Perséfone
Na mitoloxía grega, Perséfone (do grego Περσεφόνη), tamén chamada Kore; "a doncela"), é a filla de Zeus e a deusa Deméter, e raíña do inframundo. Homero descríbea como a formidable e maxestosa raíña do inframundo, que fai efectivas as maldicións dos homes nas almas dos mortos. Perséfone foi secuestrada por Hades, o deus do inframundo.[1] O mito do seu secuestro amosa a súa función como personificación da vexetación que aparece na primavera e desaparece despois da colleita; polo tanto, tamén se asocia coa primavera e a fertilidade da terra. Existen mitos semellantes no Oriente, nos cultos de deuses como Atis, Adonis e Osiris,[2] e na Creta minoica.
Perséfone | |
---|---|
![]() | |
Tipo | divindade grega ![]() |
Venerado por | relixión da Grecia Antiga e mitoloxía grega ![]() |
Semellante a
| |
Obra | |
Presente na obra
| |
Representado por
| |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
Actividade | |
Residencia | Hades ![]() |
Lugar de traballo | Grecia Antiga ![]() |
Familia | |
Nai | Deméter e Estixia ![]() |
Pai | Zeus ![]() |
Cónxuxe | Hades ![]() |
Parella | Adonis e Zeus ![]() |
Irmá/n | Despina (pt) ![]() ![]() |
Fillo/a | Agrianome (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] |
Perséfone, como deusa da vexetación, e a súa nai Deméter eran as figuras centrais dos misterios eleusinos que precederon ós deuses olímpicos, e que prometían ós iniciados unha perspectiva máis alentadora despois da morte. Segundo a tradición órfica, Perséfone é a nai de Dioniso, Iaco ou Zagreo. A orixe da súa adoración é incerta, pero está baseada en cultos moi antigos de comunidades agrarias.
Na mitoloxía romana, é chamada Proserpina, e a súa nai Ceres.
Notas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perséfone |