A Ruta da seda era unha rede de rutas comerciais entre Asia e Europa que se estendía dende Chang'an (actualmente Xi'an) na China, até Antioquia en Siria medieval e Constantinopla (actualmente Istambul, Turquía) ás portas de Europa. O seu nome ven da mercancía máis prestixiosa que circulaba nela, a seda, cuxa fabricación era un segredo que só os chineses coñecían. Utilízase esta denominación dende o século XIX e débese ao xeógrafo alemán Ferdinand Freiherr von Richthofen. O tránsito por lugares desérticos daba lugar aos típicos camiños para caravanas de camelos e cabalos. Os romanos xa eran grandes afeccionados tras coñecer o segredo antes do comezo da nosa era, a través dos partos, e foron estes que organizaron entón o comercio da seda. Moitos outros produtos transitaban por estas rutas : pedras e metais preciosos, teas de la ou de liño, ámbar, marfil, laca, especias, vidro, coral etc.

Modelo:Xeografía físicaRuta da seda
Imaxe
Tiporota de comércio (pt) Traducir
historic road (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorFerdinand von Richthofen Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEurasia Editar o valor en Wikidata
Composto por
BNE: XX454566
A ruta da seda

Cóntase que o Emperador Wu da Dinastía Han decidiu en 138 a.C. fraguar alianzas cos reinos do oeste e do noroeste, arquinimigos das tribos Xiang-Nu (os Hunos xa que sufría unha serie de invasións continuadas (cada vez máis frecuentes, máis violentas e menos contibles), protagonizadas por unha serie de tribos nómades situadas ao noroeste das súas fronteiras. Tribos cuxa superioridade militar era unha consecuencia directa do hábil manexo dunha cabalería forte, esvelta e lixeira, máis apta para a guerra que a chinesa, cuxos cabalos eran absolutamente inadecuados para toda actividade que esixise rapidez de movementos. E por tal motivo, encomendou ao Xeneral Zhang Qian esta misión, outorgándolle cen dos seus mellores guerreiros e presentes de incalculable valor para selar esta alianza militar e política. Trece anos despois, sendo fustrigado durante dez anos polos hunos, o xeneral Zhang Qian regresa á Corte Imperial Han con só un membro da partida. Aínda que non lograra estabelecer nin unha soa das alianzas militares da súa misión, o xeneral Zhang informou á corte, da existencia de trinta e seis reinos, verdadeiras potencias comerciais, nas fronteiras oeste da China. Así, o xeneral Zhang contou dos magníficos cabalos das chairas do Val de Ferghana en Asia Central (hoxe Kirguizistán, Uzbekistán e Taxikistán), moito máis fortes e veloces que os cabalos chineses, cos que a cabalería do Imperio Han podería enfrontar aos Hunos en mellores condicións.

Posteriormente, as misións diplomáticas e comerciais cos reinos do Val de Ferghana non lograron garantir a seguridade nin afianzar o comercio, polo que a China preparou unha invasión a grande escala, aínda que foi na segunda arremetida no ano 102 a.C. que a China logrou conquistar todas as terras entre as súas propias fronteiras e os Reinos do Val de Ferghana. Así os chineses non só conseguiron asegurarse a importación dos famosos cabalos das estepas, senón que conseguiron establecer os seus propios produtos nos mercados destes reinos. Cincuenta anos máis tarde, cando Marcus Licinius Crasus cruzou o Éufrates para conquistar Partia no ano 53 a.C., asombrouse ao ver un brillante, suave e marabilloso novo tecido. Unhas décadas máis tarde, as máis adiñeiradas familias de Roma, estaban marabilladas de vestirse co máis prezado tecido: a seda.

Historia

editar

Xi'an é a extremidade leste do camiño da seda considerado como aberto polo xeneral chinés Zhang Qian no século II a.C. Os convois de caravanas íanse de *Xi'an, Lanzhou ou Xining e tomaban o corredor de Gansu logo contorneaban polo norte ou o sur o deserto de Taklamakan, que é un dos máis áridos do mundo. Estas dúas ramas principais posuían diferentes variantes, e foron balizadas por cidades e caravaneras os nomes das cales e a importancia variaron no curso dos tempos. Pero todas estas pistas unían entre elas oasises situadas na periferia do deserto e ao pé das altas montañas de Tian Shan ou de Kunlun:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar