Río Amu Daria
Coordenadas: 44°06′30″N 59°40′52″L / 44.10833, -59.68111
O río Amu Daria,[1][2] (en taxiko, Омударё ou дарёи Ому, Omudaryo ou Daryoi Omu; en persa آمودریا, Âmudaryâ; en uzbeko, Amudaryo, onde darya en persa antigo significa mar ou gran río), é un longo río de Asia Central, antigumente chamado Pamir e Oxus, polos gregos.
Río Amu Daria Омударё - آمودریا - Âmudaryâ - Amudaryo | |
---|---|
![]() Atardecer no río Amu Daria (Turkmenistán) | |
País | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Nacemento | Confluencia dos ríos Vakhsh e Panj |
Altitude | ~ 6 000 m |
Lonxitude | Co río Panj, 2580 km Só, 1 414 km |
Conca | 534 739 km² |
Caudal medio | 1 400 m³/s |
Desembocadura | Mar de Aral |
Altitude desembocadura | 31 m |
![]() | |
Localización do río Amu Daria | |
Nace na cordilleira do Pamir, serve de fronteira natural entre Afganistán, Taxikistán, Turkmenistán e Uzbekistán, e desemboca no mar de Aral; antigamente desembocaba no mar Caspio.
Ten un curso aproximado de 2 540 km.
Recibe o nome da cidade de Āmul, actual Türkmenabat, pola cal flúe.
XeografíaEditar
O Amu Daria nace na unión do río Vakhsh (786 km) e o río Panj (1 125 km).
A poboación local refírese ao río como Jayhoun (جيحون) cuxo nome se pensaba que derivaba de Gihon, o nome bíblico dun dos catro ríos do xardín do Edén ou paraíso. O río tamén foi coñecido por este nome pola maior parte dos escritores islámicos medievais.
O río é navegábel ao longo de 1450 km, sendo a súa lonxitude total de 2 540 km, e a súa conca de 534 739 km².
Cada ano verte ao mar de Aral ao redor de 55 km3 de auga, que ven das montañas do sur, onde a precipitación anual ronda os 1 000 mme. Incluso antes de comezar a irrigación masiva, a gran evaporación durante o verán impide que gran parte da súa auga alcance o mar.
HistoriaEditar
Hai evidencias de que os glaciares do Pamir subministraban bastante auga ao río durante os séculos XIV e XIII a.C.[Cómpre referencia]
Os escritos históricos indican que en diversos períodos o río fluíu até o mar de Aral (polo sur), ao mar Caspio (polo leste) ou a ambos os dous. O último cambio de desembocadura documéntase no século XIII, cando se produce a conquista de Kunya-Urgench por parte dos mongois tras desviar o Amu Daria e propiciar así a inundación da cidade; antes o río discorría atravesando a conca do lago Sariqamish, formando rápidos e cataratas a través do leito actualmente seco do Uzboy, para desembocar nunha gran baía existente nese momento ao leste do Caspio.[3]
Galería de imaxesEditar
O río ao seu paso por Corasmia
NotasEditar
- ↑ persa: آمودریا, aːmuː dæɾˈyaː
turcomán: Amyderýa / Амыдеря
uzbeko: Amudaryo / Амударё/ەمۇدەريا
taxico: Амударё
paxto: د آمو سيند, də Āmú Sínd
turco: Ceyhun / Amu Derya
grego antigo: Ὦξος, e historicamente coñecido en latín como Oxus - ↑ Ptolemaeus, Geography, §6.10.1
- ↑ Kropotkin, P. (1898): The Old Beds of Amu Daria - JSTOR, pp. 306 e 310
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amu Daria |