Na mitoloxía grega, Helios (en grego antigo Ἥλιος Hếlios, ‘sol’) é a personificación do Sol. O himno homérico identifícao como fillo dos titáns Hiperión e Tea (Hesíodo) ou Eurifaesa (himno homérico) e irmán das deusas Selene, a Lúa, e Eos, a alborada. Porén, Homero chámao a miúdo simplemente Titán ou Hiperión.[1]

Relevo troiano que representa a Helios nun tríglifo con métopa do templo de Atenea.

Helios era imaxinado como un fermoso deus coroado coa brillante auréola do sol, que conducía un carro polo ceo cada día ata o Océano que circundaba a terra e regresaba por este cara o leste pola noite. Homero describe o carro de Helios como tirado por touros solares. Posteriormente, os cabalos recibiron os nomes Flegonte (‘ardente’), Aetón (‘resplandecente’), Pirois (‘ígneo’) e Éoo (‘amencer’).

Co paso do tempo, Helios foi cada vez máis identificado co deus da luz, Apolo. O seu equivalente na mitoloxía romana era Sol.

NotasEditar

  1. Ovidio Metamorfoses 1.10