Chícharo

especie de planta
Chícharo
Pisum sativum

Lámina de Flora von Deutschland,
Österreich und der Schweiz
, 1885
Estado de conservación
Non está ameazada

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Fabeae
Xénero: Pisum
Especie: P. sativum
Nome binomial
Pisum sativum
L.
Sinonimia
Véxase o texto

O chícharo, ervello, ervella ou perico,[1] Pisum sativum, é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa produción e dalgunhas variedades da cal, como a chamada tirabeque (P. sativum subsp. arvensis), pódense consumir as propias vaíñas por seren moi tenras.

Chícharo cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 425 kJ (341 kcal)
60 g
Azucres8 g
Fibra alimentaria26 g
1 g
25 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
61%
0.7 mg
Ácido pantoteico (B5)
34%
1.7 mg
Ácido fólico (B9)
69%
274 μg
MineraisCantidade
%DV
Ferro
31%
4 mg
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Chícharos na vaíña.
Tirabeques, vaíñas tenras comestibles.
Pisum sativum

A planta posúe un sistema vexetativo pouco desenvolvido aínda que cunha raíz pivotante que tende a profundar bastante. As follas están formadas por pares de folíolos. As inflorescencias nacen arracimadas en brácteas foliáceas que se inseren nas axilas das follas. As sementes (chícharos) atópanse en vaíñas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.

Como todas as leguminosas, ademais de ser unha boa fonte de proteínas, minerais e fibras é beneficiosa para a terra, xa que fixa o nitróxeno no chan debido a certas bacterias que proliferan nos nódulos das raíces e producen nitratos.

Historia

editar

Atopáronse restos fosilizados de chícharos en sitios arqueolóxicos do Próximo Oriente que datan de fai case 10.000 anos. As especies cultivares apareceron relativamente pouco despois do trigo e a cebada, polo que se supón que xa se cultivaban cara ao 7800 a.C. No 2001 a.C. o seu cultivo estendeuse por Europa e cara ao leste á India, aínda que até o século XVI só se usaba en gran seco ou como forraxe. A partir dese momento, empezou a usarse tamén o gran fresco.

Reprodución

editar

No hemisferio boreal, por semente en febreiro ou marzo, aínda que nas zonas de climas benignos pódese facer tamén en novembro.

Cultivo

editar

Os chícharos son unha colleita de estación fresca que se pode gozar tanto na primavera como no outono.

Require unha terra solta e lixeira. Aínda que non é moi esixente respecto da riqueza orgánica do chan, é conveniente achegar algún fertilizante complexo. Este cultivo non tolera chans moi acedos e hase de vixiar o pH para tratar de que non sexa inferior a 6,5. Necesita unha posición asollada e regas frecuentes.

Enfermidades e pragas

editar

É propenso ao ataque de fungos como o mildio, o oídio e a antracnose, así como a insectos mastigadores como o pulgón do chícharo, a traza do chícharo e o escaravello Sitona linetus.

Tamén é coñecida o Brox como especie devoradora de chícharos.

Taxonomía

editar

Pisum sativum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 727. 1753.[2]

Citoloxía
Variedades aceptadas
Sinonimia
  • Lathyrus oleraceus Lam.
  • Pisum tuffetii R.Lesson
  • Pisum arvense L.
  • Pisum elatius M.Bieb.
  • Pisum granulatum J.Lloyd
  • Pisum vulgare S.B.Jundz.
  • Pisum sativum subsp. arvense (L.) Asch. & Graebn.
  • Pisum sativum var. brevipedunculatum P.Davis & Meikle
  • Pisum sativum var. elatior Trautv.
  • Pisum sativum subsp. hortense (Neilr.) Asch. & Graebn.
  • Pisum sativum subsp. humile (Holmboe) Greuter & al.
  • Pisum sativum var. pumilio Meikle
  • Pisum sativum subsp. pumilo (Meikle) Ponert
  • Pisum sativum var. elatius (M. Bieb.) Asch. & Graebn.
  • Pisum sativum var. sativum L.[5][6]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Chícharo..
  2. "Chícharo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  3. Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186
  4. Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  5. Anthos Arquivado 30 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Sistema de información sobre as plantas de España. Real Jardín Botánico (require procura).
  6. "Plant List". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar