Exiptólogo

especialista na historia e arqueoloxía do Antigo Exipto

Un exiptólogo é un especialista na historia e a arqueoloxía do Antigo Exipto, desde as orixes máis remotas ata o fin da época tolemaica, no século I a.C.

Jean-François Champollion

Nas principais universidades do mundo hai cátedras desta disciplina onde os investigadores fórmanse e gradúan para logo dedicarse á arqueoloxía exipcia in situ, achegando nova información sobre o terreo, ou procesando no seu gabinete o que outros escavaron e con iso enriquecer o noso coñecemento; tamén dedicándose á docencia para formar exiptólogos ou como directores ou conservadores de institucións ou museos onde se custodian obxectos desta antiga civilización.

O coñecemento fidedigno da historia do antigo Exipto é moi recente. Fai tan só dous séculos o que se coñecía das orixes da civilización exipcia proviña de relatos dos historiadores e viaxeiros gregos e romanos que, sen moito espírito crítico, recolleron aquilo que os exipcios da súa época narrábanlles.

O descifrado da "Pedra de Rosetta", gravada en dúas linguas, grega e exipcia, e en tres escrituras, grega, demótica e xeroglífica, dun decreto de Tolomeo V datado en 196 adC, foi o comezo da lectura dos xeroglíficos. Jean-François Champollion, partindo dunha copia desta inscrición é o primeiro en descifralos, editando posteriormente un dicionario e unha gramática exipcia. É o inicio da moderna exiptoloxía.

Antigos exiptólogos editar

Séculos XVII-XVIII-XIX. Os precursores editar

Séculos XIX-XX editar

Exiptólogos actuais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar