Deméter
- Véxase tamén: Demeter (satélite).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Deméter (en grego antigo Δημήτηρ ou Δημητρα, ‘deusa nai’) é a deusa grega da agricultura, e protectora do matrimonio e a lei sagrada. Era louvada como a «portadora das estacións» nun himno homérico, un sinal de que era adorada moito antes da chegada dos olímpicos. O himno homérico a Deméter foi datado sobre o século -VII. Xunto coa súa filla Perséfone, eran as personaxes centrais dos misterios eleusinos que tamén precederon ó panteón olímpico.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Δημήτηρ ![]() |
---|---|
Biografía | |
Residencia | Olimpo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Grecia Antiga ![]() |
Celebración | Relixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega ![]() |
Patrón de | Solo, fertilidade e agricultura ![]() |
Familia | |
Parella | Carmanor Zeus Poseidón ![]() |
Fillos | Perséfone ( ![]() Filomelo (filho de Deméter) ( ![]() Eubuleus ( ![]() Chrysothemis ( ![]() Dmia ( ![]() Despina ( ![]() Calligeneia ( ![]() Arión (cabalo) ( ![]() Pluto ( ![]() Amphitheus ( ![]() Hécate ( ![]() ![]() |
Pais | Cronos ![]() ![]() |
Irmáns | Hestia Hades Zeus Poseidón Hera ![]() |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Myths of the peoples of the world, 2nd ed., volume 1 (en) ![]() ![]() |
Na mitoloxía romana asociábase a Deméter con Ceres. Cando se lle deu a Deméter unha xenealoxía, díxose que era filla dos titáns irmáns Cronos e Rea (ambos fillos de Xea e Urano), e polo tanto irmá máis vella de Zeus. Con este tivo unha filla, Perséfone, raíña do inframundo.
É doado confundir a Deméter con Xea, a súa avoa, e con Rea, a súa nai, ou Cibeles. Os epítetos da deusa revelan o amplo das súas funcións na vida grega. Deméter e Core (‘a doncela’) adoitaban ser invocadas como to theo (‘as dúas deusas’), e así aparecen nas inscricións en lineal B do Pilos micénico en tempos pre-helénicos. É bastante probable que existise unha relación cos cultos a deusas da Creta minoica.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deméter ![]() |