Filae
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2022.) |
Filae (en textos latinos: Philæ, Philae) era o nome dunha illa situada no río Nilo, a once quilómetros ao sur de Asuán, no Exipto. Foi soado polos templos erixidos durante os períodos tolemaico e romano dedicados ao culto á deusa Isis que se espallou por todo o Mediterráneo, manténdose a súa veneración no templo de File ata que foi prohibido en tempos de Xustiniano I, no ano 535
Φιλαί (grc) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Exipto | |||
Gobernación | Assuão (pt) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 144 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
A illa de Filae ficou mergullada no século XX baixo as augas encoradas polo encoro de Asuán, aínda que baixo patrocinio da Unesco os templos foron desmontados, trasladados e reconstruídos no próximo illote de Agilkia.
Historia
editarIsis foi unha das deusas principais do panteón exipcio, mais só a partir de Nectanebo I, faraón da dinastía XXX, comezaron a erixirse edificacións sacras de certa importancia na illa. Os tolemaicos continuaron ampliando o complexo e, posteriormente, algúns emperadores romanos como Augusto, Tiberio, Traxano e Hadriano, ordenaron construír máis edificacións.
O culto á deusa perdurou ata o século VI, cando o emperador romano de oriente, Xustiniano I, o prohibiu. O conxunto reconverteuse entón en igrexa cristiá dedicada á advocación de Santo Estevo, ata o século XII, época na que o credo islamita xa se impuxera como relixión maioritaria da poboación exipcia.
Patrimonio da Humanidade
editarO conxunto de templos de Filae forma parte do Museo ao aire libre de Nubia e Asuán, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979 co nome de Monumentos de Nubia de Abú Simbel a Filae.
O sistema templario en Filae; a gramática do templo
editarO conxunto de templos da illa de Filae non constitúe un sistema illado. Así a todo, está estreitamente vencellado a outros templos próximos (Abatón) e á serie de templos nubios que, dende Filae, fican nas beiras da Baixa Nubia. Cómpre lembrar que o gobernante exipcio (case de xeito continuado en cada reinado) regaloulle "os campos" (o Dodekaschoenos) á deusa (o que é o mesmo que dicir aos seus sacerdotes).
Na illa, existe unha clara gradación nos templos. O templo principal é, naturalmente, o de Isis, e ocupa a posición axial, estando os outros templos (Arensnufis, Imhotep etc.) subordinados ao da deusa, atopándose transversalmente ao eixe principal.
A decoración dos muros dos templos que constitúen o conxunto de Filae realizouse conforme a un sistema descrito por Eleni Vassilika (Ptolemaic Philae), segundo o cal os artistas, seguindo as directrices dos teólogos, elaborarían unha serie de cartóns decorativos a partir dos cales fóronse erguendo as decoracións murais, mantendo estritas normas regradas.
Os templos ergueitos na illa de Filae
editarO conxunto do templo de Isis dispón de varias edificacións:
- O vestíbulo de Nectanebo I, con perpiaños da época de Taharqo.
- O templo de Arensnufis, divindade meroítica, de tempos de Tolomeo IV Filópator e Arqamani II, rei de Meroe.
- As columnatas da época de Augusto e Tiberio.
- A capela de Mandulis, divindade nubia.
- O templo adicado a Imhotep, sabio divinizado da época de Dyeser.
- A porta de tempos de Tolomeo II Filadelfo.
- O primeiro pilono, cos obeliscos de Tolomeo VIII Evérxetes.
- O patio co mammisi, de Tolomeo VIII, rematado por Tiberio.
- O templo de Isis, decorado en época de Tolomeo II, rematado por Augusto e Tiberio.
- O templo de Hathor, de Tolomeo VI Filómetor e Tolomeo VIII Evérxetes.
- Ao oeste está a chamada porta de Hadriano, ao pasar pola cal chégase á capela principal e ao templo da deusa Hathor, ao leste do templo de Isis. Os alicerces están decorados con escenas de músicos, bailaríns e deuses. Ao suroeste está o quiosco de Traxano.
Estancias anexas
editarEntre as principais estancias que abrangue o conxunto, cabe destacar:
- A biblioteca. O templo contaba cunha biblioteca de textos sagrados en papiro, para o uso dos sacerdotes no seu culto diario, así como para depósito de documentos.
- A chamada "Estancia Meroítica". Unha das salas do templo acolle un interesante grupo de inscricións e representacións meroíticas, de extraordinario interese para a historia da zona.
Derradeiros vestixios da antiga escritura exipcia
editarA derradeira inscrición xeroglífica da que se ten evidencias foi gravada nos muros da porta ergueita en tempos do emperador Hadriano, situada no recinto do templo do Isis; gravouse o día 24 de agosto de 394, e consistía nunha invocación ao deus kushita Mandulis.[1]
O derradeiro texto escrito en exipcio demótico datouse no día 11 de decembro do ano 452; trátase dunha frase pintada nos muros do templo do Isis, en Filae.
Notas
editar- ↑ Devauchelle, Didier: Bulletin de la société française d'égyptologie, 131 (1994), p. 16-18.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filae |