Xiraz

Cidade de Irán
(Redirección desde «Shiraz»)
  • Este artigo trata sobre unha cidade iraniana, para a variedade de uva véxase: Syrah.

Coordenadas: 29°37′N 52°32′L / 29.617, -52.533

Xiraz[2] (en persa: شیراز, Širâz), é a quinta cidade máis poboada de Irán[3] e é a capital da provincia de Fars. No 2009, a poboación da cidade era de 1.455.073. Xiraz está localizado no suroeste de Irán, a carón do río estacional Roodkhaneye Khoshk. Ten un clima moderado, e durante un máis dun milenio foi o centro comercial da rexión. Está considerada unha das cidades máis antigas de Persia.

Xiraz
شیراز‎
Shiraz Botanical Garden.jpg
Xardín de Eram
Localización
Xiraz en Irán
Xiraz
Xiraz
PaísIrán Irán
ProvinciaProvincia de Fars
CondadoCondado de Xiraz
BakhshDistrito central
Xeografía
Altitude1.500 msnm
Superficie240 km²
Demografía
Poboación1.700.677 hab. (2011)
Densidade3.609,8 hab/km²
Outros datos
Código postal+9821
AlcaldeHeidar Eskandarpour[1]
Páxina oficial

A referencia máis antiga da cidade, como Tiraziš, aparece nunha táboas elamitas do -2000.[4] No século XIII, Xiraz converteuse nun centro das artes e das letras, debido ó apoio do seu gobernante e á presenza de estudosos e artistas persas. Foi a capital de Persia durante a dinastía Zand dende o 1750 ata 1781, así como no breve período saffarí. Dous famosos poetas de Irán, Hafez e Saadi, son de Xiraz.

NotasEditar

  1. "Mayor s Biography". Shiraz Municipality. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 
  3. Despois de Teherán, Mashhad, Isfahán, Tabriz e Karaj; no 2006 Shiraz tiña unha poboación de 1.214.808
  4. Cameron, George G. Persepolis Treasury Tablets, University of Chicago Press, 1948:115.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar