Antigo Exipto

civilización ao redor do río Nilo entre finais do IV milenio e a época romana

O antigo Exipto foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do curso medio e baixo do río Nilo, nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de Exipto e o norte do Sudán. A civilización constituíuse cara ao 3150 a.C.[1] coa unificación do Alto e Baixo Exipto baixo o primeiro faraón e persistiu durante os seguintes tres milenios[2] ata a época romana.

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo
As pirámides son os símbolos máis coñecidos da civilización do antigo Exipto.

Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos semitas procedentes da rexión de Siria e Palestina, libios vindos do oeste e individuos de Nubia, que descenderon Nilo abaixo.

A súa historia divídese nunha serie de períodos estables ("imperios"), separados por períodos de relativa inestabilidade ("períodos intermedios"). Tralo fin do último imperio, o Imperio Novo, a civilización do antigo Exipto entrou nun período dun lento e constante declive, durante o cal Exipto foi conquistado por unha sucesión de poderes estranxeiros. O dominio dos faraóns acabouse o ano 31 a.C. cando o entón recente Imperio Romano liderado por Pompeu conquistou o Exipto tolemaico e incorporou o territorio como unha provincia romana.[3]

A civilización do antigo Exipto prosperou adaptándose ás condicións do val do río Nilo. Os antigos exipcios controlaron a irrigación dun val fértil que, ao producir excedente de colleitas, impulsou un gran desenvolvemento social e cultural. Cos recursos aforrados, a administración investiu na explotación mineira da zona, desenvolveuse un sistema de escritura, realizáronse construcións colectivas e proxectos agrícolas, impulsouse o comercio coas rexións veciñas, e formouse un poderoso exército que consolidou o dominio exipcio. Exercendo o control destas actividades había unha burocracia de escribas de elite, líderes relixiosos e administradores baixo a xerarquía do divino faraón, que garantía a cooperación e a unidade dos exipcios a través dun elaborado sistema de crenzas relixiosas.[4][5]

Entre a gran cantidade de progresos conseguidos pódense destacar a creación dun sistema matemático, do traballo na pedra, das técnicas de enxeñaría e arquitectura que facilitaron a construción de pirámides monumentais, templos e obeliscos, así como o desenvolvemento dunha actividade artesanal de faienza e vidro,[6] un sistema sanitario práctico e efectivo, novas formas de literatura, sistemas de irrigación, técnicas de produción agrícolas e o tratado de paz máis antigo.[7]

Exipto deixou un legado duradeiro. A arte e a arquitectura foron imitados por outros pobos, e as ruínas monumentais que sobreviviron durante séculos inspiraron a imaxinación de turistas e escritores. O descubrimento das antigüidades e varias escavacións realizadas desde os inicios da Idade Moderna dirixiron a atención científica cara á civilización exipcia e espertou un grande interese en todo o mundo.[8]

Marco xeográfico editar

 
Mapa do antigo Exipto.

Principalmente, Exipto sitúase dende o delta no norte seguindo o val do río Nilo ata a primeira catarata (Asuán), na Baixa Nubia, aínda que as fronteiras variaron constantemente ao longo de trinta e tres séculos. Tan só 60 quilómetros de ancho e 1200 quilómetros de longo constituían este val de terras fértiles rodeado en gran parte polo deserto do Sáhara. Exipto é un oasis no medio dos desertos de Libia e Arabia. As inundacións periódicas do Nilo fecundan as terras exipcias. Distínguense en Exipto tres rexións, de sur a norte:

Cronoloxía editar

A obtención dunha cronoloxía exacta do antigo Exipto é unha tarefa complexa. Existen diversos criterios de datación entre exiptólogos, con diverxencias dalgúns anos nos últimos períodos, de décadas ao principio do Imperio Novo e de case un século durante o Imperio Antigo (véxase: Cronoloxía do antigo Exipto).

O primeiro problema xorde polo feito de que os exipcios non utilizaron un sistema de datación homoxéneo: non tiñan un concepto dunha era similar ao Anno Domini, ou o costume de nomear os anos, como en Mesopotamia (véxase Limmu). Databan con referencia aos reinados dos diversos faraóns, solapando posiblemente os interregnos e as épocas de correxencia. Un problema engadido xorde ao comparar as distintas Listas Reais de faraóns, pois están incompletas ou con datos contraditorios, ata no mesmo texto. As obras do mellor historiador sobre Exipto, Manetón, perdéronse e só as coñecemos a través de epítomes de escritores posteriores como Flavio Xosefo, Eusebio de Cesarea, Sexto Xulio Africano ou o monxe Xurxo Sincelo. Desafortunadamente as datas dalgúns reinados varían dun a outro autor.

Os inicios da civilización exipcia editar

As evidencias arqueolóxicas indican que a civilización exipcia comezou ao redor do VI milenio a. C., durante o Neolítico, cando se asentaron os primeiros poboadores (véxase o período predinástico). O río Nilo, en torno ao cal asentabase a poboación, foi a liña de referencia para a cultura exipcia desde que os nómades cazadores-recolectores comezaron a vivir nas súas ribeiras durante o plistoceno. Os rastros destes primeiros poboadores quedaron nos obxectos e signos gravados nas rochas ao longo do val do Nilo e nos oasis.

Ao longo do Nilo, no XI milenio a. C., unha cultura de recolectores de gran fora substituída por outra de cazadores, pescadores e recolectores que usaban ferramentas de pedra. Os estudos tamén indican asentamentos humanos no suroeste de Exipto, preto da fronteira con Sudán, antes do 8000 a. C. A evidencia xeolóxica e estudos climatolóxicos suxiren que os cambios do clima, ao redor do 8000 a. C., comezaron a desecar as terras de caza e pastoreo de Exipto, conformándose paulatinamente o deserto do Sáhara. As tribos da rexión tenderon a agruparse cerca do río, onde xurdiron pequenos poboados que desenvolveron unha economía agrícola. Hai evidencias de pastoreo e do cultivo de cereais no leste do Sáhara no VII milenio a. C.

Ao redor do 6000 a. C., xa aparecera no val do Nilo a agricultura organizada e a construción de grandes poboados. Ao mesmo tempo, no suroeste dedicábanse á gandería e tamén construían. O morteiro de cal usouse no 4000 a. C. É o denominado período predinástico, que empeza coa cultura de Naqada.

Entre o 5500 e o 3100 a. C., durante o predinástico, os asentamentos pequenos prosperaron ao longo do Nilo. No 3300 a. C., momentos antes da primeira dinastía, Exipto estaba dividido en dous reinos, coñecidos como Alto Exipto Ta Shemau e Baixo Exipto Ta Mehu.[9] A fronteira entre ambos situabase na actual zona do Cairo, ao sur do delta do Nilo.

Historia editar

O antigo pobo exipcio estaba formado por dúas etnias principalmente: os camitas (do Val do Nilo) e os semitas (procedentes da Palestina). Exipto dividíase administrativamente en 22 nomos ou provincias no delta e outros 20 no resto do transcurso do río. A unidade do reino é atribuída ao rei Menes, que uniu o Alto e o Baixo Exipto e fundou a cidade de Menfis. Os períodos máis destacados son:

  1. Imperio Antigo: capital en Menfis, dez primeiras dinastías.
  2. Imperio Medio: capital en Tebas, dinastías da X á XVIII.
  3. Imperio Novo: ata a dinastía XXI.
  4. Período Saíta: con capital en Sai, dinastías da XXI á XXVI.

Logo viñeron a dominación persa, a helénica de Alexandre o Grande que instalou aos tolomeos (considerados faraóns), e a conquista romana. Déixase de falar de antigo Exipto coa súa inclusión no Imperio Romano de Oriente.

Artigo principal: Historia do antigo Exipto.
Véxase tamén: Historia de Exipto.

Paleolítico e Neolítico editar

Cara ao período paleolítico tardío, o clima árido do nordeste de África converteuse quente e seco, forzando as poboacións da área a concentrarse no val do Nilo. Desde que, durante o Plistoceno, os cazadores-recolectores nómades comezaron a vivir na rexión hai uns 1,8 millóns de anos atrás, o Nilo foi o eixe vital de Exipto[10] Os fértiles socalcos do Nilo fixeron posible desenvolver unha economía agrícola sedentaria e unha sociedade máis sofisticada e centralizada que se converteu nunha parte fundamental da historia da civilización humana.[11]

Restos desta xente primitiva aparece en forma de artefactos e rochas talladas polos socalcos do Nilo e nos oasis. As probas arqueolóxicas indican que unha sociedade e cultura exipcias desenvolvéronse e estendéronse nun territorio do chamado Exipto predinástico.

A través do Nilo, no 11º milenio a.C, unha cultura recolledora de gran utilizando o tipo máis antigo de fouce fora substituída por outra cultura de cazadores, pescadores, e recolledores que utilizaban ferramentas de pedra. As probas tamén indican ocupación humana e pastoreo no recuncho suroeste de Exipto, preto da fronteira sudanesa, antes do 8000 a.C. As probas xeolóxicas e os estudos por ordenador de modelos climáticos suxiren que os cambios climáticos naturais dos arredores do 8000 a.C. comezaron a desecar as extensións de terras de pastoreo da África setentrional que posteriormente forman o Sáhara (c.2500 a.C.). Pronto as tribos da rexión naturalmente tenderon a agregarse cerca do río Nilo onde desenvolveron unha economía agrícola sedentaria e unha sociedade máis centralizada. Hai probas de pastoreo e cultivo de cereais no Sáhara oriental o 7º milenio a.C.

 
Unha xarra Naqada II típica decorada con gacelas (período predinástico).

Ao redor do 6000 a.C., xa aparecera no val do Nilo a agricultura organizada e a construción de grandes poboados. Ao mesmo tempo, no suroeste dedicábanse á gandería e tamén construían. O morteiro de cal usábase no 4000 a.C. É o denominado período predinástico, que empeza coa cultura de Naqada, aínda que algúns exiptólogos sitúano antes, cara ao Paleolítico inferior.

Período predinástico editar

Artigo principal: Período predinástico.

Entre o 5500 e o 3100 a. C., durante o período predinástico, os asentamentos pequenos, pequenas tribos, prosperaron ao longo do val do Nilo e desenvolveran unhas series de culturas únicas manifestando control firme da agricultura e da gandería e así mesmo identificables pola súa cerámica e obxectos persoais únicos, como peitees, pulseiras, e colares. No 3300 a. C., momentos antes da primeira dinastía, Exipto estaba dividido en dous reinos, coñecidos como Alto Exipto (Ta Shemau) e Baixo Exipto (Ta Mehu).[12] (A fronteira entre ambos situabase na actual zona do Cairo, ao sur do delta do Nilo.) A primeira destas culturas, a Omari, estableceuse no Baixo Exipto no norte de Helwan, e a Merimdé ao oeste do Delta do Nilo e nos bordos da costa setentrional do Lago Moeris sito na rexión do Faium. No neolítico os Omari, e especialmente os do Faium, fixéronse notar polos avanzados utensilios de pedra que modelaron durante a industria lítica prehistórica de Exipto.[13][14] O Faium atopábase na intersección de tres rutas: a do Val do Nilo mesmo, a do Sáhara oriental e a do Oriente Próximo, deste xeito dispoñía da características dos tres. A Merimdé era unha das máis grandes comunidades setentrionais, comparable en extensión a estrutura do Nekhen predinástico. Ademais da súa tecnoloxía lítica, a súa cultura caracterizábase por formas sofisticadas de vasos e aneis e culleres de cerámica, así como polas mazas de pedra que se fixeron populares cara ao final da historia exipcia.[15]

Moitos séculos máis tarde, as culturas predinasticas meridionais empezáronse a establecer. Eran contemporáneos dos asentos predinásticos tardíos do Exipto setentrional, como Maadi, Buto e Heliópolis[16] A primeira comunidade meridional, os Badari, coñecíase pola súa cerámica de alta calidade, utensilios de pedra, e o seu uso do cobre.[17] As sepulturas badaris, simples furados con signos de estratificación social, suxire que a cultura estaba caendo baixo o control de líderes máis poderosos.[18] No norte, a cerámica maadiana era un desenvolvemento local, feita de arxila do Nilo e ocasionalmente decorada con paxaros e serekh sostendo os primeiros nomes de Horus. Mentres Maadi era como un centro comercial, o contacto entre o Alto e o Baixo Exipto neste punto non era significativo; as relacións comerciais con Palestina e Sumer, con todo, estaban fortemente aseguradas.[19] Maadi tamén era a principal fonte de barcos de basalto, cuxa distribución estaba máis difundida no sur despois de que o Exipto setentrional caese baixo o control dos lexisladores do Alto Exipto.[20]

Cara á segunda metade do cuarto milenio a.C. apareceu unha cultura que presentaba os trazos básicos do que sería o Exipto histórico. A esta época chamada en arqueoloxía Naqada II, posto que é unha estación de características especiais. Xurdiron, entón, a escritura xeroglífica, a irrigación a grande escala e un urbanismo incipiente, os cultos primordiais e os centros de poder político que se dividirón en dous reinos, un no norte e outro no sur.

Nun período duns 1000 anos, a cultura Naqada desenvolveuse desde pequenas comunidades granxeiras ata unha poderosa civilización, os líderes da cal retiñan o control supremo sobre a xente e os recursos do Val do Nilo.[21] Establecendo un poder central en Nekhen, e logo en Abidos, os líderes de Naqada estenderon o seu control de Exipto cara ao norte seguindo o curso do río e estableceron contactos comerciais con Nubia, os oasis do deserto occidental, e as culturas do Mediterráneo oriental.[22] A cultura Naqada manufacturou diversos adornos de bens materiais, os cales incluían cerámica pintada, vasos de pedra decorativos de alta calidade, paletas cosméticas, e xoias feitas de ouro, lapislázuli, e marfil. Tamén desenvolveron un verniz coñecido como faienza, o cal foi bastante utilizado durante o período romano, para decorar copas, amuletos, e pequenas figuras.[23] Durante a última fase do predinástico, a cultura Naqada comezou a utilizar símbolos escritos que evolucionaron nun sistema cheo de xeroglíficos para escribir en exipcio.[24]

Primeiro Estado histórico editar

A finais do III milenio e principios do IV milenio os reis do sur conquistaron o norte, creando o primeiro estado territorial, levado a cabo polo rei Menes, rei do Exipto meridional .[25] A partir da unificación de ambos, pasou a comprender todo o val do Nilo, desde a primeira cascada (Asuán) ata a Mediterráneo, incluíndo hai os oasis da zona occidental (Kharga, Dakhla, Farafra e Siwa) aínda que moi pronto comezaron as expedicións río arriba, buscando as riquezas de Nubia, chegando ata a segunda cascada.

As primeiras dinastías crearon un estado que superaba a diversidade local, chegando ao seu punto culminante na IV dinastía. Con todo, o Estado iniciou demasiado pronto un proceso de desintegración que significou a feudalización do país.

Os antigos exipcios elixiron comezar a súa historia oficial cun rei chamado "Meni" (ou Menes en grego) que eles crían que unira os dous reinos da Alto e o Baixo Exipto.[26] A transición a un estado unificado de feito sucedeu máis gradualmente que os escritores do antigo Exipto nos quererían facer crer, e non hai ningún gravado contemporáneo de Menes. Os expertos agora cren, con todo, que o mítico Menes de feito podería ser o faraón Narmer, quen é representado na cerimonial Paleta de Narmer nun acto simbólico de unificación.[27] O sacerdote Manetón do terceiro século aC agrupou a longa liña de faraóns seguintes a Menes en 30 dinastías, sistema aínda utilizado hoxe en día.[28]

Período dinástico antigo editar

 
A Paleta de Narmer representa a unificación das Dúas Terras.[29]

No período dinástico antigo cara ao 3150 a.C, os primeiros faraóns solidificaron o seu control sobre o Baixo Exipto establecendo unha capital en Menfis, desde a que poderían controlar tanto a forza laboral e a agricultura da fértil rexión do delta como as lucrativas e críticas rutas cara ao Levante. O incremento de poder e fama dos faraóns durante o período dinástico antigo está reflectido nas súas elaboradas tumbas mastaba e as estruturas mortuorias de culto a Abidos, as cales eran utilizadas para adorar o faraón deificado logo da súa morte.[30] A forte institución de dirección real desenvolveuse por esencial na supervivencia e crecemento da antiga civilización de Exipto.[31]

Imperio Antigo editar

Artigo principal: Imperio Antigo de Exipto.
 
Micerinos e a súa esposa a raíña Khamerernebty II.

Os principais avances en arquitectura, arte, e tecnoloxía, producíronse durante o Imperio Antigo, impulsado polo incremento na produtividade agrícola feita posible por unha ben desenvolvida administración central.[32] Baixo a dirección do visir, os oficiais estatais recolleitaron impostos, coordinaron proxectos de irrigación para mellorar o rendemento das colleitas, recrutaron agricultores para traballar en proxectos de construción, e estableceron un sistema xudicial para manter a paz e a orde.[33] Co excedente de recursos, feito posible por unha economía produtiva e estable, o estado puido investir na construción de monumentos colosais e comisionar traballos excepcionais de arte da man de obra real. As pirámides construídas por Zoser, Queops, e os seus descendentes son os símbolos máis memorables da antiga civilización exipcia, e o poder dos faraóns que o controlaban.

A través do aumento da importancia da administración xurdiron unhas novas clases de escribas e oficiais letrados que recibían propiedades por parte dos faraóns como pago polos seus servizos. Os faraóns tamén fixeron concesións de terras para os seus templos de culto mortuorio e locais para asegurarse de que estas institucións terían os recursos necesarios para adorar o faraón logo da súa morte. Cara ao final do Imperio novo, cinco séculos destas prácticas feudais desgastaron lentamente o poder económico do faraón, quen non se podería permitir ademais soportar unha grande administración centralizada.[34] Mentres o poder do faraón se evaporaba, os gobernadores rexionais chamados nomarcas comezaron a retar a supremacía do faraón. Isto unido as severas secas entre o 2200 e o 2,150 a.C., causou en último termo que o país entrase nun período de 140 anos de fame e pugnas coñecido como Primeiro Período Intermedio.[35]

Primeiro período intermedio editar

Artigo principal: Primeiro Período Intermedio.

Despois do colapso do goberno central exipcio ao final do Imperio antigo, a administración non puido soportar ou estabilizar a economía do país. Os gobernadores rexionais non puideron contar coa axuda do faraón en tempos de crises, e os continuos cortes de subministración e disputas políticas escalaron en épocas de fame negra e guerras civís a pequena escala. Malia os problemas difíciles, os líderes locais, sen pagar ningún tributo ao faraón, utilizaron a súa nova independencia para establecer unha cultura próspera nas provincias. Unha vez tiveron control sobre os seus propios recursos, as provincias convertéronse máis ricas economicamente -feito demostrado polos maiores e mellores enterramentos entre todas as clases sociais.[36] Déronse estalidos de creatividade, os artesáns provinciais adoptaron motivos culturais formalmente restrinxidos á realeza do Imperio antigo, e os escribas desenvolveron estilos literarios que expresaban o optimismo e orixinalidade do período.[37]

Libres da súa lealdade ao faraón, os lexisladores locais comezaron a competir entre eles polo control territorial e o poder político. Cara ao 2160 a.C., os lexisladores de Hierakonpolis controlaban o Baixo Exipto, mentres un clan rival con base en Tebas, a familia Intef, tomou o control do Alto Exipto. Mentres os Intef creceron en poder e estenderón o seu control sobre o norte, un conflito entre os dous rivais converteuse en inevitable. Ao redor do 2055 a.C. as forzas tebanas baixo o mando de Nebhepetre Mentuhotep II finalmente venceron os lexisladores Herakleopolitans, reunificando as Dúas Terras e inaugurando un período de renacemento económico e cultural coñecido como Imperio Medio.[38]

Imperio medio editar

Artigo principal: Imperio Medio de Exipto.
 
Mentuhotep II, o fundador do Imperio Medio.

Os faraóns do Imperio Medio devolveron a prosperidade e a estabilidade do país, situación que alentou un rexurdimento da arte, a literatura, e os proxectos de construción monumental.[39] Mentuhotep II e os seus sucesores da 11ª Dinastía lexislaron desde Tebas, pero o visir Amenemhat I, ao asumir a coroa ao comezo da 12ª Dinastía ao redor de 1985 a.C., cambiou a capital nacional a cidade de Itjtawy localizada en Faium.[40] Desde Itjtawy, os faraóns da 12ª Dinastía comprometéronse a levar a cabo unha recuperación territorial de longo alcance e un proxecto de irrigación para incrementar o excedente agrario da rexión. Por outra banda, o exército reconquistou territorio a Nubia rica en minas de pedra e ouro, mentres os traballadores construían unha estrutura defensiva no Delta Oriental, chamada as " Muros-do-Rei", para defenderse dos ataques estranxeiros.[41]

Tendo o exército asegurado e seguridade militar e política e vastas riquezas agrícolas e minerais, a poboación, a arte, e a relixión da nación afloraron. En contraste coas actitudes elitistas do Imperio Antigo cara aos deuses, o Imperio Medio experimentou un incremento nas expresións de devoción persoal e o que se podería chamar democratización da vida de ultratumba, na que todas as persoas posuían unha alma e podían ser ben recibidas dentro da compañía dos deuses logo da morte.[42] A literatura do Imperio medio caracterizábase por tratar temas e personaxes sofisticados escritos nun estilo seguro e elocuente,[37] e os relevos e retratos escultóricos do período capturaron detalles sutís e individuais que lograron novas metas de perfección técnica.[43]

O último gran lexislador do Imperio Medio, Amenemhat III, deixou entrar colonos asiáticos dentro da rexión do delta para prover unha forza de traballo suficiente para as súas campañas especialmente activas de minería e construción. Estas ambiciosas actividades de construción e minería, xunto coas inadecuadas inundacións do Nilo no seu reinado, esgotaron a economía e precipitaron o lento declive no Segundo Período Intermedio durante as seguintes dinastías, a 13ª e 14ª dinastías. Durante este declive, os poboadores asiáticos estranxeiros comezaron a apoderarse da rexión do delta, posteriormente dominantes dentro de Exipto, como foi o caso dos hicsos.[44]

Segundo período intermedio e os hicsos editar

Artigo principal: Segundo Período Intermedio.
 
Antigo Exipto, o Imperio Medio e os hicsos.

Ao redor do 1650 a.C., mentres o poder dos faraóns do Imperio Medio se debilitaba, os inmigrantes asiáticos residentes na cidade do Delta Oriental, Avaris, apoderáronse da rexión e forzaron o goberno central a retirarse a Tebas, onde o faraón era tratado como vasalo de quén se esperaba un tributo.[45] Os hicsos ("gobernantes de terras estranxeiras"), imitaron os modelos exipcios de goberno e retratábanse eles mesmos como faraóns, integrando así elementos exipcios na súa cultura da Idade de Bronce Medio.[46]

Tras a súa retirada, os reis de Tebas atopáronse eles mesmos atrapados entre os Hicsos ao norte e os aliados Nubios dos Hicsos, os etíopes, ao sur. Despois de cen anos de tenue calma, non foi ata o 1555 a.C. que as forzas tebanas conseguiron suficiente forza como para enfrontarse aos hicsos nun conflito que duraría máis de trinta anos.[45] Os faraóns Taa II e Kamés lograron finalmente derrotar aos nubios, pero foi o sucesor de Kamés, Amosis I, quen emprendeu vitoriosamente unha serie de campañas que erradicarón permanentemente a presenza hicsa en Exipto. No Imperio novo que seguiu, o exército converteuse nunha prioridade central para os faraóns que buscaban estender as fronteiras exipcias e asegurar o seu dominio completo do Oriente Próximo.[47]

Imperio novo editar

 
Djeser-Djeseru é o edificio principal de Hatshepsut, templo mortuorio complexo en Deir el-Bahri. O edificio é un exemplo da perfecta simetría que é anterior ao Partenón por mil anos.
Artigo principal: Imperio Novo de Exipto.

O Imperio Novo (c. 1550 - 1070 a. C.) marca o apoxeo de Exipto como poder internacional con fronteiras aseguradas e estendidas. Amosis I fundou a súa primeira dinastía e cambiou a capital desde Avaris a Tebas, mentres mantiña a administración en Menfis. Campañas empresas baixo Thutmose I e o seu neto Thutmose III estenderon a influencia dos faraóns dentro de Siria e Nubia, consolidando a súa lealdade e abrindo o acceso a importacións críticas como o bronce e a madeira.[48] Os faraóns do Imperio novo comezaron unha campaña de construción a grande escala para promover o deus Amón, o culto crecente asentábase en Karnak. Tamén construíron monumentos para glorificar os seus propios existentes, tanto reais como imaxinarios. A muller faraón Hatshepsut utilizou esta propaganda para lexitimar a súa reclamación ao trono.[49] O seu reinado victorioso foi marcado por expedicións comerciais ao Punto, un elegante templo mortuorio , un par de colosais obeliscos e unha capela en Karnak . No entanto o seu sobriño legal Thutmose III loitou para borrar todo o seu legado preto do fin do seu reinado usurpando o seu trono.[50]

 
Akhenatón e familia recibindo vida dos raios de Atón.

Ao redor de 1350 a.C., a estabilidade do Imperio parecía ameazado, aínda máis cando Amenhotep IV ascendeu ao trono e instituíu unha serie de reformas radicais, que tiveron resultado caótico. Cambiando o seu nome polo de Akhenatón, promocionó a ata entón escura deidade solar Atón como a deidade suprema, iniciando unha reforma relixiosa tendente ao monoteísmo. En parte, o monoteísmo de Akhenatón foi un produto abortado do absolutismo real; os vellos deuses desapareceran, pero o rei mantiña -para o seu propio beneficio político- o seu papel tradicional como mediador entre os homes e os desexos do novo deus. O faraón suprimiu o culto á maioría das demais deidades e atacou o poder do templo que fora dominado polos sacerdotes[51] de Amón en Tebas, a quen vía como corruptos. Ao mover a capital á nova cidade de Akhet-Atón (actual Amarna), Akhenatón fixo oídos xordos aos acontecementos no Oriente Próximo (onde os hititas, Mitanni e os asirios disputábanse o control) e concentrouse unicamente na nova relixión. A nova filosofía relixiosa implicou un novo estilo artístico, que resaltaba a humanidade do rei por encima da monumentalidade.

Logo da súa morte, o culto de Atón foi abandonado rapidamente,[52] os sacerdotes de Amón pronto recuperaron o poder e devolveron a capital a Tebas. Baixo a súa influencia os faraóns posteriores -Tutankhamon, Ay e Horemheb- intentaron borrar toda mención da herexía de Akhenatón, agora coñecido como o Período de Amarna.[53]

 
Catro estatuas colosais de Ramsés II flanquean a entrada do seu templo de Abu Simbel.

Ao redor de 1279 a.C. ascendeu ao trono Ramsés II, tamén coñecido como o Grande. O seu sería o reinado máis longo da historia exipcia; chegaría construír máis templos, construír máis estatuas e obeliscos, e procrear máis fillos que calquera outro faraón da historia. Audaz líder militar, Ramsés II conduciu o seu exército contra os hititas na Batalla de Qadesh (na actual Siria); logo de chegar a un punto morto, finalmente aceptou un tratado de paz co reino hitita. É o tratado de paz máis antigo rexistrado, en torno a 1258 antes de Cristo. Exipto retirouse da maior parte das súas posesións asiáticas logo disto, deixando aos hititas a competir sen éxito co crecente poder dun rexurdimento de Asiria e os recentemente chegados frixios.

A riqueza de Exipto, con todo, converteuse nun obxectivo tentador para a invasión; en particular, para os libios bérberes do oeste e os Pobos do Mar, que formaban parte da poderosa confederación de piratas gregos do mar Exeo. Inicialmente, o exército foi quen de repeler as invasións, mais Exipto terminou por perder o control dos seus territorios no sur de Siria e Palestina, que en gran parte caeron en poder dos asirios e os hititas. O impacto das ameazas externas viuse agravada por problemas internos como a corrupción, o roubo das tumbas reais e os disturbios civís. Logo de recuperar o seu poder, os sumos sacerdotes do templo de Amón en Tebas acumularan vastas extensións de terra e de riqueza, debilitando ao estado. O país terminou dividido, dando inicio ao Terceiro Período Intermedio.

Terceiro período intermedio editar

Artigo principal: Terceiro Período Intermedio.

Comeza coa instauración de dúas dinastías de orixe libio que se repartiron Exipto: unha, desde Tanis, a bíblica Zoán, no Baixo Exipto, e outra, cuxos reis tomaron o título de sumos sacerdotes de Amón, desde Tebas. O período termina coa dominación dos reis cushitas. Son as dinastías, parcialmente coetáneas, XXI a XXV.

 
Apries. Período Tardío.

Período tardío (c. 656 - 332 a. C.) editar

Artigo principal: A Baixa Época.

Comeza coa dinastía Saíta, con dous períodos de dominación persa, así como con varias dinastías coetáneas de gobernantes exipcios independentes. Exipto converteuse finalmente nunha satrapía. Son as dinastías XXVI a XXXI.

Período helenístico (332 - 30 a.C.) editar

 
Alexandre o Grande.

Iníciase coa conquista de Exipto por Alexandre o Grande de Macedonia no 332 a.C., e a chegada ao poder no 305 a.C. da dinastía tolemaica, de orixe macedonio. Finaliza coa incorporación de Exipto ao Imperio romano trala batalla de Actium, no ano 31 a.C. No ano 30 a.C. morre Cleopatra e Exipto convértese nunha provincia do Imperio romano.

Período romano (30 a.C. - 640 d.C.) editar

 
Os retratos de Fayum fan un resumo do encontro das culturas exipcia e romana.

Exipto converteuse nunha provincia do Imperio Romano o 30 de xullo do ano 30 a.C., logo da derrota de Marco Antonio e a raíña tolemaica Cleopatra VII ante Octavio (máis tarde emperador Augusto) na batalla de Actium (2 de setembro do ano 31 a.C.), liquidando definitivamente a independencia política de Exipto e converténdoo en provincia romana. Os romanos necesitaban dos cargamentos de cereais de Exipto, e o exército romano, baixo o control dun prefecto nomeado polo emperador, reprimiu revoltas, fixo respectar estritamente a recaudacion das taxas, e previr ataques os bandidos, os cales habianse convertido nun problema notorio durante estes períodos.[54] Alexandría converteuse nun centro cada vez máis importante na ruta de comercio co oriente, xa que os Artigos de luxo exóticos tiñan unha alta demanda en Roma.[55]

Aínda que os romanos tiveron unha actitude máis hostil cos exipcios que os gregos, algunhas tradicións como a momificación e adoración dos deuses tradicionais continuou.[56] A arte do retrato do Fayum aflorou, e algúns emperadores romanos representáronse como faraóns, aínda que non tan extensamente como o fixeron os tolomeos. En principio vivía fóra de Exipto e non executaba as funcións cerimoniais como rei exipcio. A administración local converteuse romana en estilo e pechada aos nativos exipcios.[56]

Desde mediados do século I d.C., o cristianismo arraigou e difundiuse en Alexandría. Incompatible co paganismo, o cristianismo perseguiu gañar conversos e ameazou as tradicións relixiosas populares. Isto levou á persecución de conversos ao cristianismo, culminando nas grandes purgas de Diocleciano, comezadas no 303 d.C., pero finalmente o cristianismo triunfou.[57] Como consecuencia, a cultura pagá exipcia entrou nun declive continuo. Aínda que a poboación nativa continuou falando na súa lingua, a habilidade de ler a escritura xeroglífica foi desaparecendo a medida que a influencia dos sacerdotes e sacerdotisas dos templos exipcios diminuía. A persecución forzou os convertidos recentes a fuxir aos desertos exipcios; os templos mesmos ás veces convertíanse en igrexas ou abandonabanse no deserto.[58] Co tempo, o crecemento destas comunidades xerou a necesidade de escribir instrucións gregas cristiás en lingua exipcia. Os pais temperáns da Igrexa ortodoxa copta, como Antón o Grande, Pacomio de Tabenna, Macario e Atanasio, que normalmente escribían en grego, dirixiron parte dos seus esforzos aos monxes exipcios de Exipto. A lingua exipcia, agora escrita no alfabeto copto, aflorou nos séculos II e III dC. Con todo, non foi ata o monxe Xenute cando o copto se converteu nunha lingua plenamente estandarizada baseada no dialecto sahídico. A lingua nativa exipcia e os coñecementos do grego e a retórica de Xenute servíronlle como ferramentas necesarias para elevar o copto, en contido e estilo, a unha alta literatura case igual á posición da lingua exipcia no Exipto precristiano.

Dominación islámica editar

 
Ruta seguida polos exércitos árabes durante a conquista musulmá de Exipto no ano 641.

Despois de que o Imperio romano fora repartido o ano 395 en Occidente e Oriente, este último pasou aos seus sucesores, os bizantinos, e permaneceu nas súas mans ata a conquista polo pobo árabe no ano 641. Os últimos vestixios da tradicional cultura do antigo Exipto finalizan definitivamente a comezos do século VI, cos últimos sacerdotes de Isis, que oficiaban o templo da illa de Filae, ao proscribirse o culto aos "deuses pagáns". Exipto caeu baixo o dominio dos gobernadores árabes durante a expansión do islam no século VII. Ás portas do século VIII, o califa Abd-al-Malik decretou que o árabe substituiría o grego e o copto como lingua administrativa exclusiva. O copto literario declinou gradualmente ata o punto de que, ao cabo duns cantos séculos, o bispo exipcio Severus Ibn al-Muqaffa atopou necesario escribir a súa Historia dos patriarcas en árabe. Con todo, eclesiásticamente, a lingua retivo a súa importante posición, e moitos textos haxiográficos tamén se compuxeron durante este período. Ata o século X, o copto permaneceu a lingua falada da poboación nativa fora da capital.

As violentas persecucións dos mamelucos guiaron a un declive máis grande do copto, ata que se entregou o árabe exipcio nalgún momento do século XVII, e desde entón puido sobrevivir en lugares illados por un tempo máis. Na segunda metade do século XIX, o papa Cirilo IV de Alexandría comezou un movemento nacional eclesiástico para revivir a lingua copta. Publicáronse varios traballos de gramática, xunto co dicionario máis comprensible que se fixo ata entón. Os achados universitarios no campo da exiptoloxía e a inauguración da Instituto de Estudos Coptos contribuíron máis adiante no renacemento. Os esforzos para resucitar a lingua seguen emprendendo, tanto dentro como fora da Igrexa, e atraeron o interese tanto dos coptos como de árabes en Exipto.

Demografía editar

Os Antigos Exipcios foron o resultado dunha mestura das varias poboacións que se fixaron no Exipto ao longo dos tempos, oriúndas do nordeste africano, da África negra e da área semítica.

 
Representación do pobo hebreo no antigo Exipto por Edward Poynter (1867).

A cuestión relativa á etnia dos antigos Exipcios é por veces xeradora de controversia, aínda que á luz dos últimos coñecementos da ciencia falar de razas humanas revélase un anacronismo. Até mediados do século XX, por influencia dunha visión eurocéntrica, considerábase os antigos Exipcios practicamente como brancos; a partir dos anos 1950 do século XX as teorías do "afro-centrismo", segundo as cales os Exipcios eran negros, afirmáronse nalgúns círculos.[59] Importa tamén referir que as representacións artísticas son frecuentemente idealizacións que non permiten retirar conclusións neste dominio.

Os Exipcios tiñan consciencia da súa alteridade: nas representacións artísticas dos túmulos os habitantes do val do Nilo aparecen con roupas de liño branco, en canto que os seus veciños libios e semitas con roupas de la.

A lingua dos Exipcios (hoxe unha lingua morta) é un ramo da familia das linguas afroasiáticas (camito-semíticas). Esta lingua é coñecida grazas á descuberta e descifrado da Pedra Rosetta, onde se encontra inscrito un decreto de Tolomeo V Epifanio (205-180 a.C.) en dúas linguas (exipcio e grego) e en tres escritas (caracteres xeroglíficos, escrita demótica e alfabeto grego). En 1822 o francés Jean-François Champollion descifrou a escrita xeroglífica e a demótica que se encontraban na pedra, permitindo así o acceso aos textos do antigo Exipto e o comezo da Exiptoloxía.

O número de habitantes do antigo Exipto oscilou segundo as épocas. Durante o período predinástico (4500-3000 a.C.) a poboación rondaría os centenas de milleiros; durante o Imperio Antigo (século XVII a XII a.C.) situaríase nos dous millóns, atinxindo os catro millóns por altura do Imperio Novo. Cando o Exipto se tornou unha provincia romana a poboación debeu ser cerca de sete millóns. Esta poboación habitaba nas terras agrícolas situadas nas marxes do Nilo, sendo escasas as poboacións que vivían no deserto. Ao contrario das civilizacións da Mesopotamia, o antigo Exipto non desenvolveu unha importante rede urbana.

Notas editar

  1. Só despois do 664 a.C. son datas seguras. Para máis detalles véxase cronoloxía exipcia. Digital Egypt for Universities, University College London (ed.). "Chronology" (en inglés). Consultado o 25-03-2008. 
  2. Dodson (2004) páx. 46
  3. Clayton (1994) pàg. 217
  4. James (2005) páx. 8
  5. Manuelian (1998) páx. 6–7
  6. A faienza é barro vernizada ou esmaltada.
  7. Clayton (1994) páx. 153
  8. James (2005) páx. 84
  9. Adkins, L. and Adkins, R. (2001). The Little Book of Egyptian Hieroglyphics. Londres: Hodder and Stoughton. ISBN 0-340-79485-2. 
  10. Shaw (2002) páx. 17
  11. Shaw (2002) páx. 17, 67–69
  12. Adkins, L. and Adkins, R. (2001). Londres: Hodder and Stoughton, ed. The Little Book of Egyptian Hieroglyphics. ISBN 0-340-79485-2. 
  13. Hayes (1964) pàg. 220
  14. Midant-Reynes (2000) pàg. 106
  15. Hayes (1964) páx. 230
  16. Midant-Reynes (2000) páx. 210–19
  17. Digital Egypt for Universities, University College London (ed.). "La Civilització Badari" (en inglés). Consultado o 2008-03-09. 
  18. Shaw (2002) pàg. 39
  19. Midant-Reynes (2000) pàg. 211
  20. Mallory-Greenough (2002), pág. 84
  21. Digital Egypt for Universities, University College London (ed.). "Cronologia del Període Naqada" (en inglés). Consultado o 21/08/2013. 
  22. Shaw (2002) pàg. 61
  23. Digital Egypt for Universities, University College London (ed.). "Faiança en diferents Períodes". Consultado o 9-03-2008. 
  24. Allen (2000) pàg. 1
  25. Sureda, Joan (1988) pàg.128
  26. Shaw (2002) páx. 78–80
  27. Clayton (1994) páx. 12–13
  28. Clayton (1994) pàg. 6
  29. Robins (1997) pàg. 32
  30. Shaw (2002) pax. 70
  31. Digital Egypt for Universities, University College London (ed.). "Egipte Dinàstic Antic" (en inglés). Consultado o 2008-03-09. 
  32. James (2005) páx. 40
  33. Shaw (2002) pàg. 102
  34. Shaw (2002) pàg. 116–7
  35. Clayton (1994) páx. 69
  36. Shaw (2002) páx. 120
  37. 37,0 37,1 Shaw (2002) páx. 146
  38. Clayton (1994) pàg. 29
  39. Shaw (2002) páx. 148
  40. Clayton (1994) pàg. 79
  41. Shaw (2002) pàg. 158
  42. Shaw (2002) pág. 179–82
  43. Robins (1997) pàg. 90
  44. Shaw (2002) pàg. 188
  45. 45,0 45,1 Ryholt (1997) páx. 310
  46. Shaw (2002) pàg. 189
  47. Shaw (2002) pàg. 224
  48. James (2005) páx. 48
  49. Digital Egypt for Universities, University College London (ed.). "Hatshepsut". Consultado o 06/01/2014. 
  50. Clayton (1994) páx. 108
  51. Aldred (1988) páx. 259
  52. Guerrero, Teresa. "Unha nova orde relixiosa" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2008. 
  53. Cline (2001) páx. 273
  54. James (2005) páx. 63
  55. Shaw (2002) páx. 426
  56. 56,0 56,1 Shaw (2002) páx. 422
  57. Shaw (2002) pàg. 441
  58. Shaw (2002) páx. 445
  59. The Question of Race in ancient Egypt, Dygital Egypt for Universities

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  • Antigo Egipto - todos os períodos, reis e dinastías dos faraóns exípcios. Comparación de cronoloxías. Nomes reais (Cartuchos e Serekhs) de algúns faraóns.(en portugués)
  • Amigos de la Egiptología - páxina con bastantes informacións sobre os diversos aspectos do Antigo Exipto.(en castelán)