Mitoloxía grega
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A mitoloxía grega comprende a colección de lendas sobre deuses gregos e heroes antigos, orixinariamente creada e difundida dentro da tradición oral e poética desta antiga civilización do Mediterráneo oriental. As fontes superviventes da mitoloxía grega son transcricións destas narracións faladas, ou ben revisións literarias posteriores. Aínda que os gregos non practicaban a relixión, coñecían estas historias que formaban parte do seu acervo cultural.
HistoriaEditar
Nas diversas lendas, historias e himnos, os deuses da Grecia antiga son case todos descritos como humanos en aparencia, aínda que non envellecen, son case inmunes a todas as feridas e enfermidades e capaces de tornarse invisibles, viaxar grandes distancias case instantaneamente e falar a través dos seres humanos con ou sen o seu coñecemento. Cada deidade tiña a súa aparencia específica, xenealoxía, intereses, personalidade e área de especialidade. Porén, estas descricións sufrían variacións locais que non sempre concordaban coas empregadas noutras partes do mundo helénico da época. Cando se aludía a eles na poesía ou na oración, facíase mediante unha combinación do seu nome e epítetos, servindo estes para identificalos polas devanditas distincións do resto dos deuses.
Nas lendas, estes seres son descritos coma unha longa familia multixeracional. Os seus membros máis vellos crearon o mundo tal e como o coñecemos. Os deuses da xeración máis recente (e relevante) para a antiga relixión grega aparecéranse en persoa aos gregos, segundo se describe nos poemas épicos durante a "idade dos heroes", o que se entende como unha referencia á arcaica idade escura (sobre 1200 a 800 a.C.) que precedeu á civilización clásica grega. Proporcionaron aos belicosos antepasados un número limitado de milagres, ensinándolles unha selección de habilidades útiles ademais dos métodos de adoración aos deuses, premiaron a virtude e castigaron o vicio, e enxendraron fillos con humanos. Estes nenos metade humanos metade deuses son coñecidos como "os heroes", e ata o establecemento da democracia os seus descendentes reclamaban o dereito a gobernar sobre a base da súa divina ascendencia e presunta habilidade divinamente herdada de gobernar ben.
Os deuses do panteón grego adoptaban figuras humanas e personificaban as forzas do Universo. Igual que os homes, os deuses helenos eran impredecibles e por iso unhas veces tiñan un sentido estrito da xustiza e outras eran crueis e vingativos. O seu favor alcanzábase por medio dos sacrificios e da piedade, pero estes procedementos non eran sempre efectivos posto que os deuses eran moi volubles.
A mitoloxía grega comparte unha estreita similitude coa romana, canto ao nome de varios deuses e personaxes de importancia. Tamén se relacionan no aspecto mitolóxico da relixión: crenzas, tradicións e todo o ligado ou referente a mitoloxía.
A natureza da mitoloxía gregaEditar
Aínda que todas as culturas teñen as súas propias mitoloxías, o devandito termo é de cuñaxe grega grega e tiña un significado especializado dentro da súa cultura.
O termo grego mythologia compúñase de dúas palabras mythos, un discurso ritualizado e logos, un argumento ou historia convincente e ordenada.
Orixinalmente, entón, a mitoloxía é unha tentativa de traer sentido ás narrativas estilizadas que os gregos recitaban en festivais, borboriñaban en locais sagrados e espallaban en banquetes de aristócratas.
Visión xeralEditar
O espectro da mitoloxía grega é enorme. Abrangue desde os crimes máis crueis dos primeiros deuses e as sanguentas guerras de Troia e Tebas, á infancia de Hermes e o sufrimento de Demetrio por Perséfone.
Do mesmo xeito que os seus veciños, os gregos acreditaban un panteón de deuses e deusas que se asociaban a aspectos específicos da vida. Afrodita, por exemplo, era a deusa do amor, mentres que Ares era o deus da guerra e Hades o dos mortos.
Algunhas deidades como Apolo e Dioniso revelaban personalidades complexas e unha variedade de funcións, en canto outros como Estia (literalmente "lar") e Helios ("sol") eran pouco máis que personificacións. Existían tamén deidades de lugares específicos, como deuses de ríos e ninfas de nacentes e cavernas. Tumbas de herois e heroínas locais eran igualmente veneradas.
A pesar de que centenas de seres puideran ser considerados deuses ou herois, algúns non representaban máis que folclore ou eran honrados soamente en lugares (Trophonius) e/ou festivais específicos (Adonis).
Rituais de maior abranxencia e os grandes templos eran dedicados, na súa maioría, a un selecto círculo de deuses, notadamente os doce do Olimpo, Heracles e Asclepio. Estas deidades eran o foco central dos cultos pan-Helenicos.
Moitas rexións e vilas tiñan os seus propios cultos ás ninfas, deuses menores ou aínda a herois e heroínas descoñecidos noutros lugares. A maioría das cidades adoraban os deuses maiores con rituais peculiares e tiñan para estes lendas igualmente propias.
A mitoloxía na literatura clásica gregaEditar
A mitoloxía foi unha fonte básica de inspiración para os autores gregos, desde Homero na épica coa Odisea e a Ilíada ata as grandes Traxedias gregas, con Sófocles e Eurípides. Dentro desta influencia da mitoloxía na literatura destacan a saga troiana (Aquiles, Ulises, Heitor, Paris, Helena, Agamenón, Menelao, Ifixenia...) e a saga tebana (Edipo, Iocasta, Antígona...)
Xenealoxía dos deuses gregos segundo HerodotoEditar
Caos o baleiro | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tártaro o Abismo | Xea a Terra | Eros o Desexo[1] | Érebo as Tebrass | Nix a Noite | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Moro a Condena | Oniros os Ensoños | Némesis a Vinganza | Momo a Culpa | Filotes o Afecto | Geras a Vellez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tifón a Tempestade | Urano o Ceo | Ourea as Montañas | Ponto o Mar | Éter o Firmamento | Hemera o Día | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tánato a Morte | Hipnos o Soño | Eris a Discordia | Apate a Falsedade | Ezis a Angustia | Moiras & Keres | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Erinias | Xigantes (mitoloxía grega) | Melíades | Afrodita[2] | Hecatónquiros | Titanes | Ciclopes | Equidna | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Océano | Tetis | Hiperión | Tea | Ceo | Febe | Crono | Rea | Temis | Mnemósine | Crío | Xápeto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Oceánides | Clímene | Helios | Eos | Asteria | Deméter | Hestia | Hera | Prometeo | Epimeteo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ínaco | Melia | Helíades | Selene | Leto | Hades | Poseidón | Zeus | Musas | Atlas | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ío | Pléione | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Apolo | Artemisa | Perséfone | Atenea | Hebe | Hefesto[3] | Ares | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Híades | Hespérides | Pléyades | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Épafo | Enio | Ilitía | Dione | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dríope | Maia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcmena | Sémele | Hermes | Afrodita[2] | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Heracles | Dioniso | Pan | Tique | Rodo | Peito | Eunomia | Hermafrodito | Eros[1] | Harmonía | Deimos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anteros | Himero | Fobos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Orixe conflictivo. A Eros xeralmente menciónase como o fillo de Afrodita e Ares, pero aa Teogonía de Hesíodo ubicao como un dos seres primordiais, nado do vacío (Caos).
- ↑ 2,0 2,1 Existen dúas fontes principais contradictorias que afrontan a orixe de Afrodita: Hesíodo (Teogonía) afirma que "nace" da escuma do mar despois de que Crono castrou a Urano, o que implicaría que é filla de Urano; pero Homero (Ilíada, libro V) ten a Afrodita como filla de Zeus e Dione. Segundo Platón (O banquete 180e), ambas foron completamente diferentes: Afrodita Urania e Afrodita Pandemos.
- ↑ Segundo Homero, nunha versión sustentada ademais por pinturas de vaselas áticas, Hefesto foi o fillo de Zeus e Hera. Pero na Teogonía de Hesíodo 924ff, Hera dalle vida asexualmente, para vingarse de Zeus e o nacemento asexual de Atenea. Varios textos serodios tamén atestiguan isto, a saber. Biblioteca mitolóxica i. 3.5; Higino, Prefacio das Fábulas.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mitoloxía grega |
Ligazóns externasEditar
- Greek Mythology Link de Carlos Parada (en inglés)
- Theoi Project, unha guía do antigo panteón grego (en inglés)
- Encyclopedia Mythica (en inglés)
- Rea - Mitoloxía grega
- Perseus Digital Library, colección de textos completos de fontes clásicas e comentarios sobre literatura, filosofía e historia gregas, romanas e modernas (en inglés)