Sófocles
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Sófocles (en grego Σοφοκλής, Sophoklēs, pronunciación grega clásica: [so.pʰo.klɛ̂ːs]), nado en Colono, Atenas (Grecia) no 496 a.C e finado na mesma cidade no 406 a.C., foi un poeta tráxico da Antiga Grecia, autor de obras como Antígona ou Edipo rei. Sitúase, xunto con Esquilo e Eurípides, entre as figuras máis destacadas da traxedia grega. De toda a súa produción literaria só se conservan sete traxedias completas, que son de importancia capital para o xénero.
Sófocles | |
---|---|
![]() Molde dun busto da colección Farnese (agora en Nápoles) no Museo Pushkin. | |
Nacemento | c. 496 a. C. |
Lugar de nacemento | Colonus |
Falecemento | 406 a. C. |
Lugar de falecemento | Atene |
Nacionalidade | Antiga Atenas |
Ocupación | escritor de traxedia, dramaturgo e escritor |
Fillos | Iophon e Ariston |
Período | Antiga Grecia |
Movemento | traxedia grega |
Xéneros | poesía |
Coñecido por | Edipo Rei, Edipo en Colono, Antígona, Filoctetes, Aiax, Electra, As Traquinias e Perseguindo Sátiros |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo dun rico armeiro chamado Sófilo, aos dezaseis anos foi elixido director do coro de rapaces para celebrar a vitoria de Salamina. No -468. deuse a coñecer como autor tráxico ao vencer a Esquilo no concurso teatral que se celebraba anualmente en Atenas durante as festas Dionisias, concurso no que o dominador nos anos precedentes fora Esquilo.
Comezou así unha carreira literaria sen parangón: Sófocles chegou a escribir ata 123 traxedias para os festivais, nos que se adxudicou, estímase, 24 vitorias, fronte ás 13 que lograra Esquilo. Converteuse nunha figura importante en Atenas, e a súa longa vida coincidiu co momento de máximo esplendor da cidade.
Amigo de Herodoto e Pericles, non mostrou demasiado interese pola política, a pesar do cal foi elixido dúas veces estratego e participou na expedición ateniense contra Samos (-440), acontecemento que recolle Plutarco nas súas Vidas paralelas.
A súa morte coincidiu coa guerra con Esparta que iría significar o principio do fin do dominio ateniense, e dise que o exército atacante concertou unha tregua para que se puidesen celebrar debidamente os seus funerais.
Da súa enorme produción, con todo, consérvanse actualmente, á parte dalgúns fragmentos, tan só sete traxedias completas: Antígona, Edipo rei, Áiax, As Traquinias, Filoctetes, Edipo en Colono e Electra.
A Sófocles débense a introdución dun terceiro actor na escena, o que daba maior xogo ao diálogo, e o feito de dotar de complexidade psicolóxica ao heroe da obra. En Antígona opón dúas leis: a da cidade e a do sangue; Antígona quere dar sepultura ao seu irmán morto, que se levantou contra a cidade, fronte da oposición do tirano (esa é a palabra grega pero é equivalente a rei, nunca despectivamente) Creonte, quen ao negarlle sepultura pretende dar exemplo á cidade. A tensión do enfrontamento mantén sempre a complexidade e o equilibrio, e o destino tráxico abátese sobre os dous, pois tamén a ambos corresponde a «hybris», pecado de soberbia (orgullo excesivo).
Edipo rei é a máis soada das súas traxedias, e así Aristóteles considerábaa na súa Poética como a máis representativa e perfecta das traxedias gregas, aquela en que o mecanismo catártico final alcanza o seu mellor clímax.
Tamén é unha inmellorable mostra da chamada ironía tráxica, pola que as expresións dos protagonistas adquiren un sentido distinto do que eles pretenden; así sucede con Edipo, empeñado en achar o culpable da súa desgraza e a da súa cidade, e abocado a descubrir que este culpable é el mesmo, por transgredir, outra vez, a lei da natureza e do sangue ao matar o seu pai e xacer coa súa nai, aínda ao seu pesar.
O enfrontamento entre a lei humana e a lei natural é central na obra de Sófocles, da que probablemente sexa verdade afirmar que representa a máis equilibrada formulación dos conflitos culturais de fondo aos que daba saída a traxedia grega.
Análise literaria Editar
O teatro de Sófocles como forma literaria Editar
Do punto de vista formal, pódese dicir que unha traxedia sofoclea estándar presenta a seguinte estrutura: un prólogo, que nos proporciona por medio dunha tirada relativamente curta de versos recitados (frecuentemente en trímetros iámbicos) os precedentes do argumento da obra; a párodo ou momento en que o coro fai a súa entrada, bailando e cantando, á que seguen os diversos episodios recitados a cargo dos actores. No transcurso dos sucesivos episodios os actores fan progresar a acción dramática. Intercalados entre un episodio e outro sucédense diversas intervencións do coro, os estásimos, nos que o conxunto do coro ocupa o seu correspondente lugar na orquestra bailando sobre o propio terreo e cantando un tipo de composición lírica de métrica recargada. Os intervalos entre episodios e estásimos permiten solucionar de pasada o problema técnico do cambio de vestiario dos diversos actores. Estas partes corais ou líricas chamadas estásimos adoitan presentar a forma de responsión estrófica, é dicir, normalmente comézase cunha estrofa, á que segue a súa antístrofa ou segundo canto (cuxo esquema métrico, número de versos etc., correspóndese estritamente coa estrofa) e ambas as unidades adoitan pecharse cun refrán chamado epodo. Exposto así a formulación da obra, esta péchase coa despedida do coro, que abandona tamén maxestosamente a escena cantando o chamado éxodo.
Esta arquitectura artística vese loxicamente enriquecida coa existencia doutras subunidades menores que contribúen a facer do conxunto unha obra de literario refinamento. Por medio delas, o poeta contrapón ideas, argumentos, caracteres ou situacións do xeito máis artístico. Estes son os conceptos de agón ou enfrontamento entre personaxes que defenden ben un punto de vista ben o seu contrario, a diálogos entrecortados e moi vivos como as esticomitías, onde a cada personaxe corresponde o emprego dun verso alternativo, que ás veces se resolven en interrupcións verbais (antilabái), a resis ou tirada de versos recitados a cargo dun personaxe, amebeos (diálogo lírico entre un actor e algún membro do coro) etc.
Elementos conceptuais Editar
Tematicamente, o teatro de Sófocles recorre ao antigo mito das sagas heroicas, tal como reflexo da tradicional vinculación entre o teatro e as súas orixes relixiosas. De feito, do total de 32 traxedias conservadas datadas no século -V, nada menos que 24 se centran en catro grandes sagas de personaxes mitolóxicos (a Troiana, a de Tebas, a de Micenas e a de Heracles). Parece que nestas sagas mitolóxicas se concentran de xeito simbólico, mediante translacións metafóricas máis ou menos conscientes, os principais arquetipos do comportamento humano. É probable, que na época de Sófocles os núcleos míticos tradicionais xa acadasen un grao notable de complexidade: por exemplo, na saga de Edipo poden estar superpostos ou entrelazados diversos elementos míticos: o neno que é exposto no monte (representación metafórica da criatura de orixe divina); o éxito e a ruína de Edipo (translación do ciclo do crecemento e morte da natureza); ou o conflito entre Edipo e Laio, que non sería o tema do «conflito de xeracións». En calquera caso pódese chegar a pensar que os antigos dramaturgos, sobre todo no caso de Sófocles, se decataron de que os mitos posuían unha forza especial que os facía singularmente aptos para lles dar un tratamento poético e dramático.
Doutro lado, o mito posúe unha rica versatilidade que facilita múltiples xeitos de aproximación. De feito, o propio Sófocles dálle un tratamento persoal e ás veces libre. Un exemplo diso é a comparación entre o Filoctetes da súa obra homónima e o outro Filoctetes da Pequena Ilíada, ademais doutros personaxes como o papel que outorga a Crisótemis da súa traxedia Electra, a Ismene na súa Antígona ou ao propio Neoptólemo no seu Filoctetes.
Outros aspecto importante é o que se refire ao papel dos oráculos e a presenza dos deuses nos seus dramas. Así en Ayante, aínda que propiamente non existe un oráculo, o divino CalcanteAyante, vv. 755-760 vaticina que o heroe é xoguete da ira e da burla divina.
Dado que xa só por este día o perseguiría a cólera da divina Atenea, segundo dicía nas súas palabras o adiviño
Pola súa banda, n´As Traquinias o oráculo predicir a desgraza de Heracles:
Sabes, entón, fillo, que me deixou uns vaticinios dignos de crédito con respecto a esa cidade
E máis adiante reitérao a mesma Deianiravv. 169-172:
Tales cousas dicía, que estaba decretado polos deuses que porían fin aos traballos de Heracles, segundo contaba que a vella aciñeira que hai en Dodona anunciara un día pola boca das súas pombas
Á súa vez en Antígona os avisos de Tiresias a Creonte reflicten a desaprobación divina da súa conduta. Afirma Tiresias:
Saberalo cando oias os sinais da miña arte
De calquera modo, nesta peza hai dous oráculos: o que se dá no prólogo vv. 87-95 e o que coñece Edipo sendo novo segundo o que será asasino do seu pai e marido da súa nai, de acordo co relato de Iocastav. 711 e ss.:
Chegou un día un oráculo a Laio -non direi que proveniente do mesmo Febo, senón dos seus servidores-, que consiste en que a el o alcanzaría o destino de morrer ás mans dun fillo que iría nacer de min e del
Á súa vez, en Electra os oráculos non serven máis que para reafirmar o forte carácter e a decidida vontade da protagonista. Pola súa banda, en Filoctetes non hai propiamente oráculos, senón máis ben unha profecía varias veces retomada, segundo a cal a cidade de Troia non caería en poder dos gregos sen o concurso de Filoctetes e/ou o seu arco. Finalmente, en Edipo en Colono o oráculo que se anuncia vv. 87-95 é logo retomado varias veces:
Foi Febo quen ao vaticinarme todas aquelas desgrazas anuncioume que chegaría este repouso ao cabo de moito tempo, ... e vaticinoume tamén que nese lugar alcanzaría o infausto final da miña vida...
En xeral, pódese observar que o papel dos oráculos representa en Sófocles, máis que unha forza que se sobrepoña á figura do heroe, un poder que require e necesita o propio carácter e personalidade do protagonista, ou sexa, segundo Guzmán Guerra, que "o oráculo non induce o personaxe a actuar, senón que é a propia compulsión do heroe á acción a que dá pleno sentido á execución do oráculo emanado da divindade"Introdución ao teatro grego, Antonio Guzmán Guerra, Alianza Editorial, Madrid, 2005.. Respecto da credibilidade que Sófocles outorga aos oráculos pódese dicir que é moi probable que, como tantas persoas relixiosas da súa época, lle dese credibilidade, aínda que o verdadeiramente importante é que a presenza de oráculos nas súas obras é debida a razóns literarias e dramáticas. Non falta a crítica aos oráculos nos oráculos sofocleos. Así, tres veces fala Edipo en Edipo rei contra a validez dos oráculosvv. 707-725, 857-858 e 952-953
Caracteres dramáticos Editar
É un tópico entre os estudosos da obra de Sófocles afirmar que en boa medida o seu teatro é un teatro de caracteres. De feito, o título de todas as traxedias conservadas (salvo As Traquinias) corresponde co dos protagonistas correspondentes. Cada unha destas figuras emerxe como un auténtico coloso e arquetipo humano.
No Edipo rei, a figura de Edipo é verdadeiramente singular. Encarna o problema da autoidentificación, que se expón nos termos dicotómicos do parecer/ser. Edipo desexa coñecer a verdade, custe o que custe, e na súa procura da verdade toparase con tres personaxes da súa contorna palaciana: Yocasta, a súa nai e esposa; Creonte, o seu cuñado, e o adiviño Tiresias. Diante de Iocasta, Edipo autoproclámase Edipo rei, v. 1080 con, talvez, a mellor definición que ao longo do tempo coñeceu o noso personaxe: «Fillo da Fortuna». Diante o adiviño, Edipo móstrase confiado e autosuficiente, xa que pola súa propia intelixencia foi capaz de adiviñar o enigma da esfinxe, e seguidamente promete diante dos seus súbditos, sen outro concurso que a súa mesma intelixencia, librar a súa cidade da peste que a arrasa. As relacións de Edipo e o cego adiviño Tiresias son ao principio de respecto, aínda que aos poucos se van cargando de desconfianza e de mutuo receo, para concluír nunha aberta acusación: a ollos de Edipo o adiviño cego Tiresias foi cómplice do crime:[1]
Decátate de que ao meu xuízo participsta realmente na formulación da empresa, e cometíchela, só que non o mataches coas túas mans. E se puideses ver, eu diría ata que a devandita empresa foi só obra túa.
Sófocles forza o enfrontamento entre os dous personaxes cada vez máis, ata o punto de que Tiresias chega a dicir a Edipo vv. 412-414:
E dígoche, posto que agora me aldraxaches de ser cego, que ti tes e non ves en que punde desgraza estás, nin onde habitas, nin con quen convives
Con todo, a pasaxe que mellor representa a forza dramática do enfrontamento entre ambos os caracteres atópase nos versos 449 e ss.:
E dígoche: ese home que andas buscando hai tempo con ameazas e ao que consideras asasino de Laio, ese tal está aquí, formalmente co estranxeiro, pero logo verase que é de estirpe tebana, e non se alegrará do que lle suceda porque quedará cego sendo antes vidente e pobre en lugar de rico e camiñará sobre terra estranxeira tenteando o camiño coa súa vara. E parecerá sendo ao mesmo tempo dos seus propios fillos irmán e pai. E da muller da que naceu ao mesmo tempo fillo e marido, e do seu pai, ao mesmo tempo amante da mesma muller e o seu asasino. E agora vai e reflexiona sobre todo isto. E se me pillas en mentira, di entón que nada sei da arte adivinatoria
Tamén a moza Electra é outro dos caracteres de Sófocles moi ben perfilado. A súa vida carece de sentido desde que o seu pai caera asasinado pola súa nai, e sobre todo porque día a día vai comprobando que a súa única esperanza (o regreso de Orestes) desvanece aos poucos. Así o di ela mesma nos versos 183 e ss.:
Pero a min xa se me foi, sen esperanzas, a maior parte da miña vida e non aguanto máis; sen fillos consúmome e sen ningún home que co seu agarimo me protexa, senón que coma se fose unha refuxiada indigna administro a casa do meu pai. E así, cun vestido impropio, vago entre unhas mesas para min baleiras
Pero o trazo que mellor define o verdadeiro carácter da nosa protagonista é a súa sede de vinganza, similar ao sentimento da honra que posúe Aiante ou á lealdade á súa familia de Antígona. A mesma Electra o manifesta nos versos 205-212:
Viu meu pai a súa morte avergoñante polas mesmas dúas mans que se apropiaron traizoeiramente da miña vida, as mesmas que me arruinaron. Oxalá que a eses o gran deus Olímpico en pagamento penas padecer procure, e que non consigan gozar do triunfo tras cometer tal crime!
Unha das escenas máis famosas é a da anagnórese ou escena de recoñecemento en que, por fin, ambos os irmáns se recoñecen tras o doloroso momento irónico en que o pedagogo narra o falso relato da morte de Orestes nunha carreira de carrosElectra, vvv. 757-763:
Tras incineralo nunha pira, uns cidadáns de Focea designados para este fin traen nunha reducida urna de bronce o supremo corpo feito triste cinza, coa idea de que obteña unha tumba na terra dos seus antergos
Á súa vez, Áiax/Aiante é o mellor dos heroes que acudiron a Troia, logo de Aquiles, certamente, aínda que enlouquece ofuscado por Atenea. Sófocles dános o seu perfil nos seguintes versosÁiax, vv. 364-368:
Ves ao intrépido, ao de valente corazón, ao que en destrutores combates non tremeu xamais? A min, terrible polas miñas mans, entre animais que non producen temor? Ai de min, motivo de mofa! como fun aldraxado! E agora, que debo facer? Eu que son claramente aborrecible aos deuses, ao que o exército dos helenos odia, e Troia enteira, así como estas chairas, detestan... O nobre debe vivir con honra ou con honra morrer. Xa oíches todo o que teño que dicir
Pola súa banda, o Heracles da obra As Traquinias é un personaxe que aparece contraposto ao da súa esposa. Mentres Deyanira móstrase como permanente namorada e admiradora do seu marido, Heracles parece non quererse máis que a si mesmo e as súas fazañas. Doutro lado, Deyanira é unha persoa tímida e medorentaAs Traquinias, vv. 28-29:
sen cesar, medo tras medo alimento en constante preocupación por el,
dependente sempre de Heracles, a quen considera o mellor dos maridos posiblecf. As Traquinias, vv. 83-85 e 141-177. Hai tempo o centauro Neso deulle o seu propio sangue como infalible elixir para o día en que o amor do seu marido fraquease. Entendendo Deyanira que chegou o momento de recuperar o afecto de Heracles, envíalle a modo de agasallo unha túnica empapada co sangue do centauro. Desde a súa mellor vontade, Deyanira provoca a morte involuntaria do seu querido esposo. A personalidade de Heracles, pola contra, é ben distinta. A súa vida foi unha continua aventura de esforzos e viaxesAs Traquinias, vv. 31-55; doutra parte, trátase dun heroe, pois a súa ascendencia é divina en canto que fillo do propio Zeus, aínda que outros trazos do seu carácter son menos positivos: é pendenciero, violento, bébedo e larpeiro, raiando no grotesco.
Finalmente, FiloctetesFiloctetes, vv. 314-316 é un personaxe elexíaco, aldraxado polos gregos e, en especial, polo astuto Ulises:
Isto é o que fixeron comigo, fillo, os Atridas e o influente Odiseo; oxalá que os deuses do Olimpo os premien con penar penas parellas ás miñas
Os diversos protagonistas do teatro de Sófocles son seres doentes, que por veces non teñen culpa do que lles acontece, senón que sofren polo simple feito de seren humanos; o heroe enfróntase co seu destino, xa preestablecido, e vese na compulsión de ter que actuar. Pero en Sófocles a dor ennobrece, e sobre todo insignia. Só se aprende sufrindo (????? ?????, páthei máthos). É máis, este sufrimento do protagonista hao de vivir en soidade, é unha dor non compartida, fronte do que nada pode valer o consolo do amigo nin a comprensión da familia. É, en suma, unha dor intransferible; o heroe cae en desgraza individual (monoúmenos), non colectiva (como é frecuente en Esquilo). Novo trazo do teatro sofocleo. Díxose -entre outros Lasso de la Vega- que a dor do heroe sofocleo é unha dor «sen saída». Non se trata dun sufrimento con expectativas nin esperanzas de liberación, como o pode ser o sentimento doloroso dun cristián. O campo léxico que Sófocles utiliza para expresar este sentimento é riquísimo e de múltiplos matices. Desta dor sen escapatoria e sen transitividade deriva esoutro sentimento tan do heroe sofocleo como é a súa soidade. Ayante morre en soidade ao facérselle insoportable o menoscabo da súa honra: en soidade acaba a súa existencia, nunha soidade paradigmática; Edipo quedará na máis absoluta soidade no decisivo momento de recoñecer a súa identidade; Electra sofre soa días e noites esperando por seu irmán; morre só Heracles, e só é abandonado nunha illa deserta malvive a súa dor o desgraciado e robinsoniano Filoctetes. Finalmente, só desaparece Edipo en Edipo en Colono (obra posta en escena postumamente no 401 polo neto do autor, Sófocles o Mozo).
Un exemplo desa soidade encárnase en Filoctetes neste fragmentoFiloctetes:
Raparigo, fillo de Aquiles, eu son aquel de quen talvez oias dicir que é o dono das armas de Heracles, Filoctetes o fillo de Peante, a quen os dous xefes do exército grego e o rei dos cefalonios Ulises deixaron aquí abandonado e só, de xeito vergonzoso, afectado de salvaxe doenza, mordido pola sanguenta ferida dunha víbora matadora de homes. Meu fillo, aquí deixáronme só co meu mal e marcharon tras recalar neste lugar coa frota das naves que partiu da mariña Crisa. Axiña que como viron que logo dun temporal quedei durmido xunto á beira nunha cova abovedada, ben contentos que marcharon e me abandonaron, deixándome tan só uns tristes farrapos e tamén algo de alimento, coma se fose un esmoleiro. Subsistencia mínima que oxalá sexa a que eles gocen! Xa imaxinas, fillo meu, cal foi o meu espertar do soño unha vez que aqueles xa marcharon? Cantas bágoas derramei, canto lamentei a miña desgraza!
A ironía tráxica: o conflito entre realidade e aparencia Editar
O termo «resulta» difícil de definir, pero unha posibilidade é dicir dela que é aquela situación do discurso na que o sentido literal das palabras do que fala posúen para el un significado distinto, e case contrario, do sentido con que o entende o seu interlocutor ou o seu auditorio. A ironía verbal está próxima ao paradoxo fáctica.
No teatro de Sófocles atópase tanto a primeira como a segunda, e de feito a Sófocles considéraselle o auténtico mestre da ironía tráxica, pola que o home que parece alcanzar o cume da súa fama se precipita de inmediato nas máis míseras desgrazas físicas ou morais. Así, pódese considerar como o colmo do irónico/paradoxal que Edipo, que desde a súa honestidade intelectual parece vivir só para descubrir a verdade, sexa o último que se decata precisamente da gran verdade que xa todo o mundo coñece, que é el o asasino de seu pai, o amante de súa nai, e que é ao mesmo tempo pai e irmán de seus irmáns, e fillo e esposo de súa nai. Sabíao o adiviño Tiresias, sabíao o coro, sabíao súa nai. Por sabelo, sabíano ata os espectadores; todos menos el, que noutras ocasións foi o mellor sabuxo que poida saír á caza da verdade.
Outra pasaxe estupenda de pasaxe irónica é a escena na que interveñen Edipo, o mensaxeiro chegado de Corinto e o antigo pastor á mantenta de como verbaliza cada un deles a identidade de quen sexa Edipo[Ligazón morta]Edipo Rei vv. 950-1072.
E igual de irónico resulta o caso de Electra, cando Orestes finxe que a urna que trae nas súas mans contén as súas propias cinzas. Como non ten que lle resultar a Electra o colmo da ironía que ela, que viviu toda a súa vida coa única esperanza de ver o día en que regrese Orestes, ve agora desconsolada que aparece un forasteiro que anuncia non a chegada do ansiado Orestes, senón as cinzas do seu cadáver nunha diminuta urna? Outro tanto sucede n´As Traquiniasvv. 610-614 cando Deyanira está contribuíndo a destruír e aniquilar a quen ansía conservar:
Pois así tiña eu prometido que, se algún día o vía entrar na casa san e salvo ou o sabía con toda certeza, habería de enfeitalo con este vestido e mostraríao aos deuses como novo sacerdote de sacrificios con nova investidura.
Ou cando Filoctetes interpreta erroneamente as palabras que lle dirixe Neoptólemo nos versos 989 e seguintes. No seu conxunto, Edipo en Colono é unha peza onde se fai menor uso da ironía, como sucede tamén en Antígona.
A ironía de Sófocles, en conclusión, non é unha simple ironía retórica, senón dunha ironía esencial, existencial.
Áiax e Electra.
Obras Editar
Serie de Edipo Editar
Outras obras Editar
Notas Editar
- ↑ Edipo rei, vv. 348-349
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sófocles |
Bibliografía Editar
- Traducións ao castelán
- Tragedias: Áyax, Las Traquinias, Antígona, Edipo Rey, Electra, Filoctetes, Edipo en Colono, Tradución e notas de A. Alamillo Sanz. Introdución de J. S. Lasso de la Vega. Rev.: C. García Gual. Editorial Gredos. Madrid, 1998 (1ª edición, 4ª reimpresión). ISBN 978-84-249-0099-1.
- Fragmentos, Intr., trad. y notas de J. M.ª Lucas de Dios. Rev.: F. Rodríguez Adrados. (1ª edición). Editorial Gredos. Madrid, 1983. ISBN 978-84-249-0892-8
- Áyax, Las Traquinias, Antígona, Edipo Rey, introdución, tradución e notas de José Mª. Lucas de Dios. Alianza Editorial. Madrid, 2001.
- Electra, Filoctetes y Edipo en Colono. Introdución, tradución e notas de Antonio Guzmán Guerra. Alianza Editorial. Madrid, 2001.
- Tragedias. Vol. I. Edipo Rey, Edipo en Colono. Editorial Alma Mater (CSIC). 1984. Texto revisado e traducido por Ignacio Errandonea.
- Tragedias. Vol. II. Antígona, Electra. Editorial Alma Mater (CSIC). 1991. Texto revisado e traducido por Ignacio Errandonea.
- Tragedias. Vol. III, Ayante, Filoctetes y Las Traquinias. Editorial Alma Mater (CSIC). Texto revisado e traducido por Ignacio Errandonea.
- Antígona, tradución de Genaro Godoy. (1ª edición). Editorial Universitaria. Santiago de Chile, 1968.
- Ensaios e lecturas de divulgación
|
|
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Lista de Autores y Obras do Diccionario Griego-Español
- L´Année Philologique, a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano (dispoñible en rede e impreso)
- Sófocles en Suidas, a enciclopedia bizantina do século XI on-line Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Obras de Sophocles no Proxecto Gutenberg
- Obras de Sófocles en Perseus Digital Library (grego e inglés)
- Fragmentos das traxedias de Sófocles en Sophocles Project
- Estudos sobre os fragmentos Sófocles (en inglés)
- Monografía de Sófocles no portal das Humanidades: Liceus Arquivado 27 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
- Lo político en Sófocles. Estudio semántico. Tesis de Antonia Carmona Vázquez. Universidade de Cádiz. Alacant: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2003 Arquivado 19 de setembro de 2004 en Wayback Machine.
- Web en honor a Sofocles