa, Tía, acompañada das figuras dos fillos Helios e Selene.
Notas
editar- ↑ "Circe, a filla do Hiperiónida Helios, unida amorosamente ó valoroso Odiseo..." (Hesíodo: Teogonía 112-113).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA