Manat turcomán

unidade monetaria de Turkmenistán
Para a moeda de Acerbaixán, véxase Manat acerbaixano.

Manat turcomán
Türkmen manady en turcomán
Moeda dun
manat turcomán

Billete de 10.000
manats turcománs

Código:TMT
Ámbito: Turkmenistán
Símbolo:m
Fracción:100 tenge (teňňe)
Moedas:- 1, 2, 5, 10, 20 e 50 tenge.
- 1 e 2 manats.
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 manats.
Emisor:Banco Central de Turkmenistán.
Taxa de troco:
22-4-2020 [1]
1 EUR = 3,91 TMT
1 USD = 3,50 TMT
Troco actual

O manat turcomán (código TMT; símbolo: m) é a unidade monetaria de Turkmenistán desde 1993, subdividida en 100 tenge (teňňe) como moeda fraccionaria.[2][3]

En 2009, o primeiro manat foi substituído polo novo manat turcomán, cunha taxa de cambio de 5.000 manats vellos por cada novo manat.[4]

Etimoloxía editar

O termo manat tomouse do persa munāt e do ruso Монета, vocábulos que en ambos os casos proceden da palabra latina moneta, de onde deriva tamén a nosa "moeda". Manat foi, así mesmo, a palabra coa que se designou o rublo soviético tanto na lingua azarí como na turcomá.[5]

Primeiro manat (1993-2009) editar

O primeiro manat turcomán introduciuse o 1 de novembro de 1993 en substitución do rublo ruso, cunha taxa de cambio de 500 rublos por manat. A aquel primeiro manat turcomán asignáraselle o código ISO 4217 TMM e estaba dividido en 100 teňňesi.

Moedas editar

Esta primeira serie de moedas foi de curta duración, debido a que o valor do metal no que estaban cuñadas as moedas pasou a ser axiña máis alto que o seu propio valor nominal. Puxéronse en circulación inicialmente moedas cuñadas en 1993, con valores faciais de 1, 5, 10, 20 e 50 tenges (teňňesi). Logo dun período de alta inflación, engadíronse á serie en 1999 os valores de 500 e de 1.000 manats. Todas estas moedas levan nos seus anversos, por lei, a imaxe do daquela presidente do país, Saparmurat Niyazov.[6][7]

Imaxe Valor Aliaxes Diámetro Grosor Peso Canto Data
  1 tenge [8] Aceiro con baño de cobre. 16 mm 1,4 mm 1,87 g Liso 1993
  5 tenges [9] 20 mm 1,5 mm 2,92 g
  10 tenges [10] 22,5 mm 1,65 mm 4,45 g
  20 tenges [11] Aceiro con baño de níquel. 21 mm 1,65 mm 3,62 g Estriado.
  50 tenges [12] 24 mm 1,65 mm 4,92 g
  500 manats [13] 21 mm 1,55 mm 3,51 g 1999
  1.000 manats [14] 24 mm 1,65 mm 4,86 g

Billetes editar

Primeira serie (1993-2005) editar

En 1993 introducíronse billetes cos valores nominais de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 manats, en substitución dos que circularan ata a data, correspondentes ao sistema do rublo. A serie foi completada cos valores de 1.000 manats en 1995, e de 5.000 e 10.000 manats en 1996. En 2005, produciuse unha nova tiraxe de billetes cos valores de 50, 100, 500, 1.000, 5.000 e 10.000 manats. Todos os billetes, agás os de 1 e 5 manats, teñen o retrato do daquela presidente turcomán, Saparmurat Niyazov. Todos os billetes do país son producidos pola compañía británica de impresión de papel moeda De La Rue.[15][16]

Imaxe Valor nominal Tamaño (mm) Cor Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    1 manat 120×60 Vermello

Rosa

Academia de Ciencias de Turkmenistán Mausoleo de Il-Arslan 1993 31-XII-

2009

    5 manats 126×63 Azul

Azul

Escola e Conservatorio Nacional de Música Mausoleo Abu Seyid Mehneyi
    10 manats 132×66 Laranxa

Rosa

Saparmurat Niyazov. Edificio do Gabinete de Ministros Mausoleo do Sultán Tekesh
    20 manats 138×69 Verde

Verde

Saparmurat Niyazov. Biblioteca Nacional de Turkmenistán. Mausoleo de Astana-Baba. 1993

1995

    50 manats 144×72 Marrón

Marrón

Saparmurat Niyazov. Monumentos. Mesquitas.
    100 manats 150×75 Azul

Azul

Saparmurat Niyazov. Vello pazo presidencial. Mausoleo do Sultán Sandzhar.
    500 manats 156×78 Vermello

Vermello

Saparmurat Niyazov. Teatro Estatal de Turkmenistán. Mausoleo Turabek-Khanum.
    1.000 manats 156×78 Verde

Verde

Saparmurat Niyazov. Antigo pazo presidencial. Emblema nacional de Turkmenistán. 1995
    5.000 manats 156×78 Morado

Morado

1996

1999

2000

    10.000 manats 156×78 Azul/gris

Azul/gris

1996
    Saparmurat Niyazov. Palacio de Turkmenbashi . Mesquita Saparmurat Hajji. 1998
    1999
    Monumento á neutralidade. Pazo de Congresos. 2000
    Verde/laranxa

Verde/laranxa

Monumento á independencia de Turkmenistán. 2003
    2005

Segunda serie (2005) editar

En 2005 introduciuse unha nova serie de billetes do sistema do manat. Orixinariamente pretendíase substituír o primeiro manat cunha taxa fixa de cambio de 1.000 dos novos por un dos primeiros, mais finalmente pospúxose esa revalorización da moeda e a serie púxose en circulación co mesmo valor dos billetes anteriores. Os billetes correspondentes á primeira serie e os desta segunda serie circularon conxuntamente ata a introdución do segundo manat en 2009. Os valores postos en circulación foron os de 50, 100, 500, 1.000, 5.000 e 10.000 manats.[17]

Imaxe Valor nominal Tamaño (mm) Cor Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    50 manats 144×72 Morado Retrato de Saparmurat Niyazov. Semental Yanardag. 26-X-2005 31-XII-2009
    100 manats 150×75 Rosa.

Vermello.

Banco Central de Turkmenistán.
    500 manats 156×78 Laranxa.

Marrón.

Xoiaría antiga turcomá.
    1.000 manats Verde. Residencia do presidente de Turkmenistán.
    5.000 manats Azul.

Novo manat (desde 2009) editar

Por mor da desvalorización que sufriu a moeda turcomá desde a súa creación, en 2009 púxose en circulación unha nova unidade monetaria chamada tamén manat, dividida pola súa vez en 100 tenge (teňňe). O cambio produciuse a razón de 5.000 manats antigos por cada novo manat. O 1 de xaneiro dese ano apareceron os novos billetes e as novas moedas.

Moedas editar

Durante a reforma monetaria de 2009 puxéronse en circulación novas moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 tenge. Ademais, o 1 de novembro de 2009, o Banco Central de Turkmenistán anunciou a posta en circulación de novas moedas bimetálicas de 1 e 2 manats para o 1 de xaneiro de 2010. Nesta serie, en lugar de representarse o presidente do país nos seus anversos reprodúcese un mapa de Turkmenistán coa Torre da Independencia superposta. Todas estas moedas foron producidas na Royal Mint de Londres.

[18][19][20]

Imaxe Valor Aliaxe Diámetro Grosor Peso Canto Data
Anverso Reverso
    1 tenge [21] Aceiro con baño de níquel 16 mm 1,52 mm 2 g Liso 2009
    2 tenges [22] 18 mm 1,8 mm 3 g Estriado
    5 tenges [23] 20 mm 1,89 mm 4,0 g Liso
    10 tenges [24] Latón 22 mm 1,85 mm 5,0 g Estriado intermitente.
    20 tenges [25] 24 mm 1,96 mm 6,5 g Liso
    50 tenges [26] 26 mm 2,03 mm 8,0 g Estriado
    1 manat [27] Aro: latón. Centro cuproníquel. 27 mm 2,2 mm 9,5 g Estriado con estrelas e lenda BIR MANAT 2010
    2 manats [28] Aro: cuproníquel. Centro: latón. 28 mm 2,4 mm 11 g Estriado con estrelas de 8 puntas

Billetes editar

A nova serie de billetes componse dos valores de 1, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 manats (este último non chegou a circular).[29][30][31]

Os billetes gardan certas semellanzas con respecto aos anteriores mais coa particularidade de que nos vellos manats o presidente aparecía nos anversos de todos os valores, en tanto que nos novos o seu retrato só está presente nos billetes de 500 manats; no resto reprodúcense os bustos de grandes persoeiros turcománs, e nos seus reversos edificios significativos do país.[32]

Os billetes da serie impresa en 2017 incorporan, a modo de conmemoración, o logotipo dos V Xogos Asiáticos de Interior e Artes Marciais, que tiveron lugar en Ashgabat do 17 ao 27 de setembro de 2017.[33][34]

Imaxe Valor nominal Tamaño (mm) Cor Descrición Data
Anverso Reverso Anverso Reverso
    1 tenge 120×60 Verde.

Laranxa.

Retrato de Tugrïl Beg. Centro Cultural Estatal. 2009

2012

2014

    5 tenge 126×63 Marrón.

Verde.

Retrato de Ahmad Sanjar Monumento á Neutralidade. 2009

2012

    10 tenge 132×66 Vermello.

Rosa.

Retrato de Magtymguly Pyragy Edificio do Banco Central. 2009

2012

    20 tenge 138×69 Morado. Retrato de Görogly Beg. Palacio Ruhyýet. 2009

2012

    50 tenge 144×72 Verde.

Gris.

Retrato de Dede Korkut. Asemblea Nacional Turcomá. 2009

2014

    100 tenge 150×75 Azul. Retrato de Oghuz Khagan. Palacio Türkmenbaşy 2009

2014

  500 tenge 156×78 Castaño. Retrato de Saparmurat Niyazov Mesquita de Gypjak. Non emitido

Notas editar

  1. Sitio web do Banco Central de Turkmenistán
  2. "Turkmenistan Manat". MintageWorld.com
  3. "Currency codes". Publications.europa.eu
  4. "Turkmenistan's 5000 manat to equal 1 manat after denomination Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Turkmenistan.ru
  5. "Manat". Merriam-Webster Dictionary.
  6. "Banknotes and coins of 1993-1999 series: 1993-nji ýylyň teňňeleri". Central Bank of Turkmenistan.
  7. "Turkmenistan: 1990s Arquivado 04 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Ciscoins.net
  8. "1 Teňňe". Numista.
  9. "5 Teňňe". Numista.
  10. "10 Teňňe". Numista.
  11. "20 Teňňe". Numista.
  12. "50 Teňňe". Numista.
  13. "500 Manat". Numista.
  14. "1000 Manat". Numista.
  15. "Banknotes of 1993 series". Central Bank of Turkmenistan.
  16. "Banknotes of 1995-2003 series". Central Bank of Turkmenistan.
  17. "Banknotes of 2005 series". Central Bank of Turkmenistan.
  18. "Banknotes and coins of 2009-2010 series: 2009-njy ýylyň teňňeleri". Central Bank of Turkmenistan.
  19. "Turkmenistan: 2000s Arquivado 04 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Ciscoins.net
  20. "Turkmenistan: 2010s Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Ciscoins.net
  21. "1 Teňňe". Numista.
  22. "2 Teňňe". Numista.
  23. "5 Teňňe". Numista.
  24. "10 Teňňe". Numista.
  25. "20 Teňňe". Numista.
  26. "50 Teňňe". Numista.
  27. "1 Manat". Numista.
  28. "2 Manat". Numista.
  29. "Banknotes of 2009 series". Central bank of Turkmenistan.
  30. "Banknotes of 2012 series". Central Bank of Turkmenistasl.
  31. "Banknotes of 2014 series". Central Bank of Turkmenistan.
  32. "Манаты без Туркменбаши Arquivado 16 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Gündogar. 19 de outubro de 2007.
  33. "Banknotes of 2017 series". Central Bank of Turkmenistan.
  34. "Turkmenistan new commemorative notes confirmed". BanknoteNews. com. 10 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar