Turkmenistán

país de Asia central

Coordenadas: 40°N 60°L / 40, -60

Turkmenistán,[1][2][3] tamén chamado Turcomenistán,[4] ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, o Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Uzbekistán.

República de Turkmenistán
Türkmienistan Riespublikasy
Bandeira de Turkmenistán
Emblema de Turkmenistán
BandeiraEmblema
Turkmenistan on the globe (Turkmenistan centered).svg
Capital
 Poboación
Achkhabad
773 400
Cidade máis poboadaAchkhabad
Lingua oficialTurcomán
Forma de gobernoRepública unipartidista presidencialista
Gurbanguly Berdimuhamedow
 • Data

 • Recoñecida
27 de outubro de 1991
12 de decembro de 1991
SuperficiePosto 52º
 • Total488 100 km²
 • % auga4,9
Costas970 km
PoboaciónPosto 112º
 • Total5 042 920 hab.
 • Densidade10,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 85º
 • Total (2006)44 219 millóns US$
 • per cápita8 768 US$
MoedaManat turcomán
IDHn/d
XentilicioTurcomán, turcomá ou turkmeno, turkmena
Fuso horarioUTC+5
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.tm
Prefixo telefónico+993
Prefixo radiofónicoEZA-EZZ
Código ISO795 / TKM / TM
Membro de: ONU, OSCE

HistoriaEditar

O territorio de Turkmenistán estivo poboado desde a antigüidade. Tribos turcomás dedicadas á cría de cabalos chegaron ao territorio en tempos remotos, posiblemente procedentes das Montañas Altái, e establecéronse nos arredores do deserto de Karakum, chegando ata Persia, Siria e Anatolia.

O exército ruso fixo a súa entrada no territorio entre as décadas de 1860 e 1870. En 1869, créase o porto de Krasnovodsk, e xa en 1874 se consolidou a presenza rusa coa creación do distrito militar do Transcaspio. Anexado polo Imperio Ruso entre 1865 e 1885, en 1890 o control ruso sobre Turkmenistán era completo.

Ventos de revolución chegarían en 1917, e durante a guerra civil (1918-1920) Turkmenistán tamén estivo nas frontes de pelexa. Establecida a Unión Soviética, o territorio do Transcaspio (desde 1921 reorganizado como Turquestán) é establecido como unha república autónoma, para pasar ese mesmo ano a ser unha das repúblicas constituíntes da Unión.

Durante esta época, fíxanse as fronteiras da república soviética, e desenvólvense ambiciosos proxectos para aproveitar os seus recursos naturais para o beneficio da Unión Soviética. Créanse tamén sistemas de irrigación e, aos poucos, a produción de algodón e petróleo convértense nas actividades económicas principais.

Trala disolución da Unión Soviética, Turkmenistán converteuse nun estado independente. O controvertido presidente Separmurat Niyazov dominou a vida política do país ata o seu falecemento o 21 de decembro de 2006.

O seu sucesor, Kurbanguly Berdymukhamedov, convocou a eleccións o 11 de febreiro de 2007, nas cales resultaría electo polo 89,2% dos votos. Segundo datos oficiais, participou o 98,65% dos electores. Con todo, a oposición política denunciou a existencia de fraude.[5] Berdymukhamedov puxo en funcionamento algunhas reformas ás políticas aplicadas ata o momento, como a eliminación do nome do seu predecesor da bandeira nacional e a derrogación dunha lei que esixía dous anos de traballos antes para poder ingresar na universidade,[6] con todo ratificou a continuidade do rumbo político encarado por Niyazov.

PolíticaEditar

Artigo principal: Política de Turkmenistán.

Turkmenistán é unha república presidencialista integrada na Comunidade de Estados Independentes.

Despois da morte do presidente Separmurat Niyazov, o entón primeiro ministro Kurbanguly Berdymukhamedov asumiu o poder e iniciou tentativas de abrir o país. A constitución do país, aprobada no 2008, permite a formación de partidos políticos e a libre asociación de persoas. A anterior, de 1993, establecía un réxime de partido único.

O goberno de Niyazov, morto no 2006, chegou a esaxeracións coma a prohibición da ópera e do circo por "non seren dabondo turcománs". Niyazov gobernaba de maneira absoluta sobre o país e non toleraba ningunha oposición. No seu goberno había un moi importante culto á súa personalidade, atopábase o seu rostro por todo o país, desde os billetes de banco ata as botellas de vodka. Era chamado o Turkmenbachi (ou en galego a «Cabeza dos turcománs»). A festa nacional correspondía ao aniversario do presidente, o 19 de febreiro. Unha estatua del, en ouro fino, atopábase na capital Achkhabad.

XeografíaEditar

Turkmenistán é un país de Asia central situado ao norte da cadea de montañas Kopet-Dag entre o mar Caspio e mailo río Amu-Daria. O país ten fronteiras con Casaquistán e Uzbekistán ao norte e ao nordeste, co Irán e Afganistán ao sur e ao sueste. A característica xeográfica máis significativa é o deserto do Karakorum que é o deserto máis grande do mundo, cubrindo o 80 por cento da superficie do país. A maior parte das montañas de Turkmenistán son inaccesíbeis. Os vestixios da antiga ruta da seda van da China central ata a costa mediterránea, pasando polo Turkmenistán.

O país está situado nunha das rexións sísmicas máis elevadas do mundo.

O clima é desértico subtropical con pouca chuvia.

Organización político-administrativaEditar

Turkmenistán está dividido en cinco provincias (welayatlar,singular welayat): (Balkan, Ahal, Daşoguz, Lebap e Mary) e unha cidade Autónoma Achkhabad.

División ISO 3166-2 Capital Superficie (km²) Poboación (2005) Mapa
Achkhabad Achkhabad 470 871.500
Ahal TM-A Annau 97.160 939.700 1
Balkan TM-B Balkanabat  139.270 553.500 2
Daşoguz TM-D Daşoguz 73.430 1.370.400 3
Lebap TM-L Türkmenabat 93.730  1.334.500 4
Mary TM-M Mary 87.150 1.480.400 5
 
Turkmenistán

EconomíaEditar

Artigo principal: Economía de Turkmenistán.

DemografíaEditar

 
Evolución da demografía entre 1992 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turkmeno.
  2. Forma empregada no VOLG (buscar "turcomán" Arquivado 31 de marzo de 2014 en Wayback Machine.).
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2. 
  5. Turkmenistán celebra hoy elecciones parlamentarias para legitimar el cambio de régimen
  6. El presidente turcomano retira el nombre de su predecesor de la bandera nacional