Pierre Grimal
Pierre Antoine Grimal, nado en París (15º distirto) o 21 de novembro de 1912[1] e finado na mesma cidade (no 5º distrito) o 2 de novembro de 1996, foi un historiador e latinista francés especializado na lingua, literatura e filoloxía latinas e na civilización romana. Contribuíu a promove-lo coñecemento do patrimonio cultural da antiga Roma, tanto entre os especialistas como entre o público en xeral.
Traxectoria
editarIngresou na École Normale Supérieure en 1933, e recibiu o terceiro lugar na "agrégation de lettres" en 1935. Foi membro da École française de Roma (1935-1937) e despois ensinou latín nun instituto de Rennes.[2]
Traballou como profesor de civilización romana nas facultades de Caen e Bordeos, e finalmente na Sorbona, onde foi profesor emérito durante trinta anos. Publicou estudos sobre a civilización romana, dos que moitos tomos o foron na serie "Que sais-je?", e traducións de autores clásicos latinos (Cicerón, Séneca o Mozo, Tácito, Plauto, Terencio). Na súa xubilación, tamén publicou biografías e historias ficticias (Mémoires d’Agrippine, Le procès Néron), máis destinadas ao público en xeral.
Defendeu e promoveu a lingua francesa como membro do Comité de Honra da “Asociación para a salvagarda e a expansión da lingua francesa” (ASSELAF), ao igual que Philippe de Saint Robert, Roger Minne, Christian de Duve ou Maurice Reims.[3]
Participou na promoción da cultura latina coa asociación Vita Latina,[4] así como coa asociación internacional Academia Latinitati Fovendae (ALF) que ten a súa sede en Roma e da que é un dos moitos cofundadores en 1967. Esta última tiña como obxectivo espalla-la cultura latina ao tempo que actualizaba a lingua ás condicións modernas.[5] En abril de 1971, asinou o "chamamento aos profesores" lanzado polo Instituto de Estudos occidentais tras a dimisión de Robert Flacelière como director da École normale supérieure.[6]
Foi director editorial da Revue des études latines entre 1977 e 1989. Pertenceu á Sociedade Francesa de Arqueoloxía Clásica e da Sociedade Francesa de Exiptoloxía, alén de diversas outras academias de diversos países. Foi premiado pola Academia Francesa en 1962, 1964 e1987.[7]
Deixou a que se considera unha definición clásica de mito:[8]
“É a Grecia á que lle debemos o nome e a propia noción de mitoloxía. A mente helénica opúxose, como dous modos de pensamento antitéticos, logos e mythos, “razoamento” e “mito”. O primeiro é todo o que se pode explicar racionalmente, todo o que chega a unha verdade obxectiva, e que é idéntico para todas as mentes. O segundo é todo o que apela á imaxinación, todo o que non é susceptible de comprobación, senón que leva en si a súa verdade, na súa verosimilitud, ou, o que é o mesmo, o poder de persuasión que lle dá a súa beleza”.
Ao final da súa vida, fixo campaña con Jacqueline de Romilly, pola preservación do ensino das humanidades no ensino secundario
Foi soterrado en Jouy-en-Jossas.[9]
Principais obras
editar- 1951, Dictionnaire de la mythologie grecque et romaine, publicadas por PUF.
- 1953, Le siècle des Scipions, Rome et l’Hellénisme au temps des guerres puniques, Aubier (2ª edición en 1975).
- 1954, Les villes romaines, PUF Que sais-je ? no 657 (7ª edición, 1990).
- 1954, Petite histoire de la mythologie et des dieux, Fernand Nathan.
- 1955-2007, Grammaire latine (en colaboració con Adrien Cart, Jacques Lamaison e Roger Noiville), ed. Nathan.
- 1955, Dans les pas des césars, Hachette.
- 1955, Horace, Editions du Seuil.
- 1958, Romans grecs et latins, Bibliothèque de la Pléiade.
- 1960, La civilisation romaine (Collection «Les grandes civilisations»), Arthaud (4ª edición en 1970).
- 1961, À la recherche de l’Italie antique, Hachette Livre, 1961 (Premio Marie-Eugène Simon-Henri-Martin da Academia francesa, apartado historia, en 1962).[7]
- 1964, Mythologies, Larousse.
- 1963, L’Amour à Rome, Belles Lettres, 1979? (Premio Broquette-Gonin da Academia francesa, apartado literatura, en 1964).[7]
- 1965, La littérature latine, PUF, colección Que sais-je? n° 376
- 1965, Histoire mondiale de la femme, Nouvelle Librairie de France.
- 1965, Le siècle d’Auguste, PUF Que sais-je? n° 676.
- 1968, Essai sur l’art poétique d’Horace, Paris SEDES.
- 1971, Le guide de l’étudiant latiniste, PUF.
- 1977, Etude de chronologie cicéronienne, Les Belles Lettres
- 1979, Italie retrouvée, PUF.
- 1979, L’amour à Rome, Belles Lettres.
- 1985, Virgile ou la seconde naissance de Rome, Arthaud.
- 1986, Rome, la littérature et l'histoire, École française de Rome.
- 1986, Cicéron, Fayard (Gran premio Gobert da Academia francesa, apartado historia, en 1987).[7][10]
Recoñecementos
editarPierre Grimal foi membro de:
- Academia de Inscricións e Belas Letras, dende 1977; a partir de 1985, foi presidente.[11]
- Academia Nacional dos Linces de Italia, elixido en decembro de 1980.[4]
- Academia real das ciencias, das letras e das belas artes de Bélxica, elixido asociado en 1981.[12]
- Academia real de Suecia.[4]
- Escola Francesa de Roma (1935-1937).[13]
- Sociedade de Estudos Latinos que publica Revue des études latines,[14] da que foi director entre 1977 e 1989.
- Sociedade Arqueolóxica de Bordeos, e presidente entre 1952 e 1955.
- Sociedade francesa de arqueoloxía clásica.[15]
- Sociedade francesa de exiptoloxía,[16]
- Sociedade nacional de anticuarios de Francia.[17]
- Asociación Vita Latina, creada en 1957, para a promoción do latín e da cultura latina.[11]
- Asociación para a preservación e expansión da lingua francesa.
- Asociación internacional Academia Latinitati Fovendae (ALF) para apoia-la difusión do latín e da súa cultura.
Premios da Academia Francesa
editar- Premio Marie-Eugène Simon-Henri-Martin, no apartado historia por À la recherche de l’Italie antique en 1962, cunha dotación de 1 000 francos[7]
- Premio Broquette-Gonin, no apartado literatura por L'Amour à Rome en 1964, cunha dotación de 1 000 francos.[7]
- Gran premio Gobert, no apartado historia por Cicéron en 1987, cunha dotación de 50 000 francos.[7]
Premio do Instituto Nacional de Estudos romanos
editarVida persoal
editarDe 1935 a 1944, Pierre Grimal foi o marido de Claude-Edmonde Magny (1913-1966), muller de letras e crítica literaria francesa. Logo casou con Geneviève Borel quen morreu en 1985. Volveu casar con Laurence Piel.
Seus fillos son: a libreira Claire Grimal, a latinista Florence Dupont,[20] o especialista en sánscrito François Grimal (EFEO), o director de laboratorios farmacéuticos Antoine Grimal, o exiptólogo Nicolas Grimal e o xurista Benoite Grimal-Filleteau. Tivo once netos entre os que figuran tanto científicos como figuras literarias, sen esquecer a artistas como o violinista David Grimal, a saxofonista e compositora Alexandra Grimal ou a artista plástica Marie Preston.
Notas
editar- ↑ "Grimal". archives.paris.fr (en francés). p. 24. Consultado o 18 de decembro de 2023.
- ↑ "Pierre Grimal". lecturalia.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Comité d’honneur de l’Asselaf". asselaf.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Arcellaschi, André (1997). Presses Universitaires de Bordeaux, ed. "Pierre Grimal (1912-1996)". Revue des Études Anciennes (en francés) 99 (1-2): 5–6. ISSN 2540-2544. doi:10.3406/rea. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ Buzaré, Elen (10 de xaneiro de 2014). "L’Academia Latinitati Fovendae (ALF)". arretetonchar.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ Redacción (23 de abril de 1971). "L'INSTITUT D'ÉTUDES OCCIDENTALES LANCE UN " APPEL AUX ENSEIGNANTS"". lemonde.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 "Pierre GRIMAL". academie-francaise.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ Grimal, Pierre (2008). Récits et légendes de l'Olympe. Colección: Dieux, mythes & Héros (en francés). París: Larousse. p. 7. ISBN 978-2-03-583944-2.
- ↑ "Pierre GRIMAL". landrucimetieres.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Grand Prix Gobert". academie-francaise.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Danesi, Henri (7 de outubro de 2013). "GRIMAL Pierre Antoine". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Pierre Antoine Grimal". academieroyale.be (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "ANNUAIRE DES MEMBRES (1873-2011)" (PDF). efrome.it (en francés). 2010. p. 64. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Société des études latines". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Société française d'archéologie classique (SFAC)". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Société française d'égyptologie (SFE)". /cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Société nationale des antiquaires de France (SNAF)". cths.fr (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Cultori di Roma". studiromani.it (en italiano). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ Archives nationales (2002). "Culture ; Cabinet et services rattachés au Ministre ; Cabinet ; Bureau Cabinet (1962-2000)" (PDF). archive.wikiwix.com (en francés). Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Florence Dupont : "Rome ne s'est pas faite en un peuple"". lepoint.fr (en francés). 7 de xullo de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2023.