Os Montes Zagros (en persa رشته‌كوه‌های زاگرس} Kuhha-ye Zāgros) é unha cadea montañosa que se estende desde o Cáucaso até o Golfo Pérsico, cunha orientación xeral noroeste-sueste.

Mapa de Irán cos Zagros

Xeografía

editar
 
Foto dos Zagros desde satélite, 1992
 
O Zard Kuh, tope dos Zagros

Os Zagros esténdense, cunha lonxitude aproximada de 1.500 km, desde a rexión do Curdistán, nas inmediacións do Cáucaso, seguindo a liña da fronteira irano-iraquí até o Estreito de Ormuz, onde o Golfo Pérsico apenas acada unha anchura de 50 km. O cordal mantense practicamente paralelo ao curso do Tigris, do que dista entre uns 50 a 100 km. A súa anchura máxima oscila entre 200 e 300 km. Ocupan unha área de aproximadamente 533.500 km², da cal, máis ou menos, un 83 % pertence a Irán e un 17 % a Iraq.

As maiores alturas dos montes, rozando os 4.500 m.s.n.m., érguense ao sur da cidade de Isfahán (Zard Kuh, 4.548 m; Monte Dena, 4.409 m) e ao leste da de Shiraz (Kush-e Hazaran, 4.429).

Xeoloxía

editar
 
Vista de Isfahán e os Zagros ao fondo

A cadea clasifícase xeoloxicamente dentro dos cordais alpinos do período Mioceno, que desde os Pireneos, pasando polos Alpes, Cárpatos, Balcáns, acada os Montes Elburz no norte de Irán. Ao leste dos Zagros este tipo de montañas continúa a través das cadeas do Hindukusch, do Karakorum e do Himalaia até Asia Oriental.

Historia

editar

Os Montes Zagros xogaron un papel decisivo na Revolución Neolítica. Aquí, en alturas entre os 700 e os 1.500 m, medraban, e medran, de forma espontánea as variedades salvaxes dos cereais (trigo, cebada) e dalgúns legumes (lentellas, chícharos) que logo foron domesticados polos humanos arredor do X e IX milenio a.n.e., en outeiros, ladeiras e planaltos de altura algo inferior, e onde se daban as condicións de pluviosidade, con choivas de inverno e primavera, apropiadas para as variedades que comezaron a ser cultivadas, Do mesmo xeito había as variedades salvaxes de cabras (Capra higrus aegragus) - exceptuado o can a primeira especie animal que foi amansada -, ovellas (Ovis orientalis), asno, e outros, que foron domesticados. O sitio arqueolóxico de Shanidar ostenta aínda a primacía cronolóxica do descubrimento da agricultura. Outros primixenios restos neolíticos como Ali Kosh, Ganj-i Dareh, Jarmo, Tepe Asyab, Tepe Sarab etc., sitos nos Zagros indican que este foi un dos centros no que se efectuou o paso dunha economía recolledora a outra produtora.

Véxase tamén

editar