Lingua turcomá

O turcomán[2][3] (adaptación de türkmençe, türkmen dili, en cirílico түркмен дили e en árabe تورکمن ﺗﻴﻠی ,تورکمنچه), é unha lingua turca falada por 5 millóns de persoas en Turkmenistán, onde é a lingua oficial do estado, así como por 1 400 000 persoas no nordeste de Irán,[4] 700.000 falantes no noroeste de Afganistán, e pequenas comunidades turcomás en Iraq, Siria, Turquía e Rusia.

Turcomán
Türkmençe, Türkmen dili
Outros nomes:Түркмен дили, تورکمن ﺗﻴﻠی ,تورکمنچه
Falado en: Flag of Turkmenistan.svg Turkmenistán
Flag of Iran.svg Irán
Flag of Afghanistan.svg Afganistán
Flag of Iraq.svg Iraq
Rusia Rusia
Total de falantes: 7 000 000 (2007)
Familia: Linguas turcas
 Linguas oghuz
  Oghuz oriental
   Turcomán
Escrita: Latino (alfabeto turcomán)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Turkmenistan.svg Turkmenistán
Códigos de lingua
ISO 639-1: tk
ISO 639-2: tuk
ISO 639-3: tuk
Mapa
Turkmen language map.png
Status
Lang Status 99-NI.png
O turcomán está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

NotasEditar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turcomán.
  3. "turcomán". TERGAL. Consultado o 22/03/2019. 
  4. O grupo coñecido como "turcomán iraquí" son falantes de azerí e non tódalas tribos chamadas "turcomás" do nordeste de Irán falan o turcomán, xa que moitos son falantes de Turco khorasani.