Aracne (en grego antigo ἀράχνη, "araña") na mitoloxía grega era unha famosa traballadora dos labores de bordado que tivera por mestra a Palas (Atenea).

Aracne
Aracne, por Gustave Doré (ilustración para o Purgatorio de Dante).
Ocupacióntecelá
PaiIdmon
FillosCloster
IrmánsPhalanx
editar datos en Wikidata ]

Mito editar

Aracne era unha moza, filla de Idmón. Vivía no Colofon e alí era unha famosa traballadora dos labores de bordado de tal xeito que recibía encargos de todas as partes do mundo e moitas visitas que contemplaban cheas de pracer as súas primorosas obras. Ao mirala tecer, nos seus movementos notábase que fora ensinada por Palas, malia que ela o negaba. A deusa, ofendida, desafiouna a un reto no que as dúas tiñan que tecer e logo comparar as obras para ver cal era a mellor.

Palas disfrazada de vella, foi onda Aracne e díxolle que rectificase, e que así Palas perdonaríaa. Aracne díxolle enfadada que se tiña fillas que lle dese os consellos a elas, que ela non ía rectificar, e que se de verdade quería que rectificase porque non llo pedía a Palas. Entón Palas apartou a figura da vella e mostrouse. Cada unha colocouse nun lugar e comezaron a tecer. Terminado o traballo puido observarse como a creación da deusa era bastante perfecta pero tamén a de Aracne era dunha beleza sen par. Esta representara diversos episodios da mitoloxía e era especialmente fermosa a representación de Zeus e a choiva de ouro que a acompañaba. Palas, que representara o esplendor dos deuses do Olimpo, non puido encontrar imperfección algunha na obra e chea de envexa destruíuna por completo. Posteriormente, segundo algunhas fontes, Aracne quedou presa nos séculos e estivo a piques de morrer estrangulada. Segundo outra lenda, foi a propia Aracne a que intentou suicidarse chea de dor pola destrución da súa magnífica peza, pero Palas non o permitiu para convertela en araña condenándoa a tecer o resto da súa vida.

Influencias na arte editar

 
Las hilanderas de Diego Velázquez que representa ao fondo o mito de Aracne.

O mito de Aracne inspirou a Diego Velázquez para facer o seu cadro Las Hilanderas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar