Coordenadas: 38°34′23″N 68°47′11″L / 38.573055555556, 68.786388888889

Dushanbe[1] ou Dushambe[2][3][4] (en taxico Душанбе) é a capital e máis o principal centro cultural e económico de Taxiquistán. No ano 2002 a súa poboación estimábase en 575 900 habitantes. Na época da Unión Soviética recibiu o nome de Stalinabad.

Dushanbe
Душанбе
Pazo presidencial
Localización
Dushanbe en Taxiquistán
Dushanbe
Dushanbe
País Taxiquistán
ProvinciaKarotegin
Xeografía
Altitude706 msnm
Superficie124.6 km²
Demografía
Poboación679.400 habitantes (2008)
Densidade5.500 hab/km²
Outros datos
AlcaldeMahmadsaid Ubaydulloyev
Páxina oficial de Dusanbe

Étimo do nome Editar

O nome deriva da palabra taxica para "luns" (du "dous" + xamba o xanbé "día") e refírese ao feito de que a cidade celebraba un mercado moi frecuentado os luns, para eles o segundo día da semana.

Xeografía Editar

Situada no extremo centro-occidental do país, a uns 800 m de altitude., aséntase no val de Gissar, moi densamente poboado, localizado ao suroeste dunha cadena montañosa do mesmo nome (Montes Guissar).

A cidade está atravesada polo río Varzob (tamén chamado río Dušanbinka),que forma parte da conca do Amu Daria.

Distritos Editar

 
Distritos de Duxanbé

Duxanbé divídese nos seguintes distritos:

  1. Abuali Ibn Sina
  2. Firdavsi
  3. Ismail Somoni
  4. Shokhmansur

Clima Editar

Dado o afastamento do mar, o clima ten un forte carácter continental, con veráns cálidos e secos, e con invernos fríos e relativamente húmidos.

A temperatura media é duns 14,7 °C e as precipitacións medias anuais son duns 568 mm. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 27,1°, mentres que o máis frío é xaneiro con 2,1 °C. O mes máis seco é agosto, en tanto que as chuvias máis abundantes caen en marzo e abril con cerca de 100 mm.

Economía Editar

 
Aeroporto

Desde que foi conectada á rede ferroviaria (1929), durante a época soviética, a cidade converteuse nun centro económico e industrial do país. As industrias principais son a téxtil, alimentarias e manufactureira.

A 80 km ao sur de Dushanbé, atópase a Base Aérea de Farkhor, a única base militar india fóra da Unión India.

Nas proximidades de Dushanbé están despregadas tamén tropas francesas, estadounidenses e rusas.

Transportes Editar

A rede ferroviaria taxica non está moi desenvolvida, en parte a causa do relevo do territorio. Con todo o ferrocarril transcaucásico liga diariamente Dushanbe con Tashkent en Uzbekistán e con Moscova. Os trens, porén, son lentísimos por mor do trazado tortuoso da liña.

Dushanbe ten un aeroporto internacional, sito a menos de 15 minutos en automóbil da cidade. Lígase con voos diarios para Moscova, Bakú e Taxquent e voos cada dúas semanas para Estanbul).

Lugares a visitar Editar

  • Museo Etnográfico, cunha colección de artefactos da arte taxica (cerámicas, alfombras, xoiaría e instrumentos musicais, entre outros).
  • Museo Unificado de Taxiquistán.
  • Teatro da Ópera e Ballet Ayni, con fermosa arquitectura interna.
  • Mesquita de Haji Iakub.

Ensino e cultura Editar

A cidade é a sede da Universidade de Taxiquistán e da Academia das Ciencias.

Irmandamentos Editar

Entre outros:

Notas Editar

  1. Atlas Mundial Galego Online
  2. Criterios para o uso da lingua
  3. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas
  4. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar