Atenea

deusa grega

Atenea é a filla de Zeus e de Metis, chamada posteriormente polos romanos Minerva. É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo, e é adorada desde moi antigo como patroa de Atenas, onde se construíu o Partenón, o Erecteión e os Propileos para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como Atenea Partenos ("virxe").

Atenea
Lugar de nacementoMonte Olimpo e Olympus
Ocupacióndeidade da guerra, art deity, deity of wisdom e deity of crafts
PaiZeus
NaiMétis e Coryphe
FillosBroteus, Coribante e Hygiea
editar datos en Wikidata ]
Atena Giustiniani, copia romana do orixinal grego atribuído a Fidias. Museos Vaticanos.

Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco e a éxida (especie de coraza de pel de cabra). Na éxida hai representada a cabeza da gorgona Medusa, que lle dera Perseo. O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.

Atributos editar

 
A deusa Atenea, a cidade de Atenas e a moeda ateniense, foron simbolizados coa figura do moucho común, glaux (γλαύξ), coñecido como "moucho de Atenea"-.[1]

O seu animal favorito é o moucho; a súa planta, a oliveira. Atenea descríbese tradicionalmente como a “ deusa de ollos garzos”. Pola protección que concede a Ulises a e Heracles, Atenea simboliza o auxilio achegado polo espírito á forza bruta e o valor persoal dos heroes. Por iso, é considerada no mundo grego, sobre todo en Atenas, a súa cidade (á que dera o seu nome), como a deusa da Razón.

Preside as artes e a lectura. Non obstante, mantén unha relación máis estreita coa Filosofía que coa Poesía e a Música. Tamén é a protectora das fiandeiras, tecedoras, bordadoras etc. No seu carácter de deusa da actividade intelixente, con frecuencia era escollida como protectora e patroa das cidades. Ademais de Atenas, contaba con templos como Esparta, Mégara, Argo etc.

Hai semellanzas entre Hefesto e Atenea porque tamén protexe aquelas artes e oficios. Pero así mesmo dise que o deus intentou violala, e que, mentres ela escapaba, derramou el o seu seme sobre a perna dela. Desgustada, Atenea limpou o esperma e arroxouno ó chan. E desa semente que impregnou o chan mentres a deusa escapaba, naceu Erictonio, cuxa parte do corpo era como de serpe.

Rifa polo padroado de Atenas editar

 
Nacemento de Atenea—ánfora, 550–525 BC, Louvre.

A mitoloxía grega sitúase na disputa entre Palas Atenea e Poseidón polo poder sobre Atenas, Ambos acordaron que cada un faría un regalo ós atenienses e que estes elixirían o que preferisen. Poseidón bateu o chan co seu tridente e fixo brotar unha fonte, pero a súa auga era salgada e polo tanto non moi útil, mentres que Atenea ofreceu a primeira oliveira, co que Atenea quedou como patroa, pois a árbore dá madeira, olivas e aceite. Crese que esta historia alude a un enfrontamento entre os habitantes da época micénica e os inmigrantes posteriores.

Mitos relacionados con Atenea editar

 
Detalle de Las hilanderas de Velázquez que representa ao fondo o mito de Aracne.

Unha muller chamada Aracne alardeou en certa ocasión de ser mellor tecedeira que Atenea, a deusa da tecedura. Atenea apareceuse disfrazada como unha anciá e díxolle que se arrepentise da súa hubris, pero no canto de facelo Aracne desafiou a Atenea a un concurso. A anciá quitouse o disfrace e empezou o concurso. Atenea teceu unha representación do conflito con Poseidón preto de Atenas, mentres que Aracne teceu unha das moitas fazañas de Zeus. Atenea enfureceuse pola habilidade de Aracne e a súa elección de tema, e cun toque engaiolouna cunha tremenda culpabilidade. Aracne intentou matarse e Atenea converteuna na primeira araña.

Notas editar

  1. "Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, γλαύξ". www.perseus.tufts.edu. Consultado o 2023-11-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar