Sumeria

(Redirección desde «Sumer»)

Sumeria[1] (ki-en-ĝir en lingua sumeria), considérase unha das civilizacións máis antigas da humanidade; localizábase na parte sur da Mesopotamia (o Iraq da actualidade), situada en terreos coñecidos pola súa fertilidade, entre os ríos Tigris e Éufrates. A chegada dos sumerios á rexión estableceuna Samuel Noah Kramer entre o 3500 e o 3000 a.C.[2] sobrepoñéndose a unha poboación anterior. Sumeria exerceu influencia sobre as áreas circunveciñas, culminando na dinastía de Agadé, fundada en aproximadamente 2340 a. C. por Sargón I. Este, ao parecer, sería de etnia e lingua semitas. Despois de 2000 a.C. Sumeria entrou en declive, sendo absorbida por Babilonia e por Asiria.

Modelo:Xeografía políticaSumeria
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°N 46°L / 32, 46
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creaciónséculo LV a. C. Editar o valor en Wikidata
Disoluciónséculo XIX a. C. Editar o valor en Wikidata

Dúas importantes creacións acreditadas aos sumerios son a escrita cuneiforme, que antecede probabelmente todas as outras formas de escrita, sendo orixinalmente usada por volta do 3500 a.C., e mais as cidades-estados, sendo, probabelmente, a máis coñecida a cidade de Ur, construída por Ur-Nammu, o fundador da terceira dinastía Ur, por volta de 2000 a.C.

Historia

editar
 
Divindade sumeria

O termo "sumerio" é na verdade un exónimo aplicado (e, probabelmente, cuñado) polos acadios. Os sumerios describíronse a si mesmos como sag-gi-ga (o pobo de cabezas negras) e chamaron a súa terra Ki-en-ĝi, o lugar dos señores civilizados. A palabra acadia Shumer posibelmente representa ese nome nun dialecto diferente. Non se sabe absolutamente nada da súa orixe e non se estableceu conexión ningunha entre a súa lingua e a doutros pobos[3] Na súa orixe as cidades sumerias tiñan unha función relixiosa, o templo constituía o centro da actividade social e económica[4]. Pero o lugal (en orixe un dirixente civil) impúxose ás autoridades relixiosas converténdose nun auténtico monarca. Arredor do 2700 a.C. establécese nas cidades sumerias unha estrutura militar claramante organizada, cunha milicia permanente.[5] As relacións entre as cidades sumerias eran en gran parte bélicas, Kish conseguiu manter o poder sobre gran parte de Sumeria.[6]

Despois dun período de dominio dos reis elamitas (vivían no suroeste do actual Irán), os sumerios volveron gozar de independencia. As cidades de Lagash, Umma, Eridu, Uruk e principalmente Ur tiveron os seus momentos de gloria.

Ben cedo, grupos de nómades, vidos do deserto da Siria, comezaron a penetrar nos territorios ao norte das rexións sumerias. Coñecidos como acadios, dominaron as cidades-estados da Sumeria por volta de 2550 a.C. Mesmo antes da conquista, xa estaba ocorrendo unha síntese entre as culturas sumeria e acadia, que aumentou acentuadamente coa unificación dos dous pobos. Os ocupantes asimilaron a cultura dos vencidos, aínda que en moitos aspectos as dúas culturas mantivesen diferenzas entre si, máis evidente, sobre todo, no campo da relixión.

Civilización acadia

editar

Ver artigo principal: Acadios

Máis tarde, por volta de 2369 a.C., Sargón, o Vello, patesi da cidade de Acad, unificou a maioría das cidades-templos. O gran rei acadio, guerreiro e conquistador, tornouse coñecido como “soberano dos catro cantos da terra”. A pesar da unificación, as estruturas políticas da Sumeria continuaron existindo. Os reis das cidades-estados sumerias foron mantidos no poder e recoñecíanse como tributarios dos conquistadores acadios.

O imperio creado por Sargón desmoronou despois dun século de existencia, en consecuencia de revoltas internas e dos ataques dos gutis, nómades orixinarios dos montes Zagros, no Alto do Tigris, que investían contra as rexións urbanizadas, porque a tendencia cara ao sedentarismo das poboacións do Oriente Medio lles dificultaba a caza e o pastoreo. Por volta de 2150 a.C., os guti conquistaron a civilización sumerio-acadia. Despois diso, a historia da Mesopotamia parecía repetirse. A unidade política dos sumerio-acadios era destruída polos guti, que, pola súa vez, eran vencidos por revoltas internas dos sumerio-acadios.

Renacemento sumerio

editar

O dominio intermitente dos guti durou un século, sendo substituído no século seguinte (cerca de 2100 a.C.1950 a.C.) por unha dinastía proveniente da cidade-estado de Ur. Expulsados os guti, Ur-Nammur reunificou a rexión sobre o control dos sumerios. Foi un rei enérxico, que construíu os famosos cigurats e promoveu a compilación das leis do dereito sumerio. Os reis de Ur non soamente restabeleceron a soberanía sumeria, mais tamén conquistaron a Acadia. Nese período, chamado de renacenza sumeria, a civilización sumeria atinxiu o apoxeo, mais ese foi o último acto de manifestación do poder político da Sumeria.

Decadencia

editar

Unha vez que os estados lugares creceron en forza bruta, os sumerios comezaron a perder a súa hexemonía política sobre a maioría das partes da Mesopotamia.

Atormentados polos ataques de tribos elamitas e amoritas, o imperio esborrallouse. Nesta época, os sumerios desapareceron da historia, mais a influencia da súa cultura nas civilizacións subsecuentes da Mesopotamia tivo longo alcance. Os amoritas fundaron a Babilonia. Os hurrianos da Armenia estabeleceron o imperio de Mitanni na parte norte da Mesopotamia por volta de 2000 a. C., en canto os babilonios controlaban o sur. Ambos os grupos defendíanse dos exipcios e dos hititas. Eses últimos derrotaron Mitani, mais foron expulsados polos babilonios. Os casitas, entrementres, venceron os babilonios en 1400 a. C.. Os casitas foron despois vencidos polos elamitas por volta de 1150 a. C..

Administración e política

editar

Os sumerios habitaron varias cidades-estado, cada unha erixida en torno dos seus respectivos templos, dedicados ao deus a cuxa protección a cidade competía. Estas cidades, grandes centros mercantís, eran gobernadas por déspotas lugares denominados patesis, supremos-sacerdotes e xefes militares absolutos, auxiliados por unha aristocracia, constituída por burócratas e sacerdotes. O patesi controlaba a construción de diques, canais de irrigación, templos e celeiros, impondo e administrando os tributos aos que toda a poboación estaba suxeita. As cidades-estados sumerias, tradicionalmente, eran cidades-templos. Isto porque os sumerios consideraban que os deuses fundaran as cidades para que fosen centros de culto. Máis tarde, segundo a relixión, os deuses limitábanse a comunicar os soberanos as plantas das cidades e dos santuarios. A ligazón dos patesis aos ritos da cidade era extremadamente íntima.

Os templos estaban ligados ao poder estatal e as súas riquezas eran usufrutuadas polos soberanos, considerados intermediarios entre os deuses e os homes. Xunto cos templos das cidades, homenaxeando o seu deus patrón, non raramente eran erguidos cigurats, pirámides de macizos ladrillos cocidos ao Sol, que servían de santuarios e acceso aos deuses cando descendían até o seu pobo.

De entre as cidades máis importantes do territorio sumerio estaban Eridu, Kish, Lagash, Uruk, Ur e Nippur. Co desenvolvemento desas cidades, a tentativa de supremacía dunha sobre a outra tornouse inevitábel. O resultado foi un milenio de embates case incesantes sobre o dereito de uso de auga, rotas de comercio e tributos a tribos nómades.

Agricultura e caza

editar

Os sumerios mantiñan unha produción de cebada, garavanzo, lentellas, millo miúdo, trigo, nabo, dátiles, cebola, allo, leituga, allo porro e mostaza. Eles tamén criaban gado, carneiro, cabra e porco. Alén diso usaban bois como opción principal no traballo de carga e burros como animal de transporte. Os sumerios pescaban peixes e cazaban aves galináceas.

A agricultura sumeria dependía moito da irrigación, efectuándose a través do uso de canais, encoros, diques e depósitos de auga. Os canais requirían reparación frecuentes e a remoción continua de lodo. O goberno ordenaba a determinados cidadáns a tarefa de traballar nos canais, a pesar dos ricos poderen dispensarse.

Co uso de canais os facendeiros irrigaban os seus campos e entón drenaban a auga. Despois deixaban que os bois macerasen a terra e matasen as herbas daniñas. O paso seguinte era dragar os campos con picos. Despois de secar, eles araban, gradaban e angazaban as leiras tres veces, remexendo a terra despois cun sacho antes da sementeira.

Os sumerios realizaban a ceifa durante a fase seca do outono en equipos de tres persoas, consistindo dun segador, un enfardador e un enfeixador. Os facendeiros usaban un tipo de colleitadora arcaica para separar a cabeza dos cereais dos seus respectivos talos, para entón usar unha especie de zorra de escolla, que separaba o gran dos cereais. En seguida peneiraban a mestura de grans e debullos.

Cultura

editar

O historiador Alan Marcus comenta que os "sumerios ostentaban unha perspectiva circunspecta sobre a vida".

Un sumerio escribiu: "Lágrimas, lamento, angustia e depresión residen dentro de min. O sufrimento tólleme. O perverso destino aprisióname e fai que cese a vida miña. Báñame unha doenza maligna."

Un outro escribiu: "Por que me contan entre os ignorantes? A comida encóntrase en todo lugar, e aínda así a fame proporciona a miña comida. Durante o día a partilla era orzada; e o orzamento de miña partilla, prexudicada."

A pesar de que as mulleres poderían alcanzar un status máis elevado na Sumeria que noutras civilizacións, a cultura era predominantemente masculina.

Arquitectura

editar

Artigo Principal: Arte da Sumeria

A planicie Tigris-Éufrates carecía de minerais e árbores. As edificacións sumerias comprendían estruturas planoconvexas feitas de ladrillos de barro, desprovistas de argamasa ou cemento. Unha vez que os ladrillos planoconvexos son de composición relativamente inestábel, os pedreiros sumerios engadían unha man extra de ladrillos, postos perpendicularmente a cada poucas fileiras. Aí entón enchían os ocos con betume, cana e xoio. As construcións feitas con ladrillos de barro acababan por se deteriorar, de forma que eran periodicamente destruídas, niveladas e reconstruídas no mesmo lugar. Esa constante reconstrución gradualmente elevou o nivel das cidades, de modo que se ergueron por riba da planicie á súa volta. As construcións resultantes coñécense co nome árabe de tell e encóntranse en todo o antigo Oriente Próximo. O tipo máis famoso e impresionante de entre as edificacións sumerias chámase cigurat, unha construción de largas, amplas plataformas sobrepostas en cuxo cumio había templos. Selos cilíndricos sumerios tamén describen casas construídas con cana, similares a aquelas construídas polos árabes das terras baixas da parte sur do Iraq até anos recentes.

Por outro lado, os templos sumerios e palacios fixeron uso de materiais e técnicas máis avanzadas como reforzos (soporte para os ladrillos), recesos (esquinas), pilastras e cravos de arxila.

Literatura sumeria

editar

Segundo a clasificación de J. Krecher a literatura sumeria catalógase nos seguintes xéneros:

  • Mitos: Acontecementos extraordinarios nas épocas arcaicas con personaxes divinos e que debido a estar ligados a prácticas de culto son moi repetitivos.
  • Epopeas: fazañas dos reis ancestrais, entre elas destaca a Epopea de Gilgamesh.
  • Inscricións votivas: referencias a empresas guerreiras ou culturais do oferente.
  • Composicións historiográficas. referencias a sucesos pasados, explicacións mitolóxicas e pregarias, entre ela destaca as chamadas "lamentacións colectivas".
  • Cartas á divindade:
  • Lamentacións individuais.
  • Conxuros máxicos, que formaban parte da menciña sumeria.
  • Himnos.
  • Mitos culturales, expresados en forma de disputa entre dous personaxes.
  • Sátira escolar, material de práctica dos escribas sumerios onde se plasman as crenzas morais da civilización sumeria.

Escultura sumeria

editar

Consérvanse terracotas, amuletos, selos, estatuas e baixorrelevos cinguidos a convencionalismos da arte sumerios, como o hireatismo e a lei de frontalidade, canon de perfil e ausencia de perspectiva sendo a maioría da arte atopada de contexto relixioso. Os deuses e seres sobrenaturais son representados antropomorficamente e acompañados dunha serie de emblemas ou símbolos grazas aos acles podemos identificar os personaxes aínda que o símbolo é anterior á representación atropomórfica, esta serie de emblemas é limitado sendo os símbolos mais frecuentes fenómenos astrais, media lúa (deus Sîn), estrela (istar) disco solar (Samas), sete luceiros (grupo dos demos Sebettu) feixe de raios (Adab). Logo todos os deuses adoitan compartir un mesmo vestiario, tiara astada e túnica de voantes sentados nun trono, algúns acompañados de varios obxectos: Cálamo (deus Nabû), pala (marduk), arado (Ningirsu),lámpada (Nusku),etc

Economía e comercio

editar

Emprendedores e creativos, os sumerios estabeleceron relacións comerciais con varios pobos da costa do Mediterráneo e do val do Indo.

Descubertas de obsidiana en lugares alongados da Anatolia e no Afganistán remontan a Dilmun (hoxe Bahrain, un principado no Golfo Pérsico), e varios selos inscritos na grafía dos pobos do val do Indo suxiren unha rede considerabelmente extensa de comercio antigo, centrado nos límites do Golfo Pérsico.

A Epopea de Gilgamesh refírese ao comercio con terras alongadas de mercadorías como madeira, xa que ese iten representaba un material escaso na Mesopotamia. O cedro do Líbano era especialmente prezado.

Os sumerios usaban escravos, aínda que eses non representasen a maior parte da economía. Mulleres escravas traballaban como tecelás, prensadoras, muiñeiras e cargadoras.

A cerámica sumeria decoraba vasos con pinturas en aceite de cedro. Os ceramistas utilizaban furadeiras arqueadas para producir o lume necesario ao cocemento da cerámica. Os pedreiros e ourives sumerios non só coñecían como facían uso de marfil, ouro, prata, galena e lapislázuli.

Medicina

editar

Como en calquera sociedade premoderna, os sumerios posuían un coñecemento limitado de diagnose e tratamento médicos. Laxantes, purgantes e diuréticos formaban a maioría dos remedios daquel pobo. Determinadas cirurxías tamén eran postas en práctica.

Os sumerios manufacturaban salitre, conseguido a partir da urina, do cal, de cinzas e do sal. Eles combinaban eses materiais con leite, pel de cobra, casco de tartaruga, canela silvestre, mirto, tomiño, salgueiro, figo, pera, abeto e/ou támara. A partir de aí, mesturaban eses axentes con viño, usando o resultado obtido de dúas formas: ou pasando o produto como se fose unha pasta, ou entón mesturábano con cervexa, consumindo o remedio por vía oral.

Os sumerios explicaban a doenza como unha consecuencia do aprisionamento, e consecuente tentativa de escape, dun demo dentro do corpo humano. O obxectivo do remedio era persuadir o demo considerando na idea de que de continuar residindo naquel corpo sería unha experiencia desagradábel. Comunmente os sumerios colocaban un carneiro ou cabra próximo ao doente, esperando atraer o demo para dentro do corpo do animal, que, entón, sería morto. No caso de non haber ovellas á disposición, tentaban a sorte cunha estatua, que se se conseguise transferir o demo para dentro dela, sería cuberta de betume.

Características militares

editar

As cidades sumerias estaban defendidas por murallas. Os sumerios aliábanse en guerras de sitio entre as súas cidades, e as murallas de ladrillos de barro obviamente non podían deter os inimigos, que xa coñecían o material.

O exército sumerio consistía na súa maior parte da infantaría. A infantaría leve portaba machados de guerra, dagas e lanzas. A infantaría de liña de fronte tamén usaba capacetes de cobre, capas de feltro e saias de coiro.

Os sumerios inventaron a carruaxe, á cal ataban onagros (asnos bravos). Esas carrozas antigas non funcionaban tan ben en combate canto os modelos construídos a posteriori, e algúns suxeriron que as carrozas servían primeiramente como medio de transporte, aínda que o equipo de guerra sumerio cargase machados de guerra e lanzas. A carroza ou carruaxe sumeria constituíase dun dispositivo de catro rodas manexado por un equipo de dúas persoas e ligado a catro onagros. A carroza estaba composta por cestas entretecidas, e as rodas posuían un sólido deseño triplo.

Os sumerios usaban fundas e arcos simples (só máis tarde a humanidade inventaría o arco composto.)

Relixión

editar

Artigo Principal: Mitoloxía sumeria

Tratar dun asunto tal como a "Relixión Sumeria" pode complicarse, unha vez que as prácticas e crenzas adoptadas por aquel pobo variaron largamente a través do tempo e distancia, en que cada cidade posuía súa propia visión de mitoloxía e/ou teoloxía.

Entre as principais figuras mitolóxicas adoradas polos sumerios, é posíbel citar aos deuses:

  • An (ou Anu), deus do ceo, patrón de Uruk.
  • Nammu, a deusa-nai.
  • Inanna, a deusa do amor e da guerra (equivalente á deusa Ishtar dos acadios).
  • Enlil, o deus do vento, patrón de Nippur.

Cada un dos deuses sumerios (na súa propia lingua, dingir - no plural, dingir-dingir ou dingira-ne-ne) era asociado a cidades diferentes, e a importancia relixiosa a eles atribuída intensificábase ou esmorecía dependendo do poder político da cidade asociada[7], debido a isto hai cambios teolóxicos no culto aos deuses e algúns son relegados ou pasan a formar parte das características dun deus que estea de moda, tal é o caso de Marduk, que de ser un pequeno xenio local chegou a ser cabeza do panteón de deuses.

Segundo a mitoloxía sumeria, os deuses criaron o ser humano a partir do barro co propósito de seren servidos polas súas novas criaturas. Cando estaban amolados ou frustrados, os deuses expresaban os seus sentimentos a través de terremotos ou catástrofes naturais: a esencia primordial da relixión sumeria baseábase, pois, na crenza de que toda a humanidade estaba á mercé dos deuses. Moitos dos mitos sumerios pasarían logo á Biblia(Diluvio universal, creación do home,etc)

Os sumerios consideraban que o universo consistía nun disco plano fechado por unha cúpula de latón. Xa a vida despois da morte envolvía un descenso ao vil submundo, onde se pasaba á eternidade nunha existencia deplorábel nun mundo subterráneo, se o morto non recibía atencións (ser soterrado ou esquecido) convertíase nun espectro que podía causar o mal.

Os templos sumerios consistían dunha nave central con corredores en ambos os lados, flanqueados por apousentos para os sacerdotes. Nunha das puntas do corredor achábanse un púlpito e unha mesa construída con ladrillos de barro, usada para sacrificios animais e vexetais. nas épocas prehistóricas e protohistóricas atópanse dous tipos de arquitectura cultual: santuarios pequenos que albergaban un fogar onde alimentar o lume, e edificios rectangulares cun atrio pechado coñecidos como "templos-sala"[8] . Estes adoitan ter un podio e diante del unha mesa ou altar; Na época protodinástica aparece o templo de eixo en "L" ou de "cóbado", que consta dun espazo rectangular alongado ó que se accede por unha porta cerca da esquina cun altar ou fogar no centro e un podio ó fondo para albergar figuriñas ou obxectos sagrados que só recibe visitas do sacerdote especializado nos rituais. Coa dinastía de UR III cambia o plano[9] o templo pasa a consta dunha cella rectangular cun nicho e un podio cara a metade dunha parede e unha porta enfronte creando un eixo en "T" de tal forma que a estatua da divindade teña contacto óptico ao abrise a porta, máis tarde UR III acabaría aportando o templo en forma de cigurats, o cal serviría para o resto de culturas mesopotámicas nos seguintes séculos. O control da economía pasaba pola clase sacerdotal, así que os templos estaban rodeados de tullas e celeiros onde almacenar a produción e logo comerciar con ela.

A estatuaria relixiosa apareceu na época dinástica, e a maioría que apareceron son pequenas estatuas destinadas ao culto familiar ou de usos máxicos, curiosamente nos templos téñense atopados mais estatuas de oferentes que da propia divindade. Grazas aos textos sábese que as estatuas dos deuses no templo non eran moito maiores cás de culto familiar, nalgúns textos concrétase as cantidades de material necesario para a construción dunha estatua cultual.

Tecnoloxía

editar

Exemplos da tecnoloxía sumeria inclúen: serras, coiro, ciceis, martelos, abrazadeiras, brocas, cravos, alfinetes, aneis, aixadas, machados, navallas, lanzas, frechas, espadas, colas, dagas, odres de auga, caixas, arreos, barcos, armaduras, baíñas, botas, sandalias e arpóns.

Os sumerios posuían tres tipos de barco:

  • os barcos de pel eran feitos a partir de cana e peles de animais.
  • os barcos a vela caracterizábanse por seren feitos con betume, sendo á proba de auga.
  • os barcos a remo (con remos feitos de madeira) eran ás veces usados para subir a corrente, puxándose a partir de ambas as marxes do río por persoas e animais.

Astronomía

editar

Os sumerios foron os inventores da astronomía, o estudo da observación dos astros. Nas ruínas das cidades sumerias escavadas polos arqueólogos desde o principio do século pasado, encontráronse moitas centenas de inscricións e textos deste pobo sobre as súas observacións celestes.

Entre estas inscricións existen listas específicas de constelacións e posicionamento de planetas no espazo ben como información e manuais de observación.

Existen textos específicos sobre o sistema solar e o movemento dos planetas en torno do sol, na súa orde correcta. Moitas destas inscricións con máis de 4.500 anos están agora conservadas na sección do Oriente Próximo no museo Estatal de Berlín Oriental.

Legado

editar

Os sumerios talvez sexan máis lembrados debido ás súas moitas invencións. Moitas autoridades danlles crédito polas invencións da roda e do torno de oleiro. O seu sistema de escrita cuneiforme foi o primeiro sistema de escrita de que se ten evidencia, predatando os xeróglifos exipcios en polo menos cincuenta anos. Os sumerios estaban entre os primeiros astrónomos. Inventaron o carro e posibelmente as formacións militares. Inventaron a cervexa. O máis importante de todo, talvez, sexa o feito de que, de acordo con moitos académicos, os sumerios foron os primeiros a domesticar tanto plantas como animais. No caso do primeiro termo, a través de plantacións sistemáticas e da colleita dunha descendencia de grama mutante, coñecida actualmente como einkorn, e de sementes de millo e de trigo. Con relación ao segundo termo, os animais, domesticáronnos a través do confinamento e da procreación de carneiros ancestrais (similares á cabra montesa e ao gado salvaxe (búfalos)). Esas invencións e innovacións facilmente colocan os sumerios entre unha das culturas máis creativas de toda a prehistoria, e mesmo da historia.

Lingua e escrita

editar

A lingua sumeria é unha lingua illada, non relacionada directamente con ningunha outra lingua coñecida, a pesar das varias tentativas equivocadas de probar ligazóns con outros idiomas. A lingua sumeria é aglutinante, ou sexa, os morfemas (as menores unidades con sentido da lingua) xustapóñense para formar palabras.

Atribúese aos sumerios a invención do sistema cuneiforme de escrita (caracteres en forma de cuña), que foi utilizada por toda a Mesopotamia e pobos veciños. A súa escrita era ao comezo pictográfica, onde o obxecto representado expresaba unha idea. Un barco marcado por determinados sinais, por exemplo, podería significar que estaba cargado ou baleiro, pero co tempo evolucionou cara ao sistema cuneiforme.

Un corpo extremadamente vasto (moitas centenas de millares) de textos na lingua sumeria sobreviviu, sendo que a maioría está gravada en pequenas táboas de arxila. A escrita sumeria está grafada en cuneiforme e é a máis antiga lingua humana escrita coñecida. Os tipos de textos sumerios coñecidos inclúen cartas persoais e de negocios e/ou transaccións comerciais, receitas, vocabularios, leis, himnos e rezos, encantamentos de maxia e textos científicos incluíndo matemática, astronomía e medicina. Inscricións monumentais e textos sobre diversos obxectos, como estatuas ou ladrillos, tamén son bastante comúns. Moitos textos sobreviven en múltiplas copias polo feito de teren sido transcritos repetidamente polos aprendices de escribas.

A comprensión dos textos sumerios hoxe en día pode ser problemática até mesmo para especialistas. Os textos máis antigos son os máis difíciles, pois non mostran a estrutura gramatical da lingua de forma sólida.

Cronoloxía

editar
  • 5000 - Desenvolvemento da cultura de Ubaid
  • 4000 - Desenvolvemento do período de Uruk
  • 3500 - Sumerios estabelécense na Mesopotamia. Construción do templo en Tell Uqaír, que durou de 3.500 a 1.900 a.C.
  • 3300 - Escrita sumeria en taboíñas de arxila (escrita pictórica ou pictorial)
  • 3250 - A escrita sumeria evoluciona para a cuneiforme; a roda xa se usa na Mesopotamia
  • 3000 - Rivalidades políticas e militares. Construción do Templo Branco en Uruk (de pé até 2.750 a.C.)
  • 2750 - O lendario Gilgamesh reina sobre Uruk; Enmebaraxesi e Agga reinan sobre Kish
  • 2600 - A raíña Shudu-ad entérrase nos Túmulo Reais de Ur
  • 2500 - Rei de Ur, primeiro rei en posuír rexistros escritos na Sumeria; Lugalannemudu de Abab unifica cidades-estados
  • 2550 - Mesalín reina sobre Kish
  • 2475 - Ur-Nanshe reina sobre Lagash, Meskalamdug reina sobre Ur. Conflitos militares entre Lagash e Umma perduran por un longo tempo
  • 2375 - Lugalzagxisi (ou Lugalzaxesi) de Umma unifica a Sumeria por un curto período de tempo
  • 2350 a 2340 - Sargón, o Acadio derrota Umma e Lugalzagxisi, conquistando a Sumeria e a Acadia, creando un imperio de superioridade política e económica
  • 2250 - Revivificación de cidades-estados; invéntase o arco composto, cuxas frechas son capaces de penetrar armaduras de coiro e posúen o dobre do alcance concedido por arcos comúns.
  • 2230 - Invasión gutia quebra a unidade acadio-sumeriana.
  • 2217 - Shar-kali-sharri, rei da Acadia, perde o Elam, invade Gutio e asasínase
 
Papiro
  • 2200 - A Acadia entra en colapso debido ás invasións do norte. Dátase de aquí o máis antigo documento do Exipto escrito en papiro
  • 2175 - Gudea reina sobre Lagash
  • 2148 - La'arab, rei de Gutio, conquista a Acadia vido do leste e invade a Sumeria
  • 2133 - Utu-hegal reina en Uruk
  • 2120 - Utu-hegal, rei de Uruk, expulsa os Gutios; Abraham deixa a cidade de Ur (hai discordancias. Conf. 2000)
  • 2112 - Nova unificación da Sumeria e Acadia, desta vez por Ur-Nammu de Ur. O novo gobernante deixa textos legais á posteridade, coñecidos por As Leis de Ur-Nammu
  • 2100 - Construción do cigurate en Ur
  • 2047 - No Exipto, Mentuhotep II completa a reunificación, dando inicio ao Reino, ou Imperio Medio
  • 2030 - Nova quebra da unidade acadio-sumeriana, desta vez polos elamitas
  • 2020 - Ishbi-Erra, gobernante amorita de Isin, tenta unificar novamente o territorio
  • 2000 - Os indoeuropeos deixan a área do Mar Negro en dirección ao Oriente Medio nunha das maiores correntes migratorias da historia da humanidade. Desenvolvemento da civilización minoica en Creta, na Grecia. Os citios veñen da Asia Central e invaden a Asia Occidental a cabalo. Amoritas nómades invaden a Mesopotamia polo norte e oeste e estabelécense nun vilarexo chamado Babilonia. A poboación mundial xira en torno de 27 millóns. Os hititas migran do val do Danubio para a península da Anatolia. O Exipto conquista a Baixa Nubia. Dise que Abraham deixa a cidade de Ur e marcha á Palestina (algúns datan o acontecemento en 2120). Período patriarcal de Israel. A civilización de Harappa na India desfalece. Desenvolvemento dos primeiros centros de cerimonia no Perú. Era Micénica na Grecia. Marduk adórase como o deus capital da Babilonia. Creta comeza a usar navíos con quillas e costeletas.
  • 1934 - Leis de Lipit-Ishtar
  • 1900 - Leis de Eshnuna da Babilonia; Antigo Período Asirio; Imperio Babilónico
  • 1860 - Desenvolvemento do alfabeto semítico primitivo
  • 1850 - Armas de cobre son endurecidas co uso de martelos
  • 1800 - Os hititas expulsan os asirios da Anatolia; migración ariana da parte sur da Rusia en dirección ao Oriente Próximo
  • 1795 - Rin-Sin de Larsa derrota Isin, obtendo control sobre a Sumeria e a Acadia
  • 1792 - Hammurabi sobre ao trono da Babilonia
  • 1770 - Faise o Código de Hammurabi, un dos máis antigos conxuntos de leis da humanidade
  • 1760 - Hammurabi derrota Larsa, obtendo control sobre toda a Sumeria e a Acadia
  • 1720 - Invasores hicsos expulsan habitantes exipcios do Baixo Exipto; mudanza no río Éufrates, e consecuente colapso da vida en Nippur, alén doutras cidades sumerias.
  • 1700 - Xosé lidera o pobo hebreo por Exipto; popularización da arte minoica en Creta. Máis tarde, os palacios de Knossos e Faistos son destruídos polo lume. Os gregos usan armaduras de bronce, espadas cortantes e lanzas
  • 1600 a 1595 - Invasións e razias hititas quebran a unidade acadio-sumeria. A sumeria como se coñecía extínguese.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sumerio.
  2. Samuel Noah Kramer, The Sumerians: Their History, Culture and Character, The University of Chicago Press, 1963, pp. 41-42
  3. Jean Bottéro, Religion and reasoning in Mesopotamia en Jean Bottéro, Clarisse Herrenschmidt e Jean-Pierre VernanAncestor of the West, University of Chicago Press, 2000, páx. 9
  4. Charles Gates, Ancient Cities: The Archaeology of Urban Life in the Ancient Near East and Egypt, Greece, and Rome, Routledge, 2003, páx. 30
  5. Richard A. Gabriel, The Culture of War: Invention and Early Development, Greenwood Publishing Group, 1990, páx. 36
  6. Jane McIntosh Ancient Mesopotamia: New Perspectives, 2005, páx. 74
  7. López, Jesús; Sanmartín, Joaquín (1993): Mitología y religión del oriente Antiguo. Tomo I: Egipto y Mesopotamia. Ed. Ausa
  8. "Sumer et le sacré. le jeu des prescriptions, des dieux et des destins" Rosegarten, Y. colabora A. Baer. París 1977
  9. "Vom präantrhorpomorphismus zum anthropomorphismus" Piels, H. Innsbruck 1969

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar