Anemone de bosque
Anemone de bosque | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anemone nemorosa | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Anemone nemorosa' L. |
A Anemone nemorosa é unha planta que florece ao inicio da primavera normalmente no sotobosque. Pertence ao xénero Anemone dentro da familia Ranunculaceae. Entre os seus nomes máis comúns temos anemone de bosque, flor do vento e cheiro de raposo.
DescriciónEditar
A Anemone nemorosa é unha planta herbácea perenne que acada unha altura entre os 5 e 15 cm. A mediados do verán aínda que a planta non desenvolva o seu porte aéreo, vai estendendo baixo o terreo as súas raíces semellantes a rizomas. Os rizomas esténdense rapidamente, contribuíndo á súa expansión nas condicións favorables do bosque, o que permite que a planta tapice grandes extensións do chan. A flor ten un diámetro de 2 cm, con cinco a sete pétalos semellantes a segmentos, (en realidade tépalos) dunha intensa cor branca.
Na natureza, en estado silvestre, normalmente son brancas, pero poden ser rosadas, lilas ó azuis, e a miúdo teñen unha tinguidura máis escura no envés dos pétalos. Non teñen aroma e teñen pouco néctar debido a que non necesitan demasiado aos insectos para a súa reprodución.
Principios activosEditar
- Protoanemonina
- Anemonina
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- A planta é velenosa para os humanos, porén, pódese empregar como menciña.
- A anemone de bosque amarela, Anemone ranunculoides, tamén coñecida como anemone cunca de manteiga, é unha planta semellante á Anemone nemorosa, pero con flores lixeramente máis pequenas e dunha cor amarela intensa.
- A Anemone nemorosa é a flor emblema do Xardín Botánico de Göteborg, (Suecia), onde forma extensas praderías nas súas zonas de bosque.
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anemone de bosque |