Afrodita

deusa grega do amor, equivalente á Venus romana

Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo.

Modelo:BiografíaAfrodita

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Αφροδίτη Editar o valor en Wikidata
Biografía
ResidenciaOlympus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Patrón deAmor e beleza Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHefesto Editar o valor en Wikidata
ParellaAnquises
Hermes
Dioniso
Poseidón
Phaethon
Ares
Faetonte
Adonis
Butes
Zeus Editar o valor en Wikidata
FillosAnteros
 () Ares
Peitho
 () OcéanoTetis
Tique
 () OcéanoTetis
Eryx
 () Poseidón
Eneas
 () Anquises
Golgos
 () Adonis
Polycaon
 () Butes
Adrestia
 () Ares
Cárites
 () ZeusEurínome (filla de Océano)
Rode
 () OcéanoTetis
Himeneo
 () Dioniso
Eros
 () PoroPénia
Deimos
 () Ares
Priapo
 () Dioniso
Fobos
 () Ares
Hímero
 () Ares
Harmonía
 () Ares
Hermafrodito
 () Hermes
Lyrus
 () Anquises Editar o valor en Wikidata
PaisZeus
Urano Editar o valor en Wikidata  e Dione
Evonyme
Xea Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estatua de Afrodita, copia dun orixinal grego (Museo do Louvre).

Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura. Foi a protectora de Paris e de Troia, e logo do heroe latino Eneas, o fillo de Anquises e fundador simbólico de Roma. É tamén a fecundidade na natureza vexetal e animal. O seu fillo é Eros -o latino Cupido- caprichoso frecheiro de dous dardos: un para os amores felices, e o outro para os desgrazados.

Os seus poderes eran inmensos: protexía aos esposos, fecundaba os fogares, estaba presente nos partos, simbolizaba a paixón desenfreada, incitaba aos mortais a toda clase de voluptuosidades e vicios.

A illa de Citeres era o centro do seu culto.

Afrodita tiña o seu propio festival, as Afrodisias, celebradas en toda Grecia, pero sobre todo en Atenas e Corinto.

O seu equivalente romano era Venus, Ishtar en Mesopotamia, Ashtart en Fenicia, Turan en Etruria.

Por mor da súa fermosura, Zeus temía que puidese ser causa de violencia entre os deuses, polo que a casou con Hefesto, pero a infelicidade do seu matrimonio causou que buscase compañía noutros deuses, especialmenteAres, pero tamén Adonis, Anquises e moitos outros.