Adonis é un deus grego que simboliza a morte e a renovación da natureza, sendo unha das figuras máis complexas dos tempos clásicos. A figura de Adonis está baseada case totalmente no deus semita Tammuz, relacionado co termo hebreo Adonaï (o meu señor).

Adonis
Adonis Mazarin Louvre MR239.jpg
PaiCíniras, Theias e Fénix
NaiEsmirna e Aephesiboea
FillosBéroe e Golgos
IrmánsEsmirna, Bresia, Laogore e Orsedice
editar datos en Wikidata ]
Unha reprodución de Adonis encontrada en Pompeia

Afrodita por medio dun meigallo fixo que Mirra tivese relacións incestuosas con seu pai, Tías, rei de Asiria. Cando o rei o descubriu tratou de matar a filla cun coitelo, e os deuses para o evitar converteron a Mirra nunha árbore de mirra. Desta árbore xermolou Adonis, confirmando a súa natureza como deus da vexetación.

Segundo a versión de Apolodoro, Adonis era fillo de Ciniras, rei de Chipre e Metharne, e segundo Hesíodo era o fillo de Fénix.
Unha vez nado Adonis, Afrodita meteuno nun cofre e levouno baixo a súa á, confiando a súa crianza a Perséfone. Cando Afrodita o reclamou, Perséfona negouse a o devolver, prendada da súa beleza. Zeus decidiu que Adonis debería pasar catro meses con Afrodita, catro con Perséfona e catro meses con quen elixira; Adonis sempre elixiu a Afrodita por ser Perséfona a deusa máis fría do baixomundo.

Durante unha xornada de caza con Afrodita, un xabarín (enviado por Ares) atacouno, e do seu sangue naceron unhas flores chamadas anemones; cando Afrodita foi socorrelo feriuse cunhas silvas e as pingas do seu sangue transformáronse nunhas flores semellantes á rosa, denominadas adonis.

LinguaEditar

Na fala coloquial, cando alguén (normalmente un home e non unha muller) destaca pola súa beleza, compárase con este deus: Está feito un Adonis.