Taiga
A taiga[1] (pronunciado /'taɪgə/ ou /taɪ'gə/, do ruso тайга́), tamén coñecida por bosque de coníferas, ou bosque boreal, é un bioma comumente atopado no norte de Alasca, o Canadá, sur de Groenlandia, parte de Noruega, Suecia, Finlandia, Siberia e o Xapón.
No Canadá, emprégase o termo bosque boreal para designar a parte meridional dese bioma, e o termo taiga é usado para designar as áreas menos arboradas ao sur da liña de vexetación arbórea do Ártico.
En Galiza, Portugal e no Brasil, o termo taiga é xeralmente empregado para designar os bosques rusos, en tanto que se usa bosque boreal ou bosque de coníferas para referirse aos bosques dos restantes países.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para taiga.