Anemone (xénero)

xénero de plantas

Anemone, as anemones[1] (tamén coñecidas coa forma menos recomendable anémonas[2]) é un xénero cunhas 120 especies de plantas, da familia das Ranunculaceae que se encontran distribuídas nas zonas temperadas dos Hemisferios Norte e Sur do planeta. Está estreitamente relacionado cos xéneros, Pulsatilla e Hepatica; algúns botánicos inclúen ambos os xéneros dentro de Anemone.

Descrición

editar

Estas plantas son herbas perennes cun talo tuberoso subterráneo moi extenso. Presentan follas máis ou menos profundamente fendidas.

As flores sitúanse nos extremos máis pequenos de talos alongados, cunha, ou varias de cor branca, vermella, azul, ou raramente amarela. As flores presentan un invólucro con tres folliñas máis miúdas debaixo e por riba de cada flor.

Os froitos presentan frecuentemente uns estilos longos e peludos (tarrelos), que lles permite o seu espallamento polo vento; e por áreas arrodeadas da mesma flor.

Cultivo e usos

editar
 
Anemone nemorosa ou anemone de bosque.

Moitas das especies son plantas moi utilizadas nos xardíns, especialmente nos paisaxistas, onde forman unhas pradeiras espectaculares (por exemplo Anemone coronaria, frecuentemente chamada de anemone papoula).

Algunhas larvas de bolboretas da familia Noctuidae aliméntanse de especies de Anemone.

Taxonomía

editar

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 538. 1753.[3] A especie tipo é: Anemone coronaria

Etimoloxía

Anemone: nome xenérico que procede da verba grega Άνεμος, que significa vento.

Especies

editar

Hai unhas 120 especies, que inclúen:

 
Composición feita con fotos de Anemone coronaria (kalanit en hebraico) de varias cores, todas reunidas no mesmo campo en Israel. A Anemone coronaria pódese presentar en vermello, rosa, púrpura, azul e branco. Porén, a cor máis común é a vermella.

Véxase tamén

editar