Métopa
Unha métopa (do grego, μετόπη, abertura)[1] é un elemento de composición da arquitectura grega clásica. Consiste nun panel cadrado ou rectangular de pedra, mármore ou cerámica. Forma parte do friso dórico, formado por unha sucesión alternante de métopas e tríglifos (estes con acanaladuras verticais). As métopas estaban lixeiramente rebaixadas respecto dos tríglifos.

OrixesEditar
As métopas e os tríglifos do friso dórico eran, orixinalmente, placas de terracota pintadas de xeito brillante que protexían o marco de madeira da humidade. Os templos fóronse construíndo gradualmente en mármore (nas Cícladas) ou en pedra calcaria agrisada (no Peloponeso), acadando así unha dimensión monumental. Nesta nova arquitectura, feita enteiramente en pedra, os elementos funcionais como as métopas e os tríglifos do friso dórico pasan a ter un valor puramente decorativo. Os tríglifos facíanse corresponder coas columnas, e as métopas cos intercolumnios, simulando ser, respectivamente, o extremo das trabes de madeira e o espazo baleiro que quedaba entre as trabes.[2]
A diferenza do aspecto abrancuxad do mármore branco producido pola erosión do tempo,os templos gregos estaban pintados. A decoración canónica consistía en pintas as liñas horizontais en vermello, as verticasi en azul ou negro eos tambores das columnas permanecían claros.
EvoluciónEditar
Na época arcaica as métopas adoitaban ser lisas. Na época clásica incorpórase ás métopas decoración a base de relevos policromados, ou pinturas. Os seus temas eran variados e caracterizáronse polo feito de relatar sucesos históricos ou mitolóxicos. A súa función era, sobre todo, decorativa.
Na arquitectura romana clásica, as métopas adoitan estar decoradas con bucranios[3], rosas ou pratos. Posteriormente, na arquitectura románica, os tríglifos serán substituídos polos canzorros ou modillóns, e as métopas constituirán o intervalo entre aqueles, lisas ou decoradas con relevos, conformando un friso similar ó do estilo clásico grego.
Os estilos renacentista e, por suposto, o neoclasicista utilizarán adoito estes elementos decorativos.
NotasEditar
- ↑ Lajo (1990), p. 133
- ↑ Denigot, Gwen-Haël (febreiro 2007). "Le temple : un édifice où le temps s'arrête". Les Cahiers de Science et vie (Excelsior publications) (97): 52–55. ISSN 2266-2324.
- ↑ RAG: "Escultura que representa o cranio dun boi adornado con grilandas, utilizado na ornamentación de frisos, altares etc., na arquitectura clásica".
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Métopa |
BibliografíaEditar
- Alegre Carvajal, E. e outros: La materia del arte. Técnicas y medios. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid 2016.
- Glosario ilustrado de arte arquitecónico] [consultado o 27.01.2021] (en castelán)
- Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0924-5.