Casaquistán
Coordenadas: 48°N 68°L / 48, -68
Casaquistán[1] ou Kazhakhstán[2][3][4][5] é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².
República de Casaquistán | |||
---|---|---|---|
Qazaqstan Respublikasy Республика Казахстан Respúblika Kazaxstán | |||
| |||
Capital • Poboación | Astana 780 880 habitantes (2013) | ||
Cidade máis poboada | Almati | ||
Lingua oficial | casaco2 (de uso) ruso (oficial) | ||
Forma de goberno | República presidencialista | ||
Kassym-Jomart Tokayev Älixan Smayilov | |||
Independencia da Unión Soviética | 16 de decembro de 1991 | ||
Superficie | Posto 9º | ||
• Total | 2 727 300 km² | ||
• % auga | 1,7 | ||
Fronteiras | 12 012 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 61º | ||
• Total | 15 233 244 hab. | ||
• Densidade | 6,2 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 56º | ||
• Total (2006) | 77 237 millóns US$ | ||
• per cápita | 5 113 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 56º | ||
• Total (2006) | 137 964 mill. US$ | ||
• per cápita | 9 134 US$ | ||
Moeda | Tenge (KZT ) | ||
IDH (2007) | 0.794 (73º) – medio | ||
Xentilicio | Casaco/a | ||
Fuso horario | UTC + 5 a + 6 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .kz | ||
Prefixo telefónico | +7 | ||
Prefixo radiofónico | UNA-UQZ | ||
Código ISO | 398 / KAZ / KZ | ||
Membro de: ONU, OSCE, CEI, OCS, OCE | |||
Casaquistán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia de Casaquistán.
Os casacos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso diante da ameaza de invasión mongol. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente o Casaquistán.
Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras casacas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.
Cambio de presidente, e do nome da capitalEditar
Nursultan Nazarbayev, veterano ex-comunista, o único dirixente da antiga URSS no poder sen interrupcións desde a disolución do país en 1991, o político que máis tempo permaneceu no poder en todo o espazo post-soviético, anunciou por sorpresa, o 19 de marzo de 2019 a súa dimisión tras practicamente 30 anos á fronte de Casacastán. Nazarbáyev, de 78 anos de idade, fixo pública a súa decisión a través dunha alocución televisada polos principais canais do país. «Este ano cumpriranse 30 anos desde que ocupo o cargo más alto. O pobo outorgoume a posibilidade de ser o primeiro presidente do Casaquistán independente», dixo diante as cámaras despois de dar a coñecer a súa renuncia.[6][7]
Porén, o líder casaco non se apartará demasiado dos centros de poder. Segundo as súas palabras, manterse á fronte do Consello de Seguridade da república, do Consello Constitucional e do seu partido Nur Otan, o maioritario no Parlamento. Até que se celebren unhas novas eleccións, o presidente é Kassym-Jomart Tokayev, que ocupaba o cargo de presidente do Senado no momento da renuncia do xefe de Estado.[6][7]
A primeira medida adoptada polo Parlamento casaco, tras renunciar Nursultan Nazarbayev ao seu cargo de Xefe do Estado e tras tomar posesión o novo presidente interino, Kassym-Jomart Tokayev, non caeu ben entre algúns cidadáns de Astana,[8] a capital do país, cuxo nome foi cambiado ao do pai da Nación, Nur-Sultan.[7] Con todo, só tres anos despois, a cidade volveu cambiar de nome, recuperando a denominación de Astana.[9]
XeografíaEditar
Casaquistán é un país transcontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Central e unha menor (ao oeste do río Ural) en Europa. Cunha superficie de 2 724 900 km²,[10] é o noveno país máis grande do mundo, así como o estado sen litoral marítimo máis extenso do mundo (considerando o mar Caspio como un lago). Casaquistán é un dos seis Estados túrquicos independentes, xunto a Turquía, Acerbaixán, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán; comparte fronteiras cos tres últimos e con Rusia e a China, ao mesmo tempo que posúe costas no mar Caspio e no mar de Aral. A capital foi trasladada en 1997 de Almati, a cidade máis poboada de Casaquistán, a Astana. Casaquistán pertence á rexión natural denominada Asia Central, formada ademais, xunto con Taxiquistán, por tres dos países xa citados, Kirguizistán, Uzbekistán e Turkmenistán.
A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.
Organización político-administrativaEditar
- Artigo principal: Subdivisións de Casaquistán.
Casaquistán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). Á súa vez, as provincias divídense en distritos.
Provincia | Capital | Área (km²) | Poboación |
---|---|---|---|
Akmola | Kokshetau | 121,400 | 829,000 |
Aktobe | Aktobe | 300,600 | 661,000 |
Almaty(1) | Almaty | 324.8 | 1,226,300 |
Provincia de Almati | Taldykorgan | 224,000 | 860,000 |
Astana(1) | Astana | 710.2 | 600,200 |
Atyrau | Atyrau | 118,600 | 380,000 |
Baiconur(2) | Baikonur | 57 | 70,000 |
Casaquistán oriental | Oskemen | 283,300 | 897,000 |
Karagandy | Karagandy | 428,000 | 1,287,000 |
Kostanay | Kostanay | 196,000 | 975,000 |
Kyzylorda | Kyzylorda | 226,000 | 590,000 |
Mangystau | Aktau | 165,600 | }316,847 |
Casaquistán setentrional | Petropavl | 123,200 | 586,000 |
Pavlodar | Pavlodar | 124,800 | 851,000 |
Casaquistán meridional | Shymkent | 118,600 | 1,644,000 |
Casaquistán occidental | Oral | 151,300 | 599,000 |
Zhambyl | Taraz | 144,000 | 962,000 |
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía de Casaquistán.
Mapas e imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 116. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Diciopedia do século 21.
- ↑ Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Castro Figueiras, Eva María; Rodríguez Ricart, María Cristina (2019). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Na universidade onde queiras pero en galego (PDF). ISBN 978-84-8158-827-9.
- ↑ 6,0 6,1 El presidente kazajo y último líder soviético, renuncia tras 30 años en el poder. La Voz de Galicia, 20-03-2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Nazarbayev dimite por sorpresa como presidente de Kazajstán tras tres décadas en el poder. ABC, 19-03-2019.
- ↑ "La cacicada de poner a la capital el nombre de Nazarbáyev provoca protestas en Kazajstán". abc (en castelán). 2019-03-21. Consultado o 2019-07-12.
- ↑ "Kazakhstan changes capital's name from Nur-Sultan back to Astana" (en inglés). 18 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 Kazajistán. Geografía (Oratlas. Tradución ao castelán do World Factbook da CIA)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casaquistán |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |