Na mitoloxía grega, Eos (do grego Ἠώς, ou Ἕως), "amencer", é unha dos titáns e a deusa da alborada, que sae cada mañá do seu fogar na beira do Océano para anunciar ó seu irmán Helios, o Sol.

Eos

AlcumeῬοδοδάκτυλος Editar o valor en Wikidata
Tipoprosopopea, divindade grega, deusa, Titán e deidade solar Editar o valor en Wikidata
Venerado porrelixión da Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Patrón demadrugada Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficosasafrán, carro de guerra, manto, rosa, tiara, Anacridium melanorhodon, Cicada e Grilo Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Residenciaceo Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiTía Editar o valor en Wikidata
PaiHiperión Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAstreu, Cephalus (en) Traducir e Titono (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParellaZeus, Céfalo (pt) Traducir, Cleitus (en) Traducir e Orión Editar o valor en Wikidata
Irmá/nHelios e Selene Editar o valor en Wikidata
Fillo/aBóreas, Céfiro, Noto (pt) Traducir, Héspero (pt) Traducir, Phaethon (en) Traducir, Eósforos (pt) Traducir, Apeliotes (pt) Traducir, Euro (pt) Traducir, Cécias (pt) Traducir, Lips (pt) Traducir, Siroco (pt) Traducir, Astreia (pt) Traducir, Pyroeis (en) Traducir, Phaenon (en) Traducir, Stilbon (pt) Traducir, Aoos (en) Traducir, Emathion (en) Traducir, Mêmnon (pt) Traducir e Argestes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Eos era filla de Hiperión e Tea e irmá de Helios e Selene (a Lúa), «que brilla sobre todos os que están na Terra e sobre os inmortais deuses que viven no amplo ceo», en verbas de Hesíodo (Teogonía 371-374).

A adoración da alborada como deusa foi herdada dos tempos indoeuropeos. O seu equivalente na mitoloxía romana era Aurora («Eos» é un conato do latín «Aurora» e do sánscrito (védico) Ushás ‘Aurora’,[1] sánscrito Uṣánas ‘estela da alba, Venus’),[2] e na mitoloxía etrusca Thesan. A alborada asociouse na relixión romana con Matuta, máis tarde coñecida como Mater Matuta e tamén asociada cos portos marítimos.

Tiña un templo no Foro Boario. O 11 de xuño celébrase a Matralia neste templo na honra de Mater Matuta.

  1. Cf. sànscrit उषस् ushás. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, pàg. 220, col. 1.
  2. Cf. sànscrit Uṣánas. Dins: Monier Monier-Williams: Sanskrit-English Dictionary. Clarendon Press, Oxford 1899, S. 219, col. 3